Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS FAMILIAS, A SOCIALIZACION E OS ROLES PARENTAIS
Que é para vós a familia? Pensades que é algo prioritario?.Estas e outras preguntas foron o tema do debate deste mes.
E despois de varias reflexións chegamos a seguinte definición de familia:algo importante, constituidos por persoas que viven xuntas,se axudan,se respetan e se queren.Debe estar unida e ser parte dunha familia é un honor e un orgullo.
As familias poden ser: divertidas,auténticas,unidas,felices,humildes e estupendas.
Dereitos da familia:estabilidade,alegría.seguridade amor,confianza,respeto e unión.
Deberes da familia:disciplina,diálogo,respeto,responsabilidades compartidas e comprensión.

CONCLUSIÓNS:
Por riba de todo,desexamos para os nosos fillos/as que sexan boas persoas, que vivan tranquilos,que sexan capaces de ser felices,que sexan responsables,que sexan respetados e sepan respetar e que teñan saude.
E que nos,os pais,teñamos unha boa autoestima para transmitirlle; que lle deamos moito amor; que exista unha boa comunicación e confianza con eles e que lle vaiamos dando algo máis de autonomía con todas as suas consecuencias.
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 19-10-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Familias Saudables
O longo deste mes de maio e xa como remate da escola de familas adicamolo a "familias saudables".
O día 9 de maio celebraronse uns xogos populares en familia.
O día 12 de maio o IGAIS(Instituto Galego de Intervención Social) imparte un obradoiro sobre prevención de drogas.
O día 19 de maio visionamos a película "La ola" cunha visión da educación e adolescencia.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 20-05-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Intelixencia Emocional
O mes de abril adicamolo a falar da Intelixencia Emocial, durante as tres sesións de traballo chegamos a conclusión de que os pensamentos non se poden controlar e determinan os nosos sentimentos.
Tres pasos fundamentais para entender a intelixencia emocional:
- Recoñecer (darse conta do que sentimos)
- Aceptar (aceptar incluso o que non nos gusta)
- Transformar( disfrutar e valorar as pequenas cousas).
Comentarios (5) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 20-05-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Habilidades Interpersonais

Ola amigas(os) como remate deste mes de febreiro e seguindo co tema de habilidades sociais falamos hoxe de tres puntos importantes que debemos diferenciar:
1.- Poder
2.- Liderado
3.- Sororiedade ( capacidade de confianza,fidelidade,apoio entre as mulleres).
Chegamos a conclusión de que non debemos deixar- nos asoballar por ninguén, nin tampoco asoballar nós a nadie. Cada un debe saber estar no seu sitio e facerse notar e respetar.E isto podemolo aplicar na educación dos nosos fillos(as)como base dun bo entendemento e para ter unhas pautas clara a seguir.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 26-02-2010 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Autorregulación - Autocontrol

Seguindo co tema adicado aos sentimentos hoxe falamos dos catro básicos para ter unha boa educación emocional: a ira, a tristeza, a alegria e o medo.

Ter un bo control dos sentimentos sería o ideal para estar bén con nós mesmos e cos que nos rodean.


Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 04-02-2010 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Intelixencia Emocional
Esta semana tratamos o tema dos sentimentos, aprender a identificalos e poñerlle nome.

Empezamos cun traballo individual que nos fixo reflexionar moito sobre nos mesmas e darnos conta de cantas cousas temos ocultas e que dificil é expresalas.

Pensamos que coñecer os sentimentos é algo imprescindibel para ter unhas boas relacións cos demáis.

Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 21-01-2010 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal