O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LIBROS ACUÁTICOS
Imaxinades ler un libro dentro da auga!!?? Iso si que é unha lectura refrescante!!
Pois ben, agora é posible pois PUNTO DE LECTURA, sello editorial do grupo Santillana, presentou como novidade os libros acuáticos. Trátase de diversos títulos para adultos que poden ser mollados sen deteriorarse, polo que resultan moi apropiados para levar con nós á praia e á piscina.
Aquí tendes a noticia recollida por Antena 3 e por TVE:






ESTE VERÁN, MÓLLATE COA LECTURA!!


Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-07-2008 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
GARDA O SEGREDO

Guarda el secreto. Manual para brujas, Patxi Zubizarreta (Anaya infantil-juvenil)

Joana vive nunha casa sen ascensor. A veciña do terceiro, a señora Graciana, acumula lixo no seu apartamento e non é moi agradable cos nenos. Parece unha bruxa, e os nenos tratan de evitala, pero Joana sente curiosidade e aos poucos vaise achegando a ela. Un día, coa escusa de baixarlle o lixo; outro, coa escusa das vacacións. Cando a nena decide preguntarlle se cre nas bruxas, Graciana contéstalle: Todas as cousas que se contan existen, pero hai que gardar o segredo... O día do aniversario de Joana, Graciana obséquiaa, por medio duns conxuros, con viaxes, nos que lle descobre cousas marabillosas e incribles: ao home lobo e á muller cervo, ás lamias, etc. Ademais de presenciar feitos fantásticos, Graciana regálalle cada día algún «conto de vella», como ela os chama. Todo a condición de que garde o segredo.

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-07-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: LETRAS GALEGAS 2009

A RAG decide homenaxear a Ramón Piñeiro no día das Letras Galegas do 2009.
Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.



REFERENCIAS NA PRENSA DIXITAL:

Artigo do farodevigo.es: "O estudoso da saudade"

Artigo de Marcos Valcárcel no diario La región: Ramón Piñeiro a debate

Artigo de Lavozdegalicia.es: Ramón Piñeiro...

Artigo de Paola Obelleiro en Elpais.com: La academia dedica...

El Correo Gallego.es

El Progreso

Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-07-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
CLAVES PARA GAÑAR LECTORES E LECTORAS
Aquí vos deixo unha moi interesante presentación correspondente á sesión do 14/05/08 no curso "Ler e escribir. Escribir para ler", celebrado en Pontevedra. Autora: Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares.


Recollido en "Ler e escribir. Escribir para ler"

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-07-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS NUBE
Grazas a A nosa biblioteca descubrimos Wordle, ferramenta coa que se poden crear nubes de etiquetas. Esta é a nosa:


Preme enriba para ampliar

Comentarios (1) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-07-2008 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
UN CAMBIO RADICAL...
Nun dos meus paseos pola blogosfera atopei en Casa de tol@s unha ferramenta que permite transformar a foto dunha persoa acercándose ao que podería ser o seu aspecto se pertencera a outra raza ou mesmo se fora pintada por algún pintor famoso. Con este divertimento podes emular aquel programa de TV no que se facía un cambio radical recurrindo á cirurxía estética, aquí moito máis barato.
Aproveitando o bo humor que nos producen as vacacións e posto que rir é moi sano, aínda que sexa de nós mesmos, como exemplo aquí tendes o alter ego de Mik, que se prestou para o experimento ( penso que nunca máis, a xulgar pola cara que lle quedou...):









Agora, se te atreves, proba ti


Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-07-2008 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats