O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

XA VAN CHEGANDO...
Estou moi contento porque xa está chegando á nosa biblioteca unha morea de libros novos que vos van encantar. Eu xa os estou lendo e pouco a pouco ireivolos presentando para que vaiades decidindo as vosas lecturas deste curso.

Hoxe traio dous títulos editados por Xerais para os primeiros lectores:
Tucho Despistes, de Ana Santiso, conta a historia dun neno, Tucho, que o perde todo, non sabe onde deixa as cousas, fai mal os recados... Pero Tucho está disposto a poñer remedio aos seus males coa axuda do peixe Pirucho. Será capaz de arranxar tanto desaguisado?
O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, dá un pouco de medo porque alí viven animais moi grandes, moi negros e moi perigosos. Tamén vive alí un coelliño moi pequeno, moi branco e moi pouco perigoso que non ten nada, nada de medo...

A que teñen boa pinta? Pois xa sabes, búscaos na biblioteca!

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-09-2011 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDO OUTONO!
Que mellor maneira de recibir o outono que con esta ilustración de Mónica Carretero ! É a bruxa Babayaga, que vén contarnos que dentro de moi pouquiño "Manual de bruxas" chegará ás librarías... estamos desexando, Mónica!


Gozade desta marabillosa estación e da ilustración! Tamén podes darte unha volta polo blog desta fantástica ilustradora e ver os libros que leva ilustrado e os premios que ten recibido. Seguro que che gustará moito.

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-09-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
O 26 de setembro de 2011 celébrase o décimo aniversario do Día Europeo das Linguas, unha iniciativa do Consello de Europa para promover o plurilingüismo entre os máis de 800 millóns de europeos representados nos 47 estados membros.
Convencidos de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento importantísimo na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo para a preservación e promoción da diversidade lingüística europea.
Con motivo desta xornada, organízanse unha serie de eventos: actividades e programas de televisión e radio para escolares e adultos, clases de idiomas e conferencias.
Podes ver e descargar moitos materiais de difusión como adhesivos ou cordóns e repartilo no teu centro para celebrar todos xuntos este aniversario tan especial.
En casa de tolos vimos esta web na que podes aprender vocabulario básico en varios idiomas (español, inglés, francés, alemán, italiano, rumano, checo, polaco):



Máis cousas na páxina oficial


Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 25-09-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECARIA PRECOZ?
Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 25-09-2011 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
LER, A MELLOR LECCIÓN DA TÚA VIDA
Leer, la mejor lección de tu vida é o título dunha serie de seis vídeos que forman parte da campaña da Consejería de Educación de la Junta de Andalucía para o fomento da lectura, poñendo en valor o labor do docente.
Miguel Ríos, Luis García Montero, José Mercé, Pastora Soler e Fernando Tejero, entre outros, relatan como algúns profesores e profesoras lles contaxiaron o gusto pola lectura:


Vía

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 21-09-2011 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
UN PREMIO PARA AS NOSAS LETRAS
¡Canto nos alegramos coa boa nova da concesión do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz! É unha satisfacción para todos os que admiramos a este escritor comprometido coa súa terra e a súa lingua e que tanto leva feito a prol da literatura infantil e xuvenil en galego.
É Agustín un dos escritores máis recoñecidos dentro e fóra da nosa terra, cunha extensa obra dirixida a lectores de todas as idades, capaz de chegar e conmover os corazóns de grandes e pequenos, autor de títulos inesquecibles como Contos por palabras, No corazón do bosque, Cartas de inverno, O único que queda é o amor ou a súa última creación Non hai noite tan longa, entre tantas outras que contribúen a facer máis grande a nosa literatura.
Por iso, Agustín, dámosche as grazas e, por suposto, os nosos máis garimosos parabéns.

Podes ler AQUÍ unha entrevista ao escritor, publicada na Voz de Galicia, co motivo do premio que ven de acadar, e AQUÍ un dosier con outros recoñecementos internacionais que acadou Fernández Paz na última década, recollido no blog de Xerais.



Comentarios (0) - Sección: Lectura - Publicado o 18-09-2011 01:55
# Ligazón permanente a este artigo
DESCUBRE A MENSAXE
MIK quere poñer a proba a túa habilidade cunha mensaxe en forma de puzzle. ¿Serás capaz de descubrila?
Fai clic enriba dunha das pezas para que se desplace ao lugar que está baleiro. Continúa coas demais ata colocalas todas no lugar correcto. ¿Lograrás facelo en menos de cinco minutos?


¿Queres facer o teu propio puzzle? Neste sitio é moi doado

Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 17-09-2011 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTOU AQUÍ!!
BENVIDOS E BENVIDAS!!!

Ola, nenos, nenas e familias! Xa estou aquí, despois dun verán cheo de lecturas fantásticas que me fixeron vivir unha morea de aventuras (pouco a pouco ireivos contando as que máis me gustaron). Hoxe quero darvos a benvida e, xunto co Claustro de profesores e profesoras do noso centro, desexarvos un estupendo 2011/2012.
Agárdovos na biblioteca, vendo as novidades e preparando cousas estupendas para vós. Estade atentos, axiña teredes noticias miñas.

MOITOS BICOS RATUNOS

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 14-09-2011 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats