Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMO EDUCAR DENDE A FAMILIA-09/02/2011
A sesión de hoxe adicaremola a falar de como debe educar os pais e a escola.
Entendemos por educar:desarrollar as facultades intelectuais e morais dunha persoa.
Educar é unha acción totalmente voluntaria.
Segundo a educación podemos atopar catro tipos de familias
-Pragmaticas:busca só o rendemento da persoa.
-Permisivas:dalle máis importancia ao moral
cos valores.
-Formadoras:familias comprometidas en valores.
-Invisibles:intentan pasar a educación a outras persoas.
Velaiquí un exemplo do que aprenden os nosos fillos segun o que lle trasmitimos na familia.
Se un neno/a vive con críticas,
Aprende a condenar.
Se un neno/a vive con hostilidade,
Aprende violencia.
Se un neno/a vive co ridículo,
Aprende a ser tímido.
Se un neno/a vive con vergoña,
Aprende a sentirse culpable.

Sen embargo.......
Se un neno/a vive con palabras de alento,
Aprende a ter confianza.
Se un neno/a vive con eloxios,
Aprende a apreciar.
Se un neno/a vive con equidade,
Aprende a xustiza.
Se un neno/a vive con seguridade,
Aprende a ter fe.
Se un neno/a vive con aprobación,
Aprende a quererse a si mesmo.
Se un neno/a vive con aceptación e amizade,
Aprende a amar ao mundo.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 13-02-2011 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Isto é dito e feito...
vexo que quedámonos c#blgtk08#o importante, ca chicha dos encontros, moi ben...!!
Comentario por lola (14-02-2011 09:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
orellaverde@allariz.com: (Non aparecerá publicado)
URL:
Comentario:
© by Abertal