O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FIN DE CURSO 14/15: CRÓNICA DUN DÍA MOI ESPECIAL
Hoxe tivo lugar no ximnasio do centro o acto de fin de curso co que finalizamos un ano cheo de novas experiencias e aprendizaxes, no que traballamos arreo pero no que tamén nos divertimos un montón. As familias acompañáronnos neste acto sinxelo no que afloraron unha morea sentimentos: alegría compartida, agradecementos, emotivas despedidas... Non é doado dicir adeus a un grupo de nenas e nenos que formaron parte da familia do Mestres Goldar durante tantos anos, pero desexámoslles a tod@s unha nova andaina feliz e fructuosa, chea de éxitos académicos e persoais.
E, por suposto, dámoslle unha agarimosa benvida aos nenos e nenas de sexto de E. Infantil xa que o vindeiro curso comezarán unha nova etapa na E. Primaria.
Aí vai a crónica deste día tan especial:
Comezamos coa entrega de diplomas e agasallos aos axudantes da biblioteca que, xenerosamente, estiveron desenvolvendo un traballo excepcional durante todo o curso:


A continuación, un saboroso aperitivo: catro fantásticas bailarinas de primeiro de EP
Despois, a GRADUACIÓN dos nenos e nenas de sexto de E. Infantil cun precioso baile incluído:
Afectuosas apertas e moitas bágoas coa GRADUACIÓN do alumnado de sexto de EP:
Un compañeiro de cuarto de EP ofreceulles unha fermosa peza coa gaita:
Como agradecemento, agasallaron aos profes que os tiveron nas súas aulas cunha rosa branca. Tamén Alfonso, o noso conserxe, recibiu a súa rosa:

Finalmente, unha divertida coreografía:
MOITAS GRAZAS ás familias que estiveron con nós nun día tan especial:
E a vós, nenas e nenos de sexto, un bico enorme. Agardamos que que o voso paso polo Mestres Goldar vos axude no camiño que ides comezar. MOITA SORTE A TOD@S!!!
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 19-06-2015 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
aLUZinARTE IV
O xoves rematou "aLUZinARTE", uns días ateigados de actuacións fantásticas do noso alumnado máis artista. Así, os nenos e nenas de sexto sorprendéronos cunha orixinal obra de teatro de sombras, actividade enmarcada dentro do proxecto documental deste curso sobre a luz. Con moita profesionalidade, ofreceron a todos os compañeir@s un espectáculo de luz e de sombras que nos encantou:
A continuación, contamos cunha estupenda violinista:
Tamén puidemos gozar da música da guitarra:
E para rematar, un magnífico gaiteiro:
O público pasouno xenial!
MOITAS GRAZAS A TODOS OS PEQUENOS GRANDES ARTISTAS QUE QUIXERON COMPARTIR CON NÓS O SEU ENORME TALENTO E... ATA O ANO QUE VÉN!!!
TODAS AS FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 19-06-2015 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
aLUZinARTE III
Hoxe, mércores, nova sesión da SEMANA DAS ARTES na que houbo moita música e moito baile. Comezou Xosé, de quinto de EP, cunha coreografía en solitario:
Despois foron dous grupos de terceiro de EP os que executaron uns bailes cheos de complicadas acrobacias:
Seguiron Denís e Nico, de cuarto de EP, cun break dance que nos deixou impresionad@s:
A continuación, dous grupos formados por nenas de terceiro e cuarto de EP fixeron unhas orixinais coreografías que nos gustaron moito:
Para finalizar, varias actuacións moi profesionais das nenas de sexto de EP:
E, como sempre, o público completamente entregado:
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!
Podedes ver moitas máis fotos superchulas AQUÍ

E a continuación, vídeo con mensaxe: GOZA DA VIDA... LENDO!!
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 17-06-2015 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
ALUZINARTE II
Máis talento para a SEMANA DAS ARTES!! Onte, martes, tivemos unha sesión fantástica con moita variedade de espectáculos. Primeiro gozamos da música do violín coa interpretación dunha alumna de sexto de EP:

A continuación, tres estupendas bailarinas de primeiro de EP presentaron a súa coreografía:
Tamén bailou fantasticamente Lidia, de sexto de EP:
Para finalizar, o alumnado de terceiro e cuarto de EP representaron a obra teatral "Deslumbrados":

Todo o público participou cantando, bailando e aplaudindo sen parar.
PARABÉNS a tod@s os artistas!!!
Se queres ver máis fotos preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 17-06-2015 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA ALUZINARTE
Hoxe deu comezo "aLUZinARTE 2015", a nosa tradicional SEMANA DAS ARTES na que o alumnado poderá mostrar, unha vez máis, as súas habilidades artísticas. Gozaremos ata o xoves de actuacións variadísimas: interpretacións con instrumentos clásicos, coreografías, cancións, teatro...
A inauguración deste ano correu a cargo do grupo de música tradicional "FOLK DE COIRO", que xenerosamente se brindou a participar nesta actividade. Ademáis de ofrecernos varias pezas que nos encantaron, ilustraron o seu repertorio con explicacións sobre os instrumentos que empregaban, os materiais cos que estaban construídos e a súa significación dentro da nosa cultura. Pasámolo xenial!! MOITAS GRAZAS!!!
Para rematar a actuación, unha alumna "espontánea" subiu ao escenario para tocar a pandeireta como unha auténtica profesional. PARABÉNS, Candela!!!
MÁIS FOTOS
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 15-06-2015 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
REMATANDO OS TRABALLOS DO PDI DESTE CURSO
O alumnado de cuarto de EP, ao igual que o resto de nenas e nenos do cole, están rematando os últimos traballos relacionados co PDI deste curso. Metidos na tarefa de busca de información para preparar, en equipo, varios murais que recollen información sobre Newton, Edison, Galileo Galilei e Antón Pulido. Antes de poñerse a traballar tiveron que pensar, falar e tomar acordos e decisións, repartir tarefas... nunha palabra, PLANIFICAR.Aquí os tendes metidos en faena:
Comentarios (1) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 14-06-2015 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ANTÓN CORTIZAS
O martes, 2 de xuño, o alumnado de cuarto recibiu na biblioteca a visita de Antón Cortizas, autor de Vaia tropa!, o libro de poemas que estiveron lendo este trimestre. Foi unha experiencia fantástica! Primeiro, o escritor contounos moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra. Demostrounos que os limericks do seu libro imitan o ritmo da pandeirada! Tamén nos falou con especial cariño de Memorias dun río, coa que gañou o premio Barco de Vapor, e de O merlo de ferro e A merla de trapo, coas que quixo facer unha homenaxe aos seus pais. Despois divertímonos moito facendo papiroflexia (coa que repasamos matemáticas!) Aprendemos a elaborar un "bico de galo" para xogar ás adiviñas, e algúns de nós logramos facer soar un chifre de papel. Para finalizar, Antón asinou os nosos exemplares cunhas fermosas dedicatorias, todas elas con preciosos rechouchíos. Como agradecemento, tiñamos elaborado un mural no que recollemos os nosos propios limericks, creacións inspiradas nos poemas que lemos, e quedamos encantados cando nos dixo que lle gustaba moito. GRAZAS, ANTÓN!! Pasámolo xenial!!
 
 
 
 

Podes ver máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 03-06-2015 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats