Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS FAMILIAS, A SOCIALIZACION E OS ROLES PARENTAIS
Que é para vós a familia? Pensades que é algo prioritario?.Estas e outras preguntas foron o tema do debate deste mes.
E despois de varias reflexións chegamos a seguinte definición de familia:algo importante, constituidos por persoas que viven xuntas,se axudan,se respetan e se queren.Debe estar unida e ser parte dunha familia é un honor e un orgullo.
As familias poden ser: divertidas,auténticas,unidas,felices,humildes e estupendas.
Dereitos da familia:estabilidade,alegría.seguridade amor,confianza,respeto e unión.
Deberes da familia:disciplina,diálogo,respeto,responsabilidades compartidas e comprensión.

CONCLUSIÓNS:
Por riba de todo,desexamos para os nosos fillos/as que sexan boas persoas, que vivan tranquilos,que sexan capaces de ser felices,que sexan responsables,que sexan respetados e sepan respetar e que teñan saude.
E que nos,os pais,teñamos unha boa autoestima para transmitirlle; que lle deamos moito amor; que exista unha boa comunicación e confianza con eles e que lle vaiamos dando algo máis de autonomía con todas as suas consecuencias.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 19-10-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE NOVEMBRO 2010
Nada mellor que unha familia unida

Este será o tema a debatir ao longo de todo o mes nos que falaremos das familias preparadas: estilos e pautas educativas.

Ademáis o día 20, teremos un encontro na radio para explicar todo o traballo que estamos a facer, asi como os nosos medios de contacto para que podades estar informadas/os.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 19-10-2010 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE OUTUBRO 2010
En todo o mes de outubro traballamos o módulo"Cada casa é un mundo" que abarca os temas das familias, a socialización e os roles parentais.
Dividimos a programación en tres sesións.

Día 6)A familia e a educación responsable

Día 13)A socialización e os roles

Comentarios (1) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 19-10-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal