O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O OUTONO INSPIRA...
O outono tamén é inspirador de pintores:

Giuseppe Arcimboldo (1527-1593)




De músicos:
Balada de otoño, Joan Manuel Serrat:




"As catro estacións", Vivaldi
(Fragmento "Outono")



POEMAS E ADIVIÑAS DO OUTONO

RECURSOS PARA TRABALLAR O OUTONO



Comentarios (0) - Sección: Outono - Publicado o 28-09-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
O outono acércase con moi pouco ruido...
Boomp3.com

Xa chegou o outono vestido de fermosas cores e de novos perfumes. As árbores cúbrense de vermello, amarelo, laranxa, marrón… A natureza aparece espléndida e deita aos nosos pés alfombras moles e ocres que abrigan o chan e que musiquean baixo os nosos pasos.
Para algunhas persoas é a estación da melancolía, da saudade, do adeus, que convida ao recollemento e á ensoñación.

Moitos foron os poetas, pintores, músicos… que se sentiron inspirados por esta estación e, como exemplo, aquí tendes unha poesía de
Antonio Machado e outra de Ángel González:


AMANECER DE OTOÑO
Una larga carretera
entre grises peñascales,
y alguna humilde pradera
donde pacen negros toros.
Zarzas, malezas, jarales.

Está la tierra mojada
por las gotas del rocío,
y la alameda dorada,
hacia la curva del río.

Tras los montes de violeta
quebrado el primer albor;
a la espalda la escopeta,
entre sus galgos agudos,
caminando un cazador.
Antonio Machado (1875-1939)

MÁIS POEMAS DE ANTONIO MACHADO

EL OTOÑO SE ACERCA
El otoño se acerca con muy poco ruido:
apagadas cigarras, unos grillos apenas,
defienden el reducto
de un verano obstinado en perpetuarse,
cuya suntuosa cola aún brilla hacia el oeste.
Se diría que aquí no pasa nada,
pero un silencio súbito ilumina el prodigio:
ha pasado
un ángel
que se llamaba luz, o fuego, o vida.
Y lo perdimos para siempre

Ángel González (1922)



RECURSOS PARA TRABALLAR O OUTONO

GALERÍA DE IMAXES DO OUTONO

POEMAS E ADIVIÑAS DO OUTONO


Comentarios (1) - Sección: Outono - Publicado o 27-09-2008 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS SOBRE MOCHILAS...

Xa sabemos que un dos temas recurrentes cada inicio de curso é o peso das mochilas que o alumnado debe cargar tódolos días para ir á escola. Tamén é verdade que se trata dun problema de difícil solución que cada quen tenta resolver da mellor maneira, usando nalgúns casos moita imaxinación, como contan dous amigos que leva cada un deles a metade dos libros que necesitan, ou o que parte os libros pola metade e os volve encadernar... Nalgúns países xa tomaron cartas no asunto, como ocurre en Italia, onde se presentou un proxecto de lei para regular o peso das mochilas segundo a idade e estatura do alumno/a e así evitar as lesións na espalda.

No blogue de Ubaldo, orientador do noso centro, aparece un artigo moi interesante sobre este asunto. Se queres lelo pica AQUÍ. Tamén podes deixar un comentario coa túa opinión ao respecto.

Comentarios (1) - Sección: Dep. Orientación - Educación - Familias - Publicado o 24-09-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS ESCOLARES
Recollido en Página2
Así como na ESO é o profesor quen selecciona as lecturas obrigatorias, en Bacharelato veñen establecidas por cada goberno autonómico, xa que acabarán figurando no exame de selectividade. Saibamos qué opinan alumnos e profesores sobre estas lecturas obrigadas:

Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 20-09-2008 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA IMAXE VALE MÁIS...
GALERÍA DE ARTE




















Fotografía en Flickr, de Carf, bajo licencia CC.

Visto en Bitácora de Aníbal de la Torre





Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 19-09-2008 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
MESTRES/AS APAIXOADOS
Moitas veces pensamos en tirar a toalla, pensamos que non merece a pena tanto esforzo, sentimos a punzada da incomprensión... Sin embargo, tódolos días espertamos coa ilusión renovada, coa cabeza chea de proxectos para cambiar o mundo... ¿Será que somos mestres/as apaixoados?
Grazas a F. Muñoz de la Seca descubrín esta fermosa presentación, obra dunha profesora portuguesa,Veneza, que traslada a fermosas imaxes e palabras unha fervenza que se leva dentro...

Para todos/as os profesores apaixoados do mundo e para os alumnos/as que teñen a sorte de disfrutalos:



Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 19-09-2008 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
PARA EMPEZAR BEN
Benvid@s a tod@s!!
Con ganas e bo humor comenzamos esta xeira e por iso vos deixo esta presentación con mensaxe incluida:


E unha pregunta...
Unha Pregunta
View SlideShare presentation or Upload your own.
Visto en Casa de tol@s











Comentarios (5) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 17-09-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTAMOS DE VOLTA...!!


Xa estamos de volta, con forzas renovadas, con moita ilusión, con novas ideas e proxectos...
O cole abriu as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas que durante este curso van aprender, compartir e disfrutar xuntos. Todo nos estaba agardando: aulas, profes e, por suposto, a Biblioteca. MIK tráenos moitas novidades e espera impaciente as vosas visitas.




E para abrir boca MIK anúncianos que o ano 2009 é o Ano Internacional da Astronomía e na Biblioteca hai moitos libros que te conducirán polo universo, mostraranche as estrelas, viaxarás á lúa, aprenderás moito sobre os planetas... ANÍMATE E VEN AXIÑA Á BIBLIOTECA!!



Se queres saber cousas sobre astronomía preme AQUÍ


Reseña Elmundo.es

Se queres XOGAR e EXPLORAR o universo preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 15-09-2008 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats