O Refraneiro
Lembrar é revivir
Asi que decidin cambiar este dito polo de "Hoxe voume, mañá voume e non sei cándo nin sei para onde".
Porque, xa o di esoutro refrán, "non hai día que non chegue nin prazo que non se acabe". E o desta xeira penso que xa chegou.
Non é este un "adeus para sempre". É máis ben un "ata vernos". Porque nunca se sabe, igual nalgún outro momento se me dá por recomezar. Igual. Ou igual non. Porque "naufragar e voltar embarcar, tolo tense que estar".
O que sí teño por seguro é que "navegar contra o vento, custa traballo e tempo", e, ainda que a min o traballo non me asusta, o tempo fáltame por todos os lados.
Asi que hoxe, precisamente hoxe, 23 de abril, día do libro, pecho polo momento este caderno virtual que durante dous anos fomos enchendo entre tod@s páxina a páxina.
Non quero despedirme sen pedirvos a todos e todas @s que amades esta lingua coma min; aqueles e aquelas que estades de acordo comigo en afirmar que con cada vello que morre, morre tamén un anaco de lingua e que temos que axudar a que permaneza con nós; vós que sabedes que hai por ai xente que ainda vendo esmorecer esta parte de nós que é o idioma, ainda lle poñen pexas e atrancos e non contenta con iso, esa xente ergueu unha cruzada en contra dunha lingua tan fermosa, que non acerto a comprender que dano lles fixo; a calquera de vós que ledes isto, se de verdade o entendedes, se pensades asi, acudide o próximo domingo día 18 de Maio ás 12 hs á Alameda de Santiago e berrade comigo, berrade con tod@s "polo dereito a vivirmos en galego".
Non di máis a lingua có que sente o corazón.
A escola da lareira
Recoméndovolo.
A ESCOLA DA LAREIRA.
Autor: Manuel Quintáns Suárez.
Editorial: Toxosoutos.
Data de publicación: agosto 2007.
cousas da "non normalización"
1) Na oficina do catastro hai un teléfono gratuito no que calquera usuario pode poñerse en contacto coa oficina telefónica do catastro e solicitar o que sexa necesario. Unha señora está na oficina do catastro falando por ese telefono:
-Son tres fincas que se llaman "Os Concheiros", "A Fonte de Arriba" y "A Ponte".
-Si, pertenecen a "Sandianes".
-No, es ayuntamiento propiamente.
-Sandianes. Con S.
-Pues no le sé.
-De la provincia de "Orense".
-Si, si, Sandiás. Es que en gallego se llama Sandiás.
2) Chamo ao número da central dun banco estatal para pedirlles o número de teléfono da oficina do Barco de Valdeorras:
-De que provincia?
-Provincia de Ourense.
-Orense?
-Ourense.
-Un momento, por favor.(...)No me aparece ninguna oficina con ese nombre. Me lo puede deletrear?
-O, separado, B-A-R-C-O
-No, pues no me aparece. Seguro que tenemos oficina alli?
-Si, segurísimo. Prueba con O Barco de Valdeorras.
-Me lo puede deletrear?
-O, separado, B-A-R-C-O, separado, DE, separado, V-A-L-D-E-O-R-R-A-S.
-Nada pues que no me aparece. Espere un momento, voy a buscar en la otra base de datos, por provincias. (...) En la provincia de Ourense... ah! si, me aparece, pero se llama El Barco.
-No, se llama O Barco.
-Si, pero será el mismo sitio, no? A veces en los sitios donde hay dos idiomas nos pasa esto.
Non vou facer comentarios. As conversas falan por sí soas. Para cando un pais normalizado?
ten mau!
Unha desas expresións era a que poño por título neste artigo. Cando se poñía a "ferramanchar" (como el dicía), ou sexa, a tentar arranxar algo, a facer o que hoxe chamamos "bricolaxe", sempre quería alguén ao seu lado para lle axudar. E daba ordes que só el entendía. Asi que cando un/unha non facía o que el esperaba berraba algúns improperios e xa facía el. O caso é que nós acababamos facendo de "mesa" ou "depósito" de ferramentas. El collía un desparafusador ("hachuela" chamáballe el, ainda non sei onde aprendería esa palabra, porque realmente unha "hachuela" non é un desparafusador) ou un martelo e cando xa non lle collía máis nas mans ou cando lle facían falta para calquera outra cousa, entregábanos a nós a ferramenta dicindo simplemente: TEN MAU! o que, penso que é fácil de deducir, significaba algo así como "agarra, terma diso".
É obvio que ese "mau" é a variante ourensá de "man". E descoñezo se esta frase tén algo que ver co verbo "termar". Eu de etimoloxía non é que saiba moito, pero pode ser que este verbo derive precisamente de frases como esta.
pradolongo
Ainda que non tén moito que ver coa toponimia (só no título do filme) traio hoxe aqui o anuncio da próxima estrea dun filme galego, dirixido por un galego (Ignacio Vilar), protagonizado por galegos e que trata, ademáis, temas moi galegos. E, claro está, rodado en galego; máis concretamente no galego do bloque dialectal oriental, ou sexa, no galego de Valdeorras.
Digo que non tén moito que ver coa toponimia, ainda que a min nun principio si que mo pareceu. Explícome. Pradolongo é un pobo, unha aldea do concello de A Veiga que eu pensei que daba nome a esta longametraxe que foi rodada no verán por terras valdeorresas. Pero non, o filme non versa sobre este pobo, senón que na fita Pradolongo dá nome a iso precisamente, a un prado, longo e fermoso dos que abundan pola nosa xeografía, que é un pouco o eixo da historia.
Recomendo a todo o mundo que vaia ver esta película. A estrea é o próximo venres, día 14 de marzo, no Cine Avenida de A Rúa. Haberá pases durante toda a Semana Santa tanto en A Rúa como en O Barco. E penso que vai ser proxectada tamén noutras vilas galegas.
A min xa me tarda!
refraneiro galego básico
Velaqui vos deixo a referencia. Que o gocedes.
REFRANEIRO GALEGO BÁSICO.
Autor: Xesús Ferro Ruibal.
Editorial: Galaxia.
Data da publicación: marzo de 1995.
ISBN: 84-7154-983-2
néboa
Velaqui vai o que puiden pesquisar, tendo por certeza que DePeixes se encargará de completar aquelas notas que por descoñecemento poidera eu deixar pasar.
As palabras máis habituais para referirse á néboa son, aparte da propia néboa, brétema e bruma. Calquera de nós podemos pensar nesas tres verbas cando pensamos no fenómeno atmosférico definido antes.
Pero tamén é certo que para néboa, por exemplo, existen outras variantes como pode ser nebra, nebrón, neboeiro ou neboeira.
A bruma, ademáis, tén un matiz diferente, porque se trata daquela néboa formada polo xeral sobre o mar. E para denominar esta mesma néboa existe a palabra borraxeira, coa diferencia de que a primeira é menos densa que a segunda.
Falamos tamén de mera cando esa néboa é moi húmida, aquela que se mete nos ósos, como din os vellos. A miña avoa adoitaba utilizar esta palabra para referirse a esa chuvia moi moi fina, case imperceptible, da que xa falamos no artigo sobre a chuvia, sobre o que DePeixes me suxeriu precisamente que escribira estoutro. Sinónimas de mera temos meleada, melura ou molura. Non vos dá frío húmido só con nomealas?
Ainda hai outras palabras para falar deste fenómeno: cegoña, fuscallo, parrumada.
E tamén poderíamos falar doutra palabra, calixe, que, sen ser a néboa da definición, posto que é máis debida á contaminación que a fenómenos atmosféricos, é unha verba usada para esa cortina traslúcida que nos impide ver ben cando miramos algo lonxe. Por certo que calixe tamén se usa para denominar a esa enfermidade ocular na que o cristalino se volve opaco (catarata). Curiosidades.
Ben, pois ata aqui o artigo sobre as palabras da néboa. Vaia! Precisamente o título dun dos últimos libros de Francisco Castro (neste seu blog fixo ademáis fixo un artigo sobre a néboa e sobre o libro precisamente hai uns días). Ainda existen moitos outros libros que inclúen no título algunha das verbas que hoxe vimos: Muiñeiro de Brétemas, de Manuel María, Contos da Néboa, de Ánxel Fole... Calquera deles moi recomendable.
goberna ti, que eu teño un vaso
goberna ti, que eu teño un vaso
É esta unha expresión que lle escoitei a xente nova da comarca do Salnés. Pareceume tan interesante e divertida que non puiden menos que poñela aqui para compartila convosco.
Ainda hoxe non lle atopei ben o significado literal, ainda que coido que tén a ver moito coa actualidade (sancións por conducir bébedo/a, por exemplo). Desde logo o significado "metafórico", visto no contexto onde escoitei a frase, vén a ser algo asi como: "eu desenténdome, para iso estás ti" ou "eu paso, fago a vista gorda, como que non vai comigo a cousa".
fontes
Existen numerosísimas mostras de que Galiza é un pais cheo de auga e de minas de auga (apesares da seca actual). Na maioría dos concellos galegos existen lugares con nomes relacionados con "fonte": A fonte, As Fontes, A Fontela, As Fontelas, O Fontelo, Fontefría, Fontenova, Fontevella, Fonte dos Mouros ou do Mouro, Fonte de Arriba, Fonte de Baixo, Riba da Fonte, Sobre da Fonte, Volta da Fonte, Tras da Fonte, Fonteseca, Fonte da Vila, Fontecova, Fontemaior, Fonteboa, Fonte Maior, Fontegrande, Fonte pequena, Fonte Branca, Fonte Escura, Fonte Santa, Fontefiz, Fonte Cuberta, Fonte Alvite, Fonte da Saúde... espallados pola nosa xeografía aos pares, aos tríos e en número maior.
Onde nos imos parar son neses topónimos curiosos, por exemplo, aqueles que teñen que ver con animais: Fonte dos Bois (Malpica), Fonte do Can (Friol e As Nogais), Fonte da Bestra (Alfoz), Fonte do Lobo (Becerreá), Fonte do Porco (Monterroso), Fontecabalos (Lalín),  Fontedoso (Montederramo) ou Fonte de Cervos (Palas de Rei). Comprobaredes como a maioría dos topónimos que fan alusión a unha fonte e animais son da provincia de Lugo. Curioso.
Tamén hai fontes relacionadas cos máis comúns dos lugares, é dicir: Fonte da Horta (Arteixo), Fonte Outeiro (Arzúa), Fontemuín (Abadin), Fonte do Curro (Barro), Fonte do Val (Castro de Rei), Fonte do Campo (Fene), Fonte da Leira (Miño), Fonte da Viña (Ordes), Fonte da Canle (A Laracha), Fonte Ermida (A Merca), Fonte da Pía (Ortigueira), ou Fonte do Torno (en Santiago). Tamén resulta curioso, pero a maioría dos topónimos alusivos a lugares son da provincia da Coruña.
Logo existen os topónimos ao revés que os anteriores:  Curral da Fonte (Friol), Bouza da Fonte (A Guarda), Aldea da Fonte (Moraña), Areal de Fontes (Ponteareas), e Lugar da Fonte (Ponteceso).
Para darlle máis voltas, hai fontes que no seu momento deberon pertencer a alguén, por exemplo: Fontemaría (Arbo), Fonte do Freire (Castro de Rei), Fontexoana (Cervantes) e Fontexoán (Melide), Fonte do Primo (Crecente), Fonte do Cura (Lourenzá), e mesmo Fonte Díaz (Touro).
E para rematar coas series, velaqui as que teñen que ver con árbores ou vexetais: Fontesalgueira (Cospeito), Fonte Moreiras (Boborás), Fonte do Espiño (Oleiros), Fonte da Uz (Palas de Rei), Fontefreixo (A Pastoriza), e tamén Fonte Ameneiro (O Santiso).
Pero os que a min máis me gustan, por curiosos, divertidos ou estranos, son estes topónimos:
A Fonte Prata (en Arzúa) co seu complementario Fonte do Ouro (en Punxin). Dúas valiosas fontes.
Fonte Filloa, en Begonte. Que terá que ver unha fonte cunha filloa? Xa, xa sei, a orixe seguramente non terá nada que ver coa sobremesa típica do entroido, pero ten a súa graza.
Fonteculler, en Culleredo. Supoño que estarán relacionados os dous topónimos (o do lugar e o do concello), pero non deixa de chamar a atención.
Agora veñen as pícaras: Fontepécora (Moeche) e Fontemirón (Negreira). Vaia dúas!
Fonterrota, en Sada. Tamén é mala sorte!
carabuñas e pebidas
O caso é que pensei en facer un artigo sobre as formas galegas para denominar aos ósos das froitas. E velaqui está.
Eu sempre distinguin (polo que aprendin na casa, claro) entre "carabuña" e "pibide". A primeira palabra era a que definía os ósos redondos e normalmente grandes de froitas como o pexego, as ameixas, as cereixas etc... E "pibide" era o termo utilizado na miña casa para as sementes aplanadas e pequenas do tipo das do melón, a mazá ou a cabaza.
Despois aprendin que o que eu chamaba "pibide"  chamábase "pebida" (na normativa RAG). E que ás carabuñas tamén se lles podía chamar "carambullas", "carambuñas", "croias", "coias", "caguñas", "caroas" e mesmo "pedras".
Tamén me sorprendín aprendendo que "carabuña" tamén se usa para denominar os testículos masculinos (que, como xa comentamos, teñen varios outros nomes)
De "pebida" aprendin ademais que, aparte da semente dalgunas froitas, chámase así a esa enfermidade tamén chamada moquillo, que lles entra ás aves de curral algunhas veces, ademáis, claro está, do anaco de ouro que buscaban nas médulas os romanos, por exemplo. E ainda máis, unha peza do carro tradicional galego.
E digo eu, porqué imos usar "pepita" tendo esas dúas marabillosas palabras?
DePeixes deixoume nun dos comentarios estes outros termos que tamén designan ao que chamamos "óso da froita": graboia, gouña, gruña, grouña e garouba. Podedes ler no comentario máis cousas sobre estas palabras.