Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMEZA O CURSO 2011/2012
Queridas amigas/os damos comezo a un novo curso da Escola de Familias "Orella Verde" e queremos convidarvos a todos/as que vos unades a nós neste novo reto da educación dos nosos fillos/as.Temos cousas moi interesantes que ofrecervos e queremos compartir con todos vos as nosas experencias e problemas, así como desexamos que vos acerquedes ata a Escola para que podamos dar resposta as vosas inquietudes e preocupacións no que respeta a educación dos vosos fillos/as.
Se vos animades recordovos que nos xuntamos os tres últimos mercores de cada mes en horario de 19:00 a 20:30 horas no Fogar dos maiores e que temos a vosa disposición un servizo de gardería para as mamás que teñan cativos pequenos e non teñan con quen deixalos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2011 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Las Sonrisas de Bombay
Queridas amigas/os dende a escola de familias queremosvos informar dunha charla que terá lugar no Centro da Cultura da Deputación de Ourense presentado por Jaume Sanllorente: "Las Sonrisas de Bombay. Tratase dun proxecto para axudar ás comunidades máis desfavorecidas de Bombay-

Se estades interesados neste proxecto podedes acudir ao Centro da Cultura o vindeiro venres, día 29 de abril, ás 19:00 horas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2011 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sesións na radio
Queridos amigos(as) da Escola de Familias "Orella Verde"neste novo ano que comezamos propuxemonos outro reto para estar mais cerca de todos(as)vos e que podades ter outra nova maneira de coñecer todas as cousas que facemos e a ver se asi vos animades a participar connosco nesta nova andanza na educación dos nosos fillos(as).Con todo esto queremosvos decir que contamos cun programa en Radio Allariz dunha hora de duración,no cal contaremos a modo resumido todo o que tratamos cada mes.
A primeira sesións terá lugar o día 5 de xaneiro de 11:30 a 12:30 e repetirase o sábado,día 9,ás 12:00.En adiante emitirase o programa todos os primeiros mércores de cada mes ás 11:30 e repitese o primeiro sábado tamén de cada mes.
Esperamos que esta nova iniciativa sexa do voso agrado e que disfrutedes moito da nosa compaña.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal