Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EDUCANDO EN IGUALDADE- 19 E 26 DE FEBREIRO 2013
Para tratar este tema temos que comezar definindo o concepto de Igualdade, entendida como a situación na que todos os seres humanos son libres de desenvolver as súas capacidades persoais e de toma de decisións, sen limitacións impostas, valorando e potenciando por igual as distintas conductas,aspiracións e necesidades de homes e mulleres.
Non somos desiguais polo sexo senón polo xénero.
E formamonos en homes e mulleres a través da socialización diferencial de xénero; que nos nenos fomenta unha serie de actitudes e comportamentos de carácter instrumental (forza,competitividade) e nas nenas de carácter expresivo(sumisa,emocional,dependente).
Esta socialización realizase a través de axentes comoa a familia,a escola,medios de comunicación e grupo de iguais)
Reflexión:Educar a nenos e nenas libres de prexuízos de xénero para fomentar personalidades sanas e igualitarias.



EDUCAR
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-04-2013 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
orellaverde@allariz.com: (Non aparecerá publicado)
URL:
Comentario:
© by Abertal