O Refraneiro


os ditos do nadal
O ano pasado xa falaramos dos ditos do mes de Decembro. Este ano, polas datas nas que estamos, lembraremos algúns refráns sobre o Nadal, ou Navidá como se lle chama en moitos ditos, obviamente por influenza do castelán.

Hai algúns ditos (mesmo algún que xa comentaramos) que falan do carácter familiar destas datas:

- Polo Nadal, cada ovella no seu curral.

- Polo Nadal, volta ao casal.

- As festas do ano por onde quixeres, as Navidades coas túas mulleres.

Outros son máis ben agrícolas:

- Se a noite de Navidá foi de luar, labra ben pra sementar. Se a noite de Navidá foi de oscuro, sementa no terrón duro.

- Navidá en domingo, vende os bois e bótao en trigo.

- Navidá en viernes, sementa onde puideres.

E, ainda que o ministro diga que hai que comer coello, aqui o refraneiro sempre dixo que:

- Mes de Nadal, mes de capón a carón do lar.

Algún outro dito, esta vez meteorolóxico:

- En Natal, chover e nevar e escarabanar.

O de chover, nevar e escarabanar non nos viña nada mal este ano por estas festas, non si?

Pois nada, que boas festas.

Cousas que se din... (10) - de que falamos? ditos e refráns - dito o 20-12-2007 16:55
# conta, conta...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
10 Cousas que se din...
1 Escarabanar?
#blgtk08#
Saúdos.
comentado por DePeixes (21-12-2007 00:07)
2 Ola!
Primeiro de todo, noraboa polo teu blog, é unha marabilla e aínda que o atopei fai poucos días declárome fan incondicional.
Coméntoche: son estudante de Comunicación Audiovisual, e estou a facer un traballo en grupo de deseño web. A temática que escollimos para a nosa páxina é precisamente o refraneiro galego, e na procura de webs de referencia a túa bitácora saíunos case de primeira. Só queriamos #blgtk08#dicirche que témoste coma blog de cabeceira, e que a nosa páxina non vai ser moi extensa porque sinxelamente é un traballo de clase, pero que todas nós estariamos encantadas de que nos visitaras e/ou nos fixeras algunha suxerencia. Déixote a URL do noso blog (é só unha ferramenta de traballo de clase, non ten nada que ver co que será a páxina final, pero alí publicamos os progresos).
Noraboa de novo, e saúdos.
comentado por Ireth (21-12-2007 12:52)
3 Vaia! DePeixes, desta volta sorpréndesme, porque sempre me fas coñecer moitísimas verbas e expresións novas e xustamente o verbo "escarabanar" (eu coñézoo con v: escaravanar), moi usado na zona da miña avoa (O Ribeiro-O Carballiño) non o coñeces? Pois, ainda que eu non poda darche tantas referencias coma ti manexas (encántame, gustaríame ter esa capacidade de búsqueda e uso de vocablos) direiche que é un verbo metereolóxico, que significa "chuviñar", "orballar", no sentido de chover moi miudiño, como dicía Rosalía. Remítoche a un outro artigo no que falaba das verbas para a #blgtk08#chuvia, aqui: http://www.blogoteca.com/orefraneiro/index.php?cod=1967

Ireth: encantadísima de que vos goste o blog. Xa teño comentado noutras ocasións que este é un blog de todos/as, eu só son a canle que expresa o que vou oindo por ai, polo tanto o mérito non é meu nin moito menos, é do pobo galego e a súa lingua. Encántame que vaiades facer unha páxina sobre esta temática, contade comigo incondicionalmente. Seguireivos, non cabe dúbida. Moitos ánimos co proxecto.
comentado por o refraneiro (21-12-2007 15:34)
4 Boas f#blgtk08#estas.
comentado por paideleo (24-12-2007 00:18)
5 Igualmente a todos/as os/as que ledes #blgtk08#este caderno. Unha aperta para o Leo.
comentado por o refraneiro (27-12-2007 13:16)
6 Refraneiro, como dixo aquel, ninguén é perfecto e, como dicía a miña outra avoa -e dispensando-, perfecto morreu cagando :). Sinceramente, nunca che vos ouvira o verbo "escara(b/v)anar" nin tampouco non o lera en ningún texto. Na miña casa usamos unha palabra que aínda non encontrei "ad pedem litterae" en ningunha das obras de referencia que tiven a posibilidade de consultar: "babuzallo".

Obviamente, é unha variante de "babujallo" / "babuxallo" (Valladares (1884), na primeira grafía, Academia (1913-1928), Eladio (1958-1961), Franco Grande 2ª Edición (1972) e GDXL (VV.AA., 2000), na segunda) e está relacionada cos verbos "babujar" (Sobreira (1787-1805) e Valladares (1884)), "babuxar" (Rodríguez Manuscrito (1855), Rodríguez (1863), Cuveiro (1876), Porto (1900), Academia (1913-1928), Fil#blgtk08#gueira (1926), Carré (1928-1931), Ibáñez (1956), Eladio (1958-1961), Franco Grande 2ª Edición (1972), Carré (1972), Elixio (1978-2001), Constantino (1985) e GDXL (2000)), "babuñar" (Aníbal (1949-1977), Constantino (1985) e GDXL (2000)) e "babusar" (Aníbal (1949-1977)). Todos, loxicamente, sinónimos de "orballar".

Se mo permites, cando teña un chisquiño mais de tempo, podo deixar na entrada relativa á "chuvia" que ti indicas un comentario con algo mais de detalle. De porparte, ousaría facerche a suxestión de que lle adiques unha entrada á "néboa": penso que teño certas achegas familiares ben interesantes que non aparecen -ou fano moi parcialmente- nas obras lexicográficas de maior uso.

De resto, estimarche o inmerecido cumprimento que me fas :).

Saúdos.
comentado por DePeixes (27-12-2007 20:31)
7 DePeixes, para comezar, deséxoche un feliz e produtivo ano.
Deseguido, excusarme pola tardanza na resposta, este final de ano andei por lugares onde carecía de conexión a esta arañeira que nos une de cando en vez.

Agradézoche moitísimo as túas achegas, o certo é que teño aprendido moito con elas, e esta non é unha excepción. A palabra "babuzallo" efectivamente nunca a ouvira. Babuxar e babuñar son abondo coñecidas, pero #blgtk08#esta variante é ben fermosa. O caso é que me gustaría saber se só é esta palabra a que coñeces na túa casa, ou tamén algunha variante dela (estou pensando no verbo, sería "babuzallar"?)
Por suposto que me encantaría o teu comentario no artigo sobre a chuvia. Aumentar os coñecementos nunca sobra!

E tomándoche a palabra, vou mirar de facer un outro sobre a néboa. Agardo a túa axuda, naturalmente.

Unha aperta.
comentado por o refraneiro (01-01-2008 21:33)
8 Refraneiro, deséxoche eu tamén un feliz 2008.

A respecto de "babuzallo", cando menos na miña casa non existe o verbo "babuzallar" senón a perífrase "caer babuzallo". Igualmente, usamos os verbos "chuvisc#blgtk08#ar", "orballar" e mesmo "orballiscar". Espérochevos poder deixar un comentario sobre estas palabras, e mais outras, na entrada relativa á "chuvia" dentro de pouco.

Devólvoche a aperta e mándoche saúdos.
comentado por DePeixes (02-01-2008 23:31)
9 Ola de novo. Sigo pensando que é unha pena que este fermoso blog estea fechado. Aínda#blgtk08# así, eu acabo de incluílo na miña escolla para os premios Symbelmine.
Noraboa
comentado por pi (23-01-2009 00:28)
10 Agradézoche moitísimo a túa escolla deste blog para os premios Symbelmine.
O meu amor pola lingua leva temp#blgtk08#o tirando por min para reabrir este caderno, pero a falla de tempo non mo permite. Quizais na primavera renaza...
comentado por o refraneiro (23-01-2009 08:50)
Apetéceche dicir algo?
alcume:
correo-e: (tranquilidade, non se vai ver)
URL: (non esquezas o http://)
A ver, pon aqui o que queiras dicir...:

(Introduce o código da imaxe)
 
Ligazóns dende outras webs
meu dito, meu feito
eis a miña mirada ás fontes de onde bebemos

de tal xente, tal semente
 de que falamos?
 estivemos a comentar
 o pendello
 tamén podes atopar refráns ou expresións en...
 onde hai, sae
 o que algo busca, algo atopa

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

o refraneiro
o refraneiro


free web counter

















© by Abertal