O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FELIZ VERÁN 2017!!!
O ratiño MIK e o claustro de profesores do Ceip Mestres Goldar desexamos a toda a comunidade educativa unhas moi felices vacacións.
Unha aperta especial e moi agarimosa para a promoción de sexto, que se despide este ano do noso cole. Agardamos que lembredes con cariño o voso paso polo Mestres Goldar e confiamos en que a nova andaina que ides emprender estea ateigada de éxitos, tanto no aspecto académico como no persoal. Queridos nenos e nenas, ATA SEMPRE!!

E, por suposto, un bico enorme para a nosa querida MARISÉ. GRAZAS por todo, COMPAÑEIRA!!!
BO VERÁN E FELICES LECTURAS!!!


Se queredes ver un resumo do curso 16/17, clic nas seguintes ligazóns:

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 25-06-2017 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDA SESIÓN DA SEMANA DA MÚSICA
Hoxe acudimos á segunda cita coa SEMANA DA MÚSICA na que gozamos dun variado e fantástico espectáculo musical a cargo do alumnado de cuarto, quinto e sexto de E. Primaria.
NEREA PÉREZ ROCHA foi a primeira en subir ao escenario para ofrecernos unha actuación na que tocou a batería como acompañamiento dunha peza moi, moi rockeira. A continuación, CANDELA tocou magnificamente o seu clarinete e NEREA engaiolounos a tod@s coa música do seu violín:

Despois chegaron os bailes:
Dous grupos de nenas de quinto realizaron á perfección dúas vistosas e complicadas coreografías

Como broche final, un fantástico baile realizado por nenas de quinto e sexto:
PARABÉNS A TODAS!!! FIXÉSTELO XENIAL!!!
Clic AQUÍ para ver o álbum completo da SEMANA DA MÚSICA
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 21-06-2017 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A SEMANA DA MÚSICA: QUE ARTISTAS!!!
A SEMANA DA MÚSICA non podía comezar mellor!!! O alumnado de CUARTO demostrou coas súas actuacións que ten moita arte para o baile e moito talento para a música. Tamén nos demostraron a súa capacidade para traballar en equipo, a súa habilidade para organizarse, a súa creatividade e o seu saber facer nun escenario. Primeiro foi NICOLAS, que nos ofreceu unha peza preciosa coa súa acordeón. Fíxoo XENIAL!
A continuación subiu ao escenario NAIM para deleitarnos cunha peza de gaita acompañado polo profe Toniño. ENCANTOUNOS!!
E chegaron Os sete magníficos (ALEJANDRO M., BIRHANU, RAMSÉS, NICOLÁS, LEO, FABIOLA E NEREA) que nos encandilaron cunha coreografía que sorprendeu a todos porque coidaran todos os detalles, tanto no vestuario como na posta en escena. XENIAL!!!:
EVA, JULIA E LUCÍA prepararon unha coreografía moi chula que nos gustou moitísimo!
E para finalizar a xornada, Zaira, María e Claudia sorprendéronnos cun baile moi elaborado repleto de acrobacias moi complicadas que realizaron á perfección. FANTÁSTICO!!!
FELICIDADES, CHIC@S!!! SODES GRANDES ARTISTAS!! Mañá seguiremos gozando de toda a vosa creatividade e talento. Con que nos sorprenderan??!!
Álbum completo de fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 20-06-2017 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
O EQUIPO DE CUARTO DE EP CON ALICIA BORRÁS
Como estaba previsto, Alicia Borrás acudiu esta mañá á esperada cita literaria co alumnado de cuarto de EP. Ao chegar á biblioteca recibiron unha enorme felicitación polo magnífico mural que tiñan preparado para ela con todo o agarimo e moitísima ilusión. A conversa virou arredor das preguntas que formularon con respecto ao libro que leran e ao seu labor como escritora. Tamén manifestaron curiosidade por aspectos da súa profesión como actriz de teatro e de dobraxe. Por suposto, transmitiron á autora de Nata e Chocolate o moito que gozaran coa historia de Sonia e o seu desexo de ler as súas novas aventuras. Despois dunha agradable e distendida charla, Alicia Borrás asinou os exemplares de tod@s. Moitas grazas, Alicia, por compartir connosco os teus relatos e o teu tempo!!
VER ÁLBUM DE FOTOS COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 08-06-2017 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON FRAN ALONSO
O martes pasado, o alumnado de segundo de EP recibiu na nosa biblioteca a visita de Fran Alonso, autor do precioso libro de poemas O meu gato é un poeta. Foi un encontro moi agradable no que tod@s escoitaron engaiolados as palabras do escritor. Así relata a experiencia unha nena (clic para agrandar):
Efectivamente, tal e como nos conta Alba, Fran asinou moi amablemente todos os exemplares:
MOITAS GRAZAS, FRAN!!!
Podes ver máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 07-06-2017 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
DANDO UNHA VOLTA POR EUROPA. ACTIVIDADES LIM
Xa temos, recén saídiñas do forno, as actividades interactivas elaboradas polo profe Antonio Aires para o alumnado de 1º e 2º de EP. Están chulísimas!!! Proba a facelas! Pasaralo moi ben DANDO UNHA VOLTA POR EUROPA!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 03-06-2017 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: A VOLTA AO MUNDO FACENDO DEPORTE
Desde o departamento de Educación Física achégannos os traballos do alumnado arredor do proxecto documental sobre Países e Culturas. A volta ao mundo facendo deporte é o título que acolle os fantásticos murais que locen nos corredores do centro. PARABÉNS A TOD@S!!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 01-06-2017 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 01-06-2017 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats