O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

UN INTRUSO EN MI CUADERNO

Xa liches as recomendacións de Mik e non sabes que facer nesta tarde chuviosa de verán? Pois aí che vai unha proposta en forma de libro: Un intruso en mi cuaderno, de David Fernández Sifres. Ilustracións de Rafael Vivas. Edelvives, Premio Ala Delta 2012.
 Aínda non o lin pero os comentarios de Carmen Fernández Etreros fan que xa me estea preperando para ir correndo á libraría e gozar desta novela áxil, sensible e moi orixinal que nos conta a historia dun neno, Mariano, aspirante a astronauta, futbolista e detective, que un día despois dun dos recreos do cole, atopa no seu caderno unha bolboreta azul, cun bordo negro moi estreito e un fío escuro que colgaba do final de cada á.
Desde ese momento Mariano dedicarase a descubrir quen debuxou esas bolboretas, e como un detective afeccionado irá buscando pistas entre os seus compañeiros de clase. Un divertido xogo que terá entretido a Mariano ata que descubra o misterio desas preciosas bolboretas.
 

Un intruso en mi cuaderno preséntanos unha historia diferente, sensible, que emociona de verdade, pola relación de amizade sen condicións que se establece entre dous nenos e polo vínculo inseparable que se crea entre eles. Un canto á amizade, á imaxinación e ante todo á loita pola vida. Sen ningunha dúbida, un dos mellores libros infantís do ano.
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 13-07-2012 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO

O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é unha das novidades que nos presenta Xerais:

Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa –o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e oito poemas musicados e cantados.(Recensión da editorial)
Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 05-07-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE A AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ
O día 30 de xuño celebrouse en Vigo a moi merecida homenaxe a un dos escritores máis relevantes do noso país, Agustín Fernández Paz, un emotivo acto conducido con mestría por Rosa Aneiros, onde os lectores máis novos, nenos e nenas de diferentes colexios da cidade, tamén manifestaron a súa gratitude e admiración ao escritor. Paga a pena ler a crónica do evento na revista dixital Praza Pública, onde se recollen as intervencións dos participantes, artistas, escritores e amigos, que fixeron canda el un percorrido vital a prol da cultura e da lingua de noso. Preme na imaxe:


Moi recomendable o artigo de Manuel Bragado para Faro de Vigo, Grande Agustín


Durante uns minutos de agradable conversa con Agustín, que tivo a amabilidade de dedicar unhas palabras aos nenos e nenas do noso cole:

Comentarios (2) - Sección: Varios - Publicado o 04-07-2012 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
REVIVINDO EMOCIÓNS
Acabamos de comezar unhas moi merecidas vacacións despois de traballar arreo durante todo o curso, pero quedábanos pendente algo que non podía faltar neste Recanto: a crónica e a reportaxe do acto de fin de curso, que foi especialmente bonito e moi, moi, emotivo. Para aquelas persoas que, coma min, non tiveron a fortuna de presencialo "en directo" aquí vos deixo os vídeos que resumen unha xornada inesquecible:




Comentarios (8) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 02-07-2012 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats