Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quenes somos e que facemos?
Somos un grupo de nais moi interesadas na educación dos nosos fillos/as. Xurdiu a idea de xuntarnos para falar dos nosos problemas e polos en común para poder buscarlle solucións que puidesen facernos mais levadeiro a educación dos nosos rapaces. Levamos xuntándonos arredor duns sete anos, fomentando un espacio para a reunión e intercambio de experiencias.

Pensamos que todo este tempo de traballo foi moi positivo, pois cremos que podemos afrontar os problemas dunha maneira mais eficiente.

O nome da nosa escola xurdiu en base a un poema de Gianni Rodari, a súa versión en galego é a seguinte:


Un día, no expreso Ourense-Ousende ,
vin subir a un home con unha orella verde.

Novo xa non era, mais ben vello se facía,
agás a orella, que verde seguía.

Mudeime de sitio para estar ao seu lado
e observar o fenómeno ven mirado.

Díxenlle: señor, vostede xa ten certa idade,
dígame, esa orella verde élle dalgunha utilidade?”

Contestoume amablemente: Eu xa son unha persoa vella
pois de novo só teño esta orella.

É unha orella de neno que me serve para oír
cousas que os adultos non se paran xamais a sentir.

Oio o que din as arbores os paxaros que cantan,
as pedras, os ríos e as nubes que pasan.

Oio tamén as nenas cando contas cousas
que a unha orella vella semellarían misteriosas.......
.
Así falou o señor da orella verdeaquel día, no expreso Ourense-Ousende.
Comentarios (8) - Categoría: Quenes somos? - Publicado o 15-12-2009 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 seguide as#blgtk08#í chicas!
Comentario por Patricia (16-12-2009 17:48)
2 mira para elas...aghora ándanche no interné....noraboa#blgtk08#!!! e deixaina bunita que logho poñemos nota!!! Bicos
Comentario por ana (24-12-2009 16:41)
3 Qué ben!que todo o voso traballo se poida ver e compartir.Síntome moi orgullosa de formar par#blgtk08#te de esta escola tan verde e con tantas raíces...seguide así:medrando.Bicos e bo ano!!!!!!!!
Comentario por lola (30-12-2009 09:26)
4 sintome orgullosa de ser membro de esta escol#blgtk08#a e de compartir esperiencias.Un bico a todas
Comentario por Elena (12-01-2010 22:26)
5 Noraboa, sodes maravillosas....da gu#blgtk08#sto con vos!!! menudo blog!!! Bicos
Comentario por ANA (10-02-2010 17:27)
6 ¡Como me gusta ver @s nov@s xeneraciópns de papis e mamis preocupándose pola educación dos seus fillos ou fillas!#blgtk08#.
Noraboa polo blog e ánimo seguide implicados na educación dos fillos que os froitos sempre se recollen.
Comentario por Mª Angeles. (10-02-2010 18:23)
7 Gracias a todas polos comentarios tan positivos e bós que nos facedes.Sentímonos orgullosas de estar todas ahí, non só as que facemos o b#blgtk08#log,senón tódalas nais que estamos metidas nesa maravillosa escola. Animo Chicas que esto cada vez está máis bonito. Un bico para todas.
Comentario por Lucia Babarro (11-02-2010 18:28)
8 ¡¡¡¡última hora!!!! animo a tódalas mamis, que animen ós papis, a vir ás clases,pasámolo moi ben e sempre aprendemos #blgtk08#algo.Respecto ás profes.....moi boas.Un bkño para tódalas compañeiras(E,R,R,R,L,P,E,L,E)e tamén para vós Lola e Ana.
Comentario por angeles (25-02-2010 13:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
orellaverde@allariz.com: (Non aparecerá publicado)
URL:
Comentario:
© by Abertal