O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

REMATA A SEMANA DA MÚSICA 2019
Remata a SEMANA DA MÚSICA con espléndidas actuacións do noso talentoso alumnado. Nesta última xornada houbo de todo: música clásica interpretada con diferentes instrumentos, música tradicional, canción en vivo e en directo e, como non, baile ao ritmo dos últimos éxitos do pop. Comezamos con DAVID (violín), CECILIA (piano), MIGUEL (piano), GABRIEL (guitarra) e LUIS (gaita). Fixérono xenial!!!
A continuación, dous grupos de magnífic@s cantantes:
Para finalizar, varios grupos de bailaríns que fixeron as delicias de tod@s:
Déixovos uns vídeos con algúns fragmentos do espectáculo. A disfrutar!!!

Tamén podedes acceder ao álbum completo AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 19-06-2019 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDA XORNADA DA SEMANA MUSICAL 18/19
O venres celebrouse a segunda xornada da SEMANA DA MÚSICA na que non faltou de nada. Houbo teatro, canción e música instrumental en directo e, por suposto, varias coreografías. Felicitamos a tod@s os artistas polo seu magnífico traballo enriba dun escenario. Pasámolo xenial!!! PARABÉNS a tod@s!!!
Comezamos cunha divertida obra de teatro que creou e interpretou o alumnado de 5ºB:

A continuación, NICO interpretou magnificamente tres pezas co seu acordeón:
Despois, un grupo de nenas de 1º de EP entonaron marabillosamente a coñecida canción "SOFÍA"
NEREA, de sexto de EP, acompañou á perfección unha famosa peza musical cunha batería electrónica

Para finalizar, varios grupos nos impresionaron cos seus bailes e coreografías:
VÍDEOS:
ZAIRA E INÉS



MIRIAM


CLAUDIA, FABIOLA E NEREA:


VIOLETA, LAURA E VEGA:
Álbum completo de fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 15-06-2019 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAN AS XORNADAS MUSICAIS 18/19
A SEMANA DA MÚSICA non podía comezar mellor!!! O alumnado demostrou coas súas actuacións que ten moita arte para o baile e para a música. Tamén nos demostraron a súa capacidade para traballar en equipo, a súa habilidade para organizarse, a súa creatividade e o seu saber facer nun escenario. FELICIDADES, CHIC@S!!! SODES GRANDES ARTISTAS!! Mañá seguiremos gozando de toda a vosa creatividade e talento. Con que nos sorprenderan??!!


Álbum completo de fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 13-06-2019 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA CURSO 18/19
Antes das actuacións dos "artistas" da SEMANA DA MÚSICA, procedeuse á entrega de diplomas e agasallos para o alumnado AXUDANTE DA BIBLIOTECA, que durante todo o curso estivo colaborando xenerosamente, renunciando ao seu tempo de lecer, para apoiar no traballo da biblioteca, un traballo moi valioso para o bo funcionamento deste servizo. Desde aquí enviámoslles o noso profundo agradecemento polo seu bo facer ao longo de todos os recreos deste curso. MOITAS GRAZAS A TOD@s!! SODES ESTUPEND@S!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-06-2019 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS COLECTIVOS CURSO 18/19
Xa temos, recén saídiños do forno, os contos colectivos deste curso. Como é habitual o argumento dos relatos está relacionado co PDI que traballamos durante o ano, A PINTURA. Seguro que vos encantarán!!! Se queredes velos en patalla completa, clic no cadradiño de abaixo, á dereita.
O primeiro é a creación dos nenos e nenas de 1º e 2º de EP titulado "FANTASÍA OU REALIDADE?"

A continuación, o conto de 5º e 6º de EP que se titula "ATRAPADOS NO MUSEO":
Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 12-06-2019 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats