O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SÉ FELIZ
Sorrí!! Non é difícil se segues estes consellos:

Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 29-09-2010 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
PARA LECTORES/AS CON DEREITOS
Dez propostas de lectura enfiadas cos dereitos do lector, formulados por Daniel Pennac no seu libro Como unha novela.
(Visto
aquí
)


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 27-09-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
LER NOS RECREOS
OLA, AMIG@S!!
A biblioteca pronto abrirá de novo as súas portas para que todos e todas podades disfrutar outra vez da maxia e das aventuras que nos ofrece a lectura. Prepárate porque sei de moi boa tinta que haberá novidades (¡non llo contedes a ninguén, é un segredo!):
O equipo da biblioteca anda preparando un recuncho, na zona de audiovisuais, para a lectura durante os recreos, onde atoparedes materiais especialmente pensados para pasar uns momentos moi agradables e divertidos. Alí teredes revistas infantís cheas de fantásticas imaxes, curiosidades e actividades sobre temas que che interesan e que incluso che poden axudar nos teus traballos escolares.
Este tipo de edicións está moi ben para eses momentos de lectura máis curtos, para os lectores que non son tan adictos ás narracións e, sobre todo, para espertar curiosidades.
Estas son as que temos na nosa biblioteca:
REPORTERO DOC:
Chea de reportaxes interesantes, diversos e actuais, con moitísimas fotografías, sobre animais, xeografía, saúde, historia, ciencia, deportes..., para satisfacer a túa curiosidade, coñecer o mundo e respetalo. Para lectores a partir de 8 ou 9 anos. Se fas clic na imaxe poderás ver algunhas páxinas.

MUY JUNIOR:
Todo o que queres saber sobre o reino animal, os deportes, ciencias, cultura, corpo humano, tecnoloxía, historia , consumo, psicoloxía, natureza... Hai cómic, xogos, pasatempos e manualidades, pero tamén entrevistas e reportaxes divulgativos de altura. E todo adobiado con excelentes imaxes e fotografías.
Ten unha divertida web con concursos e dous blogs para esculcar: El blog de Neurona e El blog de Cosmos . ¡Gustarache! Para lectores de 7 a 11 anos.

PELO, PICO, PATA:
Para os amantes dos animais, con estupendos artigos e reportaxes sobre o coidado de mascotas e información sobre natureza.

E ADEMAIS...
Como novidade, este curso tamén poderedes practicar o voso inglés coa divertida revista que atoparás na biblio.

¿A que mola?
Pois estade atentos porque vos seguirei contando cousas mentres agardamos o día de voltar á biblio.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 24-09-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
III Encontros de bibliotecas escolares de Galicia

Os días 29 e 30 de outubro celebraranse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. O lema desta cita será VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA, e será unha oportunidade para a difusión de experiencias que se están a levar a cabo en centros escolares galegos (algún tamén de fóra de Galicia), arredor desta cuestión (a lectura), que aúna tantas vontades e merece tanta atención en tempos de mudanzas tecnolóxicas e, ao dicir de algúns expertos, de paradigma na cultura escrita e na forma de ler e de escribir. Será un punto de encontro do gran colectivo galego das bibliotecas escolares para seguir ampliando as posibilidades de colaboración. O prazo de inscrición remata o 24 de setembro. Pre-programa
(Recollido en Bibliotecas escolares galegas)
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-09-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDA METODOLÓXICA PARA LER COS TEUS FILLOS/AS
NACIDOS Y NACIDAS PARA LEER - Realización de sete vídeos dun minuto de duración para MIDEPLAN, con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas, desde a etapa de xestación, até os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do obxecto libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura. (2008)







Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 14-09-2010 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAMOS!!

BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Hoxe comezamos un novo curso escolar e o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2010/2011
Hoxe foi un día especial para tod@s. Os rapaces e rapazas voltaron ao cole cheos de ilusión e alegría, contentos de atopar aos compañeiros para contarlles todas as experiencias das vacacións. Algúns estaban un pouco nerviosos á espera das novidades: aula nova, profes novos, libros novos...
Eh, colegas!! Escribide nun comentario as vosas impresións do primeiro día de clase, igual que fixo Claudia na entrada anterior. Eu paseino moi ben. Estiven na biblioteca vendo as novidades e preparando cousas estupendas para vós. Estade atentos, axiña teredes noticias.


E para que esta andaina empece con bo humor, aí vai unha chiscadela para as mamás :



MOITOS BICOS RATUNOS

Comentarios (3) - Sección: Varios - Publicado o 10-09-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats