Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESTILOS EDUCATIVOS E ROLES PARENTAIS ACTUAIS (OUTUBRO 2011)
Unha boa educación comeza na familia, de ahí a importancia das normas,valores e formas de comunicación que se nos van transmitindo.
Xoga un papel moi importante a Socialización familiar.
Expoñemos unha seria de dificultades actuais na socialización dos fillos/as:
-Inseguridade afectiva do neno.
-Excesiva protección dos pais/nais.
-A falta de atención paterna.
-Problemas de stress da nai.

Tamén vos damos unhos principios a seguir para superar estas dificultades:
Principio 1.-Autoridade ben entendida;preguntar en vez de dar órdenes,proporcionar maís de unha opción.
Principio 2.-Como alabar e criticar aos fillos/as;é importante tamén resaltar as virtudes non só criticar.
Principio 3.-Enseñar aos fillos a facer as cousas por si mesmos, non darlle todo feito.
Principio 4.-a autoestima dos é moi importante.
Principio 5.-aprender a pedir disculpas,os pais tamén nos equivocamos.
Comentarios (4) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-02-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
HABILIDADES PARA MILLORAR A COMUNICACIÓN FAMILIAR ( NOVEMBRO 2011)
A Familia é o punto principal e básico para unha boa comunicación entre pais e fillos. Vamos a darvos unhas pautas para mellorar a esta comunicación:
-Aclarar significados.- Non dar explicacións a medias e estar seguros de que nos entenden.
-Mensaxes en primeira persoa.- Falar en primeiro persoa permite que o outro se poña no noso lugar e que se exprese.


Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-02-2012 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE FEBREIRO 2012
E seguimos, queridas amigas(os) con un mes mais de encontros desta nosa peculiar "Escola de Familias".
O mes de febreiro adicaremolo a falar da Resolución de conflictos familiares.
Pelexas constructivas fronte a pelexas negativas.
E remataremos cun taller: Negociación cos fillos/as adolescentes.
Que vos parece? A que están interesantes estas propostas!. Pois vemonos os mércores 8,15,22e 29 deste mes para debatilas..........
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 08-02-2012 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN MES DE XANEIRO 2012
O mes de xaneiro adicamolo a Autoestima e Autocoñecemento.Esta pensado un pouco a traballar coas nais sobre esta tema para poder transmitir cousas positivas aos nosos fillos(as).Reflexión:"Se nos estamos ben e nos sentimos ben,aportamos positividade aos demáis"
Comentarios (1) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 18-01-2012 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN MES DE NOVEMBRO 2011
Queridas amigas este mes vamos traballar as habilidades para mellorar a comunicación familiar,algo que resulta tan imprescindible para entenderse ben cos nosos fillos-as e que as veces valoramos tan pouco.
As sesións serán os tres últimos mércores do mes,días 9,16 e 30.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 01-11-2011 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN MES DE OUTUBRO 2011
Este mes de outubro adicaremolo a falar do Etilos Educativos e dos roles tradicionais frente a roles actuais (dias 13 e 19).
O día 26 iremos a ver un película relacionada cos temas que tratamos.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-10-2011 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA O CURSO 2011/2012
Queridas amigas/os damos comezo a un novo curso da Escola de Familias "Orella Verde" e queremos convidarvos a todos/as que vos unades a nós neste novo reto da educación dos nosos fillos/as.Temos cousas moi interesantes que ofrecervos e queremos compartir con todos vos as nosas experencias e problemas, así como desexamos que vos acerquedes ata a Escola para que podamos dar resposta as vosas inquietudes e preocupacións no que respeta a educación dos vosos fillos/as.
Se vos animades recordovos que nos xuntamos os tres últimos mercores de cada mes en horario de 19:00 a 20:30 horas no Fogar dos maiores e que temos a vosa disposición un servizo de gardería para as mamás que teñan cativos pequenos e non teñan con quen deixalos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2011 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
RISOTERAPIA 25/ 05/2011


Neste obradoiro,o último que fixemos, foi moi divertido,Agustín, mediante xogos fixonos pasar unha tarde moi amena.

Despois dun ano de traballo,facer este obradoiro,onde tamén estíveron os nenos,foi o remate dun curso intenso de actividades.


Como conclusión sacamos en claro unha cousa: É moi importante RIR ainda que sexa dun mesmo.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-06-2011 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
ALIMENTACION ECOLOXICA 18/05/2011
Nesta sesión falamos de Agricultura Ecoloxica.
Este obradoiro foi impartido por Eloi.El e
súa familia adicanse a este tipo de agricultura
aproveitando as terras e maquinaria que os seus
pais e sogros lle cederon.El tratou de
trasmitirnos o importante que é poder
autobastecerse un mesmo na maior cantidade
posibel de productos naturais.
Comentarios (2) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-06-2011 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
AEROBIC EN FAMILIA 11-05-2011
Nesta sesión da escola de familias adicamola a relaxarnos un pouquiño cunhas técnicas que nos mostrou Azucena,a "Técnica Metamórfica" que actúa sobre o esquema prenatal comezando polo talón e seguindo polo pulgar e asi toda a planta do pé.Unha técnica baseada na relaxación a través dos pés.
Para rematar fixemos un relaxamento completo con todo o corpo seguindo as pautas que ela nos marcaba.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-06-2011 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal