Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CIRCO DAS BOLBORETAS
Este mes asistimos a un videofórum relacionado co tema que estivemos tratando: Autoestima.
O director Joshua Weigel, contamos a historia dun home chamado Will que carecía de extremidades, traballaba nun circo onde o expoñían como un obxeto de burla ata o punto de facelo sentir unha persoa sen valía.
Un día un director doutro circo fixolle ver que o home nunca sabe do que é capaz ata que o intenta.
Will foi capaz de enfrentarse aos seus medos e creer nel mesmo.........

Comentarios (1) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 23-02-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
AUTOESTIMA E AUTOCOÑECEMENTO (XANEIRO 2012)
Definimos a AUTOESTIMA como quererse a un mesmo e querer aos demáis.
Saber que eres valioso/a, digno , que vales a pena,que eres capaz e afirmalo.
Respetate a ti mesmo e enseña aos demáis a facelo.
Tres factores importantes a ter en conta:
1.Autocoñecemento:coñecerse a nivel corporal e emocional.
2.Autoaceptación:aceptarnos como somos e sacar rendemento de esa aceptación.
3.Autovaloración:valorar esa aceptación.

Consellos para traballar a AUTOESTIMA nos fillos:
-Motivalos para que pensen neles.
-Enseñalos a expresar o que sinten e poñerlle nome.
-Aprender a aceptarse tanto a nivel corporal como emocional.
-Explicarlle que na vida hai etapas boas e malas.
-Valorar o bo que teñen, pero tamén aprender do que fan mal.

Frase do mes : "O amor a un mesmo é o comezo dun romance que dura toda a vida".
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 23-02-2012 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
ESTILOS EDUCATIVOS E ROLES PARENTAIS ACTUAIS (OUTUBRO 2011)
Unha boa educación comeza na familia, de ahí a importancia das normas,valores e formas de comunicación que se nos van transmitindo.
Xoga un papel moi importante a Socialización familiar.
Expoñemos unha seria de dificultades actuais na socialización dos fillos/as:
-Inseguridade afectiva do neno.
-Excesiva protección dos pais/nais.
-A falta de atención paterna.
-Problemas de stress da nai.

Tamén vos damos unhos principios a seguir para superar estas dificultades:
Principio 1.-Autoridade ben entendida;preguntar en vez de dar órdenes,proporcionar maís de unha opción.
Principio 2.-Como alabar e criticar aos fillos/as;é importante tamén resaltar as virtudes non só criticar.
Principio 3.-Enseñar aos fillos a facer as cousas por si mesmos, non darlle todo feito.
Principio 4.-a autoestima dos é moi importante.
Principio 5.-aprender a pedir disculpas,os pais tamén nos equivocamos.
Comentarios (4) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-02-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
HABILIDADES PARA MILLORAR A COMUNICACIÓN FAMILIAR ( NOVEMBRO 2011)
A Familia é o punto principal e básico para unha boa comunicación entre pais e fillos. Vamos a darvos unhas pautas para mellorar a esta comunicación:
-Aclarar significados.- Non dar explicacións a medias e estar seguros de que nos entenden.
-Mensaxes en primeira persoa.- Falar en primeiro persoa permite que o outro se poña no noso lugar e que se exprese.


Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-02-2012 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE FEBREIRO 2012
E seguimos, queridas amigas(os) con un mes mais de encontros desta nosa peculiar "Escola de Familias".
O mes de febreiro adicaremolo a falar da Resolución de conflictos familiares.
Pelexas constructivas fronte a pelexas negativas.
E remataremos cun taller: Negociación cos fillos/as adolescentes.
Que vos parece? A que están interesantes estas propostas!. Pois vemonos os mércores 8,15,22e 29 deste mes para debatilas..........
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 08-02-2012 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal