Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRGRAMACION MES DE MAIO 2012
O mes de maio adicamolo o tema de solidariedade .
Contamos na nosa escola coa visita dunha integrante de INTERVIDA que nos falou dos conflictos que existen na India.
Tamén vimos unha pelicula relacionada co tema:"También la lluvia".
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 28-06-2012 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE ABRIL 2012
O mes de abril adicaremolo a falar da Sexualidade, co título: "Aceptando o feito sexual humano", trataremos de aclarar un pouco as dúbidas que se nos presentan respecto a vida sexual dos nosos fillos-as. Falaremos dos seus problemas e as suas consecuencias pero tamén trataremos de transmitirlles que vivan a sexualidade dunha forma saludable e divertida, como algo normal que forma parte das suas vidas.
Estaremos os días 18 e 25 de abril
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 23-04-2012 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE FEBREIRO 2012
E seguimos, queridas amigas(os) con un mes mais de encontros desta nosa peculiar "Escola de Familias".
O mes de febreiro adicaremolo a falar da Resolución de conflictos familiares.
Pelexas constructivas fronte a pelexas negativas.
E remataremos cun taller: Negociación cos fillos/as adolescentes.
Que vos parece? A que están interesantes estas propostas!. Pois vemonos os mércores 8,15,22e 29 deste mes para debatilas..........
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 08-02-2012 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN MES DE XANEIRO 2012
O mes de xaneiro adicamolo a Autoestima e Autocoñecemento.Esta pensado un pouco a traballar coas nais sobre esta tema para poder transmitir cousas positivas aos nosos fillos(as).Reflexión:"Se nos estamos ben e nos sentimos ben,aportamos positividade aos demáis"
Comentarios (1) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 18-01-2012 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN MES DE NOVEMBRO 2011
Queridas amigas este mes vamos traballar as habilidades para mellorar a comunicación familiar,algo que resulta tan imprescindible para entenderse ben cos nosos fillos-as e que as veces valoramos tan pouco.
As sesións serán os tres últimos mércores do mes,días 9,16 e 30.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 01-11-2011 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN MES DE OUTUBRO 2011
Este mes de outubro adicaremolo a falar do Etilos Educativos e dos roles tradicionais frente a roles actuais (dias 13 e 19).
O día 26 iremos a ver un película relacionada cos temas que tratamos.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-10-2011 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE XUÑO 2011

Amiguiños/as xa estamos a piques de rematar outro curso da Escola de Familias.

Este mes queremolo adicar a concluir cunha evaliación final de todo o que traballamos ao longo de todo o ano escolar que como vedes foron moitas cousiñas e moi interesantes.
Con este tipo de conclusións intentamos mellorar para o ano seguite buscando sempre cousas que nos preocupan e nos interesan sobre a educación dos nosos fillos/as.

E por suposto o remate final será unha festiña de despedida con toda a familia, e que viva a "Orella Verde"
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 23-05-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE MAIO 2011
No mes de maio vamos tomar un pouco de relax xa de cara o fin de curso.E asi o día 12 comezaremos cunha sesión de aerobic en familia.
O día 18 falaremos de alimentación, eso que tanto preocupa a nais e adolescentes.
E o día 25 rematamos o mes cun obradoiro de risoterapia.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 10-05-2011 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE ABRIL 2011
Seguindo coa programación dos nosos encontros semanais, este mes queremos adicalo a "adolescencia". A primeira semana definiremos que é a adolescencia e as suas características, aportando as nosas propias experencias como nais/pais de adolescentes.
Na segunda sesión,Ana,poranos unha película sobre a adolescencia:XXY.
E o último día iremos a radio para compartir convosco todo o que falamos e debatimos sobre a adolescencia.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 10-05-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES MES DE MARZO 2011
Queridos amigos/as este mes de marzo a escola de familias querevos achegar a programación das VII Xornadas para a igualdade entre homes e mulleres Velai vai o seu contido:
10 de marzo ás 19:30..Inaguración das xornadas.
11 de marzo ás 19:30..Inaguración da exposiciónde fotos.
15 de marzo ás 19:30..charla-coloquio:"Políticas para as mulleres".
16 de marzo ás 19:30..Obradoiro para mulleres:"Elaaa,se pilla ao inventor do traballo,dalle unha tunda".
17 de marzo ás 20:00 Lectura de poemas-Compartiendo soños,música e pañabras pola igualdade.
22 de marzo ás 19:30.."Mesa redonda:Traballadoras de sempre,agora tamén empregadas e emprendedoras".
23 de marzo ás 19:30.. Obradoiro para mulleres en postos directivos.
24 de marzo ás 22:30..Videoforum: "En tierra de hombres".
25 de marzo ás 20:00.. Obra de teatro "A que non podes decir cocacola?".
Dende a escola de familias "Orella Verde" aninovos a todos/as a que participades nestas xornadas e nos contedes a vosa experencia
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 02-03-2011 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal