Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quenes somos e que facemos?
Somos un grupo de nais moi interesadas na educación dos nosos fillos/as. Xurdiu a idea de xuntarnos para falar dos nosos problemas e polos en común para poder buscarlle solucións que puidesen facernos mais levadeiro a educación dos nosos rapaces. Levamos xuntándonos arredor duns sete anos, fomentando un espacio para a reunión e intercambio de experiencias.

Pensamos que todo este tempo de traballo foi moi positivo, pois cremos que podemos afrontar os problemas dunha maneira mais eficiente.

O nome da nosa escola xurdiu en base a un poema de Gianni Rodari, a súa versión en galego é a seguinte:


Un día, no expreso Ourense-Ousende ,
vin subir a un home con unha orella verde.

Novo xa non era, mais ben vello se facía,
agás a orella, que verde seguía.

Mudeime de sitio para estar ao seu lado
e observar o fenómeno ven mirado.

Díxenlle: señor, vostede xa ten certa idade,
dígame, esa orella verde élle dalgunha utilidade?”

Contestoume amablemente: Eu xa son unha persoa vella
pois de novo só teño esta orella.

É unha orella de neno que me serve para oír
cousas que os adultos non se paran xamais a sentir.

Oio o que din as arbores os paxaros que cantan,
as pedras, os ríos e as nubes que pasan.

Oio tamén as nenas cando contas cousas
que a unha orella vella semellarían misteriosas.......
.
Así falou o señor da orella verdeaquel día, no expreso Ourense-Ousende.
Comentarios (8) - Categoría: Quenes somos? - Publicado o 15-12-2009 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal