Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROGRAMACION MES DE XUÑO DO 2012
E xa chegamos ao remate do curso, e para non ser menos que outros anos pensamos en facer unha festiña de despedida.
Como boas traballadoras primeiro xuntamonos para facer o noso programa mensual de radio e o remate fomos cear todas xuntiñas.
Comemos,bebemos, pero tamén sacamos evalucaión de todo o que traballamos durante o curso 2011-2012.
E que viva a "ORELLA VERDE"
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 28-06-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
PRGRAMACION MES DE MAIO 2012
O mes de maio adicamolo o tema de solidariedade .
Contamos na nosa escola coa visita dunha integrante de INTERVIDA que nos falou dos conflictos que existen na India.
Tamén vimos unha pelicula relacionada co tema:"También la lluvia".
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 28-06-2012 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA A ASOCIACIÓN
Neste mes un grupo de nais acompañadas por Ana Cardoso, Educadora social do concello e Pilar gallego, Concelleira de Servicios Sociais,asistimos en Ourense, a unha charla para coñecer a ASOCIACIÓN QUÉROTE + .
Esta asociación ten como obxetivo prestar un servizo de información e asesoramento a xuventude galega, naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que facilite o crecemento persoal.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 28-06-2012 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
RESOLUCION DE COMFLICTOS FAMILIARES
A familia non a elixes ti, os amigos si. Consideramos que a mellor herdanza que lle podemos deixar aos nosos fillos e fillas son unhas boas ferramentas, coas que poidan enfrentarse, con seguridade, a calquera circunstancia que se lle presente na vida. E esperamos que, o traballado ata oxe nesta escola, consiga mellorar as relacións familiares e, que ademais de familiares, sexan boas amizades.

FRASES DO MES
- O mais importante da comunicación é escoitar o que non se dí.
- Busca dentro de ti a solución de todo-los problemas, ata aqueles que creas máis exteriores e materiais.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 27-04-2012 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
RESOLUCION DE CONFLICTOS FAMILIARES


AS HABILIDADES DE COMUNICACION


¿ Que son ?

Son todas aquelas conductas ( verbais e non verbais ) que nos permiten relacionarnos mellor cos demáis e adaptarnos mellor ó entorno.Podendo así conseguir aquelo que desexamos sentindonos ben con nos mesmos, pero sen danar ós demáis.

¿ Por qué son importantes ?

- Melloran as relacións afectivas na familia,grupo de amigos,parella...
- Mellora a autoestima e a autopercepción.
- Conseguese unha maior adaptación no noso entorno.
- Afrontase con maior éxito situacións de crise:familia,escola,traballo...

COMUNICACIÓN VERBAL

Asertividade na comunicación frente a pasividade e a agresividade
Somos asertivos si:expresamos directamente sentimentos,ideas,opinións,deritos,etc...sin amenazar,castigar,manipular ós outros.
Ser asertivos é saber defender os dereitos propios e respetar os alleos.

COMUNICACIÓN NON VERBAL

- Mirada/contacto visual
-Expresión facial
- Postura corporal
- Distancia/proximidade
- Contacto visual
- Volume e tono de voz





Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 26-04-2012 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS FAMILIARES
PARA SER ASERTIVOS NA COMUNICACIÓN

ESCOITA ACTIVA:Intentar comprender o que o outro nos quere decir;tendo en conta o que dice, como o dice, os silencios,a linguaxe non verbal.
Elementos que facilitan a escoita activa:
-Contacto visual,fisico,sorrir,asentir.
-Que o outro se sinta escoitado.
-Non contar a tua historia.
HABITOS POSITIVOS NA COMUNICACIÓN:
-Claridade e precisión
-Tratar un tema cada vez.
-Centrarnos no presente.
HABITOS NEGATIVOS NA COMUNICACIÓN:
-Xeneralizar:tu sempre, tu nunca.
-Criticar a persoa en vez da conducta.
-Berrar ainda que non nos fagan caso.
MENSAXE EU:
E unha mensaxe en primeira persoa.
Describir os feitos e as consecuencias.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 26-04-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
RESOLUCION DE CONFLICTOS FAMILIARES
Como facer unha crítica constructiva
Qué é criticar?
Dar información a outra persona sobre a sua conducta concreta e nunha situación determinada.
Normalmente estas críticas son sempre negativas,para que cambie a conducta debemos seguir unha serie de pasos:
1º.-Recordar que expresamos unha opinión :a nosa.
2º.-Decir primeiro os aspectos positivos.
3º.-Describir con precisión a conducta do outro.
4º.-Propor altenativas.
E así conseguiremos chegar a unha crítica constructiva.
Comentarios (2) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 26-04-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE ABRIL 2012
O mes de abril adicaremolo a falar da Sexualidade, co título: "Aceptando o feito sexual humano", trataremos de aclarar un pouco as dúbidas que se nos presentan respecto a vida sexual dos nosos fillos-as. Falaremos dos seus problemas e as suas consecuencias pero tamén trataremos de transmitirlles que vivan a sexualidade dunha forma saludable e divertida, como algo normal que forma parte das suas vidas.
Estaremos os días 18 e 25 de abril
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 23-04-2012 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
O CIRCO DAS BOLBORETAS
Este mes asistimos a un videofórum relacionado co tema que estivemos tratando: Autoestima.
O director Joshua Weigel, contamos a historia dun home chamado Will que carecía de extremidades, traballaba nun circo onde o expoñían como un obxeto de burla ata o punto de facelo sentir unha persoa sen valía.
Un día un director doutro circo fixolle ver que o home nunca sabe do que é capaz ata que o intenta.
Will foi capaz de enfrentarse aos seus medos e creer nel mesmo.........

Comentarios (1) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 23-02-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
AUTOESTIMA E AUTOCOÑECEMENTO (XANEIRO 2012)
Definimos a AUTOESTIMA como quererse a un mesmo e querer aos demáis.
Saber que eres valioso/a, digno , que vales a pena,que eres capaz e afirmalo.
Respetate a ti mesmo e enseña aos demáis a facelo.
Tres factores importantes a ter en conta:
1.Autocoñecemento:coñecerse a nivel corporal e emocional.
2.Autoaceptación:aceptarnos como somos e sacar rendemento de esa aceptación.
3.Autovaloración:valorar esa aceptación.

Consellos para traballar a AUTOESTIMA nos fillos:
-Motivalos para que pensen neles.
-Enseñalos a expresar o que sinten e poñerlle nome.
-Aprender a aceptarse tanto a nivel corporal como emocional.
-Explicarlle que na vida hai etapas boas e malas.
-Valorar o bo que teñen, pero tamén aprender do que fan mal.

Frase do mes : "O amor a un mesmo é o comezo dun romance que dura toda a vida".
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 23-02-2012 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal