Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sesións na radio
Queridos amigos(as) da Escola de Familias "Orella Verde"neste novo ano que comezamos propuxemonos outro reto para estar mais cerca de todos(as)vos e que podades ter outra nova maneira de coñecer todas as cousas que facemos e a ver se asi vos animades a participar connosco nesta nova andanza na educación dos nosos fillos(as).Con todo esto queremosvos decir que contamos cun programa en Radio Allariz dunha hora de duración,no cal contaremos a modo resumido todo o que tratamos cada mes.
A primeira sesións terá lugar o día 5 de xaneiro de 11:30 a 12:30 e repetirase o sábado,día 9,ás 12:00.En adiante emitirase o programa todos os primeiros mércores de cada mes ás 11:30 e repitese o primeiro sábado tamén de cada mes.
Esperamos que esta nova iniciativa sexa do voso agrado e que disfrutedes moito da nosa compaña.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO RECOMENDADO ESTE MES
Relacionado co tema deste mes recomendamos una libro:"LIMITES A LOS NIÑOS" Como y Cuando de Cornelia Nitsch.
Falanos da imposición de límites,por que é tan importante impolos e tan dificil levalos a cabo e ser consecuentes de que se cumplan.
Comentarios (1) - Categoría: Biblioteca - Publicado o 21-11-2010 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
PELIGROSO ALCOHOL
O estremecedor relato dunhos xóvenes de 25 e 26 anos que contan como o botellón levounos ao alcoholismo.
Tamén destacamos nesta noticia a confesión que un xoven fixo a súa nai:"Non podo separarme dunha botella".

Según o Parlamento Galego iniciarase a tramitación da Lei que restrinxe o consumo de alcohol entre menores de edade.
Comentarios (1) - Categoría: Notas prensa relacionas coa educación e a familia - Publicado o 15-11-2010 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
DESAPARICION DE UNHA MENOR EN VILAGARCIA
Un marcado estilo educativo permisivo levanos e reflexar esta noticia. Unha xoven de 15 anos fugase dun centro de menores debido a situación de conflictividade familiar que existía
Comentarios (1) - Categoría: Notas prensa relacionas coa educación e a familia - Publicado o 15-11-2010 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
INFORME SOBRE A IGUALDADE DE SEXO
Fai 50 anos xa a escritora francesa Simone de Beauvoir denunciara no seu libro "El segundo sexo"a desigualdade entre homes e mulleres.
A día de hoxe,segundo un informe feito público elborado por Foro Económico Mundial, ningún país do mundo conseguiu a igualdade total entre sexos.
Comentarios (0) - Categoría: Notas prensa relacionas coa educación e a familia - Publicado o 15-11-2010 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
NADA MELLOR QUE UNHA FAMILIA UNIDA
Este mes dividimolo en tres módulos.

No primeiro falamos sobres os tres estilos educativos:
-Permisivo (normas e limites non están claros, hai un control mímino, sobreproteción)
-Autoritario (normas e límites están claras e definidas,hai un control máximo e un mimino afecto,nin comunicación nen sentimentos)
-Democrático (normas e limites definidos, equilibrio entre control e afecto, hai boa comunicación e valorase a suas necesidades.

No segundo módulo buscamos pautas para poñer estes estilos educativos en práctica.
Despois dun debate, chegamos a conclusión de que o estilo educativo idóneo sería o DEMOCRATICO.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 15-11-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
AS FAMILIAS, A SOCIALIZACION E OS ROLES PARENTAIS
Que é para vós a familia? Pensades que é algo prioritario?.Estas e outras preguntas foron o tema do debate deste mes.
E despois de varias reflexións chegamos a seguinte definición de familia:algo importante, constituidos por persoas que viven xuntas,se axudan,se respetan e se queren.Debe estar unida e ser parte dunha familia é un honor e un orgullo.
As familias poden ser: divertidas,auténticas,unidas,felices,humildes e estupendas.
Dereitos da familia:estabilidade,alegría.seguridade amor,confianza,respeto e unión.
Deberes da familia:disciplina,diálogo,respeto,responsabilidades compartidas e comprensión.

CONCLUSIÓNS:
Por riba de todo,desexamos para os nosos fillos/as que sexan boas persoas, que vivan tranquilos,que sexan capaces de ser felices,que sexan responsables,que sexan respetados e sepan respetar e que teñan saude.
E que nos,os pais,teñamos unha boa autoestima para transmitirlle; que lle deamos moito amor; que exista unha boa comunicación e confianza con eles e que lle vaiamos dando algo máis de autonomía con todas as suas consecuencias.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 19-10-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE NOVEMBRO 2010
Nada mellor que unha familia unida

Este será o tema a debatir ao longo de todo o mes nos que falaremos das familias preparadas: estilos e pautas educativas.

Ademáis o día 20, teremos un encontro na radio para explicar todo o traballo que estamos a facer, asi como os nosos medios de contacto para que podades estar informadas/os.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 19-10-2010 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE OUTUBRO 2010
En todo o mes de outubro traballamos o módulo"Cada casa é un mundo" que abarca os temas das familias, a socialización e os roles parentais.
Dividimos a programación en tres sesións.

Día 6)A familia e a educación responsable

Día 13)A socialización e os roles

Comentarios (1) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 19-10-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Familias Saudables
O longo deste mes de maio e xa como remate da escola de familas adicamolo a "familias saudables".
O día 9 de maio celebraronse uns xogos populares en familia.
O día 12 de maio o IGAIS(Instituto Galego de Intervención Social) imparte un obradoiro sobre prevención de drogas.
O día 19 de maio visionamos a película "La ola" cunha visión da educación e adolescencia.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 20-05-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal