O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O NOSO MIK SEGUNDO MANUEL BERNAL
E DITO E FEITO!! Xa temos a Mik metido de cheo na tarefa... e grazas ao ilustrador Manuel Bernal podémolo ver facendo os seus ensaios como labrego, sementando fermosos libros parta obter unha grande colleita de lectores e lectoras; tamén o atopamos "metido en fariña" preparando riquísimas receitas para unha dieta sa na que non ha faltar un momentiño de lectura. A que son ben bonitos estes debuxos??! O noso agradecemento a Manuel que xenerosamente nos brinda o froito do seu talento.
Recoméndovos vivamente que visitedes a súa web onde poderedes disfrutar do traballo deste artista. Tamén podedes seguilo no seu facebook: www.facebook.com/manuelbernal.art 

GRAZAS, MANUEL!!

Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 30-09-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
O CASO DO GORRO DESAPARECIDO
QUE SORTE!! Por fin o noso chef particular xa pode lucir o seu flamante gorro grazas aos nenos e nenas de 5º que llo atoparon no ximnasio esta mañá. QUE CONTENTO SE PUXO!! E aquí o tendes co seu atuendo preparado para comezar a gran aventura culinaria que nos agarda este curso. A QUE ESTÁ MOI GUAPO??!

Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 30-09-2013 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
UN ARGUIÑANO MOI ESPECIAL
Hoxe tivemos unha sorpresa fantástica no noso cole pois veu visitarnos un "Arguiñano" moi especial: MIK!!! Como sempre, viña encargar unha nova misión a todos os nenos e nenas do centro, que xa son uns expert@s investigadores. Na súa mochila levaba as cartas coas primeiras instrucións do traballo. E claro, axiña nos convenceu a todos do importante que é coñecer moitas cousas sobre os alimentos e a nutrición. Antes de marchar para a biblioteca na procura dos libros máis interesantes para vós, pediunos que lle buscaramos o seu gorro de "chef" pois con tanto trafego non sabía onde lle caíra e... non se pode ser un bo cociñeiro sen un enorme gorro branco coma o seu!! E xa andamos percorrendo todos os recunchos do cole para atopar o gorro deste Mik tan despistado.
Tamén estamos desexando disfrutar dos estupendos traballos que prepararedes coas vosas familias e agardamos entusiasmados as novas de MIK. De momento, aquí vos deixo algunhas fotos da visita:


Se queres ler a carta que nos deixou Mik, preme no sobre de abaixo:

VER ÁLBUM DE FOTOS
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 27-09-2013 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
REFLEXIÓNS SOBRE O DÍA DA PAZ
No blogue A paz é o camiño... atopamos un interesantísimo artigo e atinadas reflexións sobre o Peace Day, Día Internacional da Paz, que celebramos nas escolas cada 30 de xaneiro. Sen embargo, é o 21 de Setembro, desde 1981, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama á cidadanía global, ás institucións públicas, e dun modo especial, a escolas e docentes, a celebrar o Día Internacional da Paz, máis coñecido como Peace Day (Ver a Resolución 36/37). Foi en 2001 cando a ONU estableceu que ese mesmo día fose declarado de alto o fogo en tódolos conflitos a nivel mundial (Resolución 55/282). Son dous magníficos documentos sobre os que reflexionar co noso alumnado. 

En Galicia e no conxunto do Estado, convimos hai xa case que 30 anos, que o 21 de Setembro non era a mellor data para celebrar o Día da Paz nas escolas xa que, neste barrio do planeta, estamos a comezar o curso, os cativos e cativas aínda andan a tomar contacto coas aulas, e o profesorado tamén. Parecía razoable buscar unha data máis acaída. Foi así que o movemento de educadores e de educadoras para a paz, por iniciativa de Llorenc Vidal, decidimos escoller o 30 de Xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, como Día Escolar pola Paz...

Recomendamos vivamente aos educadores e lectores en xeral o artigo de Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, sobre a significación desta data lembrando ós máis de 100.000 mortos en Siria, ós millóns de desprazados, aos nenos e nenas, ás mulleres, aos anciáns, á poboación civil, principal afectada polas guerras modernas, instándonos a tod@s a dar unha oportunidade á paz.

"Un mestre, un libro, un lapis, poden cambiar o mundo"
Malala Yousafzai
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 19-09-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDER A BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA
Froito da xenerosidade e da colaboración de dúas profesoras, responsables das bibliotecas escolares dos seus centros, Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, podemos contar con este recurso de gran interese, e de gran calidade, para a formación ALFIN do alumnado: "Aprende a buscar na rede con eficiencia".
Constitúe, así mesmo, unha ferramenta para a autoformación do
profesorado como usuario da rede, e unha oportunidade para compartir coñecemento entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Agradecemos a estas dúas profesoras a difusión do seu traballo, en beneficio de todas as persoas interesadas na multialfabetización e, en particular, do colectivo das bibliotecas escolares galegas. (Fonte: BEGA)




Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 17-09-2013 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
AS NORMAS DE CLASE
Aquí vos deixo o cartaz coas normas de clase en galego, por xentileza de Ghafos (preme na imaxe para descargar en tamaño grande):



Comentarios (0) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 12-09-2013 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S!!
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e hoxe comezamos un novo curso. Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2013/2014. Seguriño que estades encantad@s de atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
MOITOS BICOS RATUNOS!!

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 11-09-2013 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats