Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XARDINERIA , AFICIÓN APTA PARA XÓVENES

Cada vez son máis os xovenes que se implican no cuidado e mantemento de plantas,e ainda que poda parecer unha actividade complicada a xardineria e apta para todos os que desexen disfrutar da natureza.

Cada vez son máis os que se apuntan a xardinería ecolóxica,aproveitando o máximo os recursos naturais e respetando en todo momento o Medio Ambiente.
Comentarios (0) - Categoría: Notas prensa relacionas coa educación e a familia - Publicado o 23-05-2011 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
BACHERELATO OU CICLO MEDIO?
Os pais poden axudar os seus fillos na eleción entre Bacherelato ou formación Profesional asegurándose de que son conscientes das diferencias entre cada unha de estas vías.
Comentarios (1) - Categoría: Notas prensa relacionas coa educación e a familia - Publicado o 23-05-2011 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE XUÑO 2011

Amiguiños/as xa estamos a piques de rematar outro curso da Escola de Familias.

Este mes queremolo adicar a concluir cunha evaliación final de todo o que traballamos ao longo de todo o ano escolar que como vedes foron moitas cousiñas e moi interesantes.
Con este tipo de conclusións intentamos mellorar para o ano seguite buscando sempre cousas que nos preocupan e nos interesan sobre a educación dos nosos fillos/as.

E por suposto o remate final será unha festiña de despedida con toda a familia, e que viva a "Orella Verde"
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 23-05-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA NA RADIO


O día 27/04/2011,gravamos un novo programa de radio.

Falamos sobre a adolescencia e fixemos un resumo de todo o que tratamos nos encontros semanais.

expoñemosvos alguns consellos que consideramos importantes para nos como pais e nais

.PENSAR NA ADOLESCENCIA.
.FALAR CO ADOLESCENTE SEN SATURALO.
.EMPATIZAR CON EL.
.GARDAR AS OBXECIÓNS PARA AS COUSAS QUE DE VERDADE IMPORTAN ( DROGAS, ALCOL).
.FACERLLE SABER O ADOLESCENTE QUE ESTAMOS AHÍ.
.FALAR ABERTAMENTE CON EL O ELA SIN ELUDIR TEMAS RELACIONADOS CO SEXO,DROGAS,ALCOL O TABACO.

.COMUNICARSE REGULARMENTE CON ELES, CREA UN AMBIENTE MÁIS SEGURO.


Para finalizar o programa, fixemos un comentario sobre a pelicula (XXY)que xa explicamos nos encontros semanais.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 23-05-2011 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
A ADOLESCENCIA 13/04/2011
A adolescencia é un período da vida humana no que se realiza o paso da infancia a idade adulta. Abarca dos 14 aos 20 anos,no varón; e dos 12 aos 18 na muller.Durante esta etapa producense no individuo dunha serie de modificacións físicas e psíquicas; e no plano psicolóxico producese un proceso de socialización.Os adolescentes danlle prioridade ás relacións de grupo, solidarizanse co grupo e identifícanse co mesmo.
Hai unha serie de repercusións derivadas destes cambios:
-Adianto da entrada na xuventude
-Presentismo: vivir o presente
-Debilitamento da moción de "responsabilidade"
-Cambios nos modelos das relacións familiares
-Cambios nas relacións de amizade
-Autoculpabilización das familias por non saber como educar aos fillos
-Sobreproteción dos fillos/as
-Pérdida de límites e normas
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 23-05-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
PELICULA
Esta é a pelicula que vimos en relación co tema do mes : A ADOLESCENCIA.

Alex, é unha adolescente de 15 anos que esconde un segredo.Poucop tempo despois do seu nacemento os seus pais decidiron instalarse nunha cabana as aforas de Piriápolis.

A historia comenza coa chegada de unha parella de amigos que veñen dende Bos Aires co seu fillo adolescente Alvaro.

O pai de Alvaro e un ciruxán plástico que aceptou a invitación polo seu interese médico na filla dos seus amigos.A inevitabel atración entre os seus fillos fai que todos se enfrenten o que máis temían.

No pobo, Alex é obsevada como se fose un fenómeno.A fascinación que produce pode ser perigosa.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 23-05-2011 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE MAIO 2011
No mes de maio vamos tomar un pouco de relax xa de cara o fin de curso.E asi o día 12 comezaremos cunha sesión de aerobic en familia.
O día 18 falaremos de alimentación, eso que tanto preocupa a nais e adolescentes.
E o día 25 rematamos o mes cun obradoiro de risoterapia.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 10-05-2011 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE ABRIL 2011
Seguindo coa programación dos nosos encontros semanais, este mes queremos adicalo a "adolescencia". A primeira semana definiremos que é a adolescencia e as suas características, aportando as nosas propias experencias como nais/pais de adolescentes.
Na segunda sesión,Ana,poranos unha película sobre a adolescencia:XXY.
E o último día iremos a radio para compartir convosco todo o que falamos e debatimos sobre a adolescencia.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 10-05-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Las Sonrisas de Bombay
Queridas amigas/os dende a escola de familias queremosvos informar dunha charla que terá lugar no Centro da Cultura da Deputación de Ourense presentado por Jaume Sanllorente: "Las Sonrisas de Bombay. Tratase dun proxecto para axudar ás comunidades máis desfavorecidas de Bombay-

Se estades interesados neste proxecto podedes acudir ao Centro da Cultura o vindeiro venres, día 29 de abril, ás 19:00 horas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2011 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE MARZO 2011
Queridos amigos/as este mes de marzo a escola de familias querevos achegar a programación das VII Xornadas para a igualdade entre homes e mulleres Velai vai o seu contido:
10 de marzo ás 19:30..Inaguración das xornadas.
11 de marzo ás 19:30..Inaguración da exposiciónde fotos.
15 de marzo ás 19:30..charla-coloquio:"Políticas para as mulleres".
16 de marzo ás 19:30..Obradoiro para mulleres:"Elaaa,se pilla ao inventor do traballo,dalle unha tunda".
17 de marzo ás 20:00 Lectura de poemas-Compartiendo soños,música e pañabras pola igualdade.
22 de marzo ás 19:30.."Mesa redonda:Traballadoras de sempre,agora tamén empregadas e emprendedoras".
23 de marzo ás 19:30.. Obradoiro para mulleres en postos directivos.
24 de marzo ás 22:30..Videoforum: "En tierra de hombres".
25 de marzo ás 20:00.. Obra de teatro "A que non podes decir cocacola?".
Dende a escola de familias "Orella Verde" aninovos a todos/as a que participades nestas xornadas e nos contedes a vosa experencia
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 02-03-2011 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal