Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AXUDA E MOTIVACION NOS ESTUDIOS DOS NOSOS FILLOS-_16/02/2011
Na sesión de hoxe daremos unha pautas que poden ser moi útiles para axudar aos nosos fillos nos estudos e tamén para motivalos a estudiar.
É moi importante que os fillos/as sexan bos estudantes porque o fracaso escolar inflúe:
-na sua felicidade presente e futura.
-na sua autoestima e relacións sociais.
-e na sua harmonía familiar.
Para axudalos a organizar os seus estudos debesen ter en conta unhas pautas básicas e moi importantes:
a)Hábito, crear un hábito de estudo diario e constante.
b)Planificación do estudio,distribuir as tareas semanalmente
c)Lugar de Estudio, a ser posible sempre o mesmo e que estea acondicionado para estudar
d)Respeto á educación, trasmitirlles o desexo de saber como un valor non como unha obrigación.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 21-02-2011 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
COMO EDUCAR DENDE A FAMILIA-09/02/2011
A sesión de hoxe adicaremola a falar de como debe educar os pais e a escola.
Entendemos por educar:desarrollar as facultades intelectuais e morais dunha persoa.
Educar é unha acción totalmente voluntaria.
Segundo a educación podemos atopar catro tipos de familias
-Pragmaticas:busca só o rendemento da persoa.
-Permisivas:dalle máis importancia ao moral
cos valores.
-Formadoras:familias comprometidas en valores.
-Invisibles:intentan pasar a educación a outras persoas.
Velaiquí un exemplo do que aprenden os nosos fillos segun o que lle trasmitimos na familia.
Se un neno/a vive con críticas,
Aprende a condenar.
Se un neno/a vive con hostilidade,
Aprende violencia.
Se un neno/a vive co ridículo,
Aprende a ser tímido.
Se un neno/a vive con vergoña,
Aprende a sentirse culpable.

Sen embargo.......
Se un neno/a vive con palabras de alento,
Aprende a ter confianza.
Se un neno/a vive con eloxios,
Aprende a apreciar.
Se un neno/a vive con equidade,
Aprende a xustiza.
Se un neno/a vive con seguridade,
Aprende a ter fe.
Se un neno/a vive con aprobación,
Aprende a quererse a si mesmo.
Se un neno/a vive con aceptación e amizade,
Aprende a amar ao mundo.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 13-02-2011 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Programa de Radio 28-12-2010
Escoita o programa de Radio do 28-12-2010


Comentarios (0) - Categoría: Programas de Radio - Publicado o 06-02-2011 07:04
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE FEBREIRO DO 2011
Contigo, pan e cebola
Falaremos este mes da educación:
-Que é educar?
-A educación dende a escola e dende a familia.
-Modelos educativos.
-Motivación e apoio aos estudos dos nosos fillos
e fillas.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 03-02-2011 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRA VICTIMA MAIS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Seguimos vendo na prensa noticias tan lamentables, como a morte por violencia de xénero, que pode ser consecuencia dunha mala comunicación familiar.
Esta vez foi en nun pobo de Ciudad Real, a victima unha xoven de 24 anos que padecía unha minusvalía.
Comentarios (0) - Categoría: Notas prensa relacionas coa educación e a familia - Publicado o 03-02-2011 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO RECOMENDADO MES DE XANEIRO 2011
Educar adolescentes con inteligencia emocional
Escollemos este libro porque nos parece que reflexa claramente o tema que tratamos este mes:comunicación familiar.
O libro consta de duas partes:
A primeira parte dividímola en catro puntos:
-Educar aos fillos por decisión propia non por casualidade.
-Amor,risas,limites e lazos:como establecer unha relación respetuosa co adolescente.
-Que necesitan os adolescentes para desenrolar unha identidade saudable.
-Non empezar polos fillos adolescentes senón empezar por un mesmo.
A segunda parte mostranos como educar con intelixencia emocional aos adolescentes empregando como recurso unha caixa de ferramentas e saber como usalas.
Comentarios (0) - Categoría: Biblioteca - Publicado o 03-02-2011 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal