O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO
No Portal Educativo da Xunta de Galicia aparece publicada a Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010

ACCESO AO DOGA

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 26-08-2009 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
CATÁLOGO DA FGSR

De cara ao inminente comezo do novo curso escolar e a posta en marcha das nosas bibliotecas, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez dispón dunha edición dixital en pdf sobre obras de consulta e referencia que pode resultar moi útil para orientar as adquisicións de fondos dos nosos centros educativos. Trátase dunha selección de vocabularios, dicionarios, enciclopedias e atlas destinados a nenos e a mozos e recomendados para a súa utilización nos distintos tramos educativos, desde Educación Infantil a Bacharelato. Pretende ser unha ferramenta para axudar a conformar a colección de referencia das bibliotecas infantís, xuvenís e escolares.


Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-08-2009 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
THE PEN STORY
The pen story é unha viaxe a través do tempo en 60000 fotografías e moitas horas de traballo, realizado como promoción das cámaras Olympus. PARA DISFRUTAR:


Comentarios (7) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 21-08-2009 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
NON PREMAS NO PUNTO VERMELLO!!


DIVERTIDÍSIMO!! pero, ¡coidado!, pode que non consigas chegar ao final...

Tamén versión en inglés

Recollido en BIBLIOTICS


PUNTO VERMELLO
Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 19-08-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
ARTE NA AREA de Iliana Yahav
UNHA AUTÉNTICA MARABILLA:



Podes ver a obra desta artista visitando a súa web

Para Conchita:


Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 18-08-2009 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
AUTOBOMBO E PLATILLO
COMO NON TEMOS AVOA...






CONTINUARÁ...


Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 14-08-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
QUE OPINARÍA DARWIN??


Que a lectura engancha...?


Comentarios (11) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 13-08-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
40 ANOS DUNHA IMAXE


É o paso de peóns máis famoso do mundo grazas aos Beatles. En 1969 o grupo británico cruzou Abbey Road, en Londres, e fixeron esta foto. Dende entón este lugar converteuse nun punto de peregrinaxe para miles de fans que imitan a foto dos seus ídolos. E non só os seus seguidores, personaxes como Os Simpson ou os Lego cruzaron esta emblemática rúa.

Ninguén esperaba o éxito da instantánea. De feito, nun principio o álbum ía chamarse Everest e o grupo debía viaxar ao Himalaya para crear alí a portada. Pero, finalmente decidiron cambiar a unha solución moito máis fácil e económica.

A foto converteuse na portada do seu disco con ese nome, o último que
grabaron, e unha das máis famosas na historia da música. Analizada até o máis mínimo detalle ten tamén a súa propia lenda urbana: para esa ocasión teceuse a historia de que Paul McCartney non é o que aparece na fotografía senón un dobre. O rumor era de que este morrera, xa que na fotografía o músico aparece cun cigarro na súa man dereita, cando el é zurdo. Na imaxe, froito dunha sesión na que o fotógrafo Iain Macmillan só tomou seis fotos, resulta rechamante que McCartney (de traxe escuro) apareza descalzo e sen marcar o mesmo paso que os seus compañeiros.
Segundo unha teoría bastante estendida, a escena representaría unha procesión fúnebre na que McCartney sería o morto, Lennon (traxe branco) o clérigo, Starr (traxe negro) o axente funerario e Harrison (en camisa e pantalóns vaqueiros) o enterrador.

Sobre o vehículo Volkswagen que aparece no extremo esquerdo da foto, este atópase exposto no museo que ten a empresa fabricante deses vehículos no Wolfsburgo, Alemaña. O número da matrícula 051351 e as letras LMW poderían interpretarse como "Linda McCartney Widowed" (Linda McCartney, viuva).

Corenta anos despois, miles de fans tentan captar ese mesmo momento, para sufrimento de moitos condutores que a miúdo teñen que esperar porque a xente cruza a rúa moi lentamente, queda parada ou retrocede para volver empezar e inmortalizarse alí.
A fotografía que lles tomaron aos Beatles cruzando a rúa para dirixirse aos estudos de grabación de Abbey Road en Londres, cumpliu 40 anos este 8 de agosto, acontecemento histórico que foi lembrado polos principais medios de comunicación electrónicos, dixitais e televisivos do planeta.




En Vagabundia podedes atopar un estupendo artigo/homenaxe co motivo desta data.

Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-08-2009 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS??
Partly Cloudy (Parcialmente nublado) é unha simpática curtametraxe de Pixar onde se "explica" a misión das cegoñas e o duro traballo que teñen que realizar, o que podemos tomar como punto de partida para unha agradable conversa cos nosos fill@s ao mesmo tempo que disfrutamos en familia desta pequena xoia. (Tarda en cargar, ten un pouco de paciencia). Tamén podes velo AQUÍ


Visto en Más que libros
Fonte:
Blogdecine.com


Comentarios (4) - Sección: Cine - Curtametraxes - Animacións - Publicado o 06-08-2009 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
PUNTOS
Aplicación on line para desenvolver a atención, a memoria visual e a secuenciación. Moi divertido, XA VERÁS!!


(PREME NA IMAXE)

Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 03-08-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats