Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AXUDA E MOTIVACION NOS ESTUDIOS DOS NOSOS FILLOS-_16/02/2011
Na sesión de hoxe daremos unha pautas que poden ser moi útiles para axudar aos nosos fillos nos estudos e tamén para motivalos a estudiar.
É moi importante que os fillos/as sexan bos estudantes porque o fracaso escolar inflúe:
-na sua felicidade presente e futura.
-na sua autoestima e relacións sociais.
-e na sua harmonía familiar.
Para axudalos a organizar os seus estudos debesen ter en conta unhas pautas básicas e moi importantes:
a)Hábito, crear un hábito de estudo diario e constante.
b)Planificación do estudio,distribuir as tareas semanalmente
c)Lugar de Estudio, a ser posible sempre o mesmo e que estea acondicionado para estudar
d)Respeto á educación, trasmitirlles o desexo de saber como un valor non como unha obrigación.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 21-02-2011 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
orellaverde@allariz.com: (Non aparecerá publicado)
URL:
Comentario:
© by Abertal