O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SEN NADA NA DESPENSA: FIN DE CURSO NO MESTRES GOLDAR
Co lema "Sen nada na despensa", facendo referencia ao tema do noso proxecto documental, esta mañá celebramos o remate do curso cun sinxelo e emotivo acto no que o alumnado de sexto de E. Infantil recibiu o seu diploma da man da súa titora, co que lles desexamos unha feliz andaina na E. Primaria. Pero foi o alumnado que se despedía do cole o que fixo que unha morea de lembranzas encheran os corazóns dunha mestura de sentimentos: ledicia, nostalxia, morriña... Eles tamén recibiron o diploma que lles recordará o seu paso polo Mestres Goldar, que agardamos lles deixara unha pegada que lles axude na súa andaina pola nova etapa educativa e pola vida. MOITA SORTE, NENOS E NENAS!! Desexamos que o camiño que ides comezar estea repleto de éxitos. Unha manchea de bicos para tod@s e ATA SEMPRE!! FOTOS
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 20-06-2014 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADIÑO 2014
Despois dun curso enteiro traballando arreo para gañar MIKOPUNTOS, os nenos e nenas do cole puideron canxealos por agasallos no MERCADIÑO instalado na biblioteca. Había moitas cousas para escoller: libros, marcapáxinas, calendarios, pinturas, bonecos, lambetadas, mochilas, xoias... Para todos os gustos!! Aquí están facendo as súas compras:
VER ÁLBUM FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 19-06-2014 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA A SEMANA DAS ARTES
Hoxe rematou a SEMANA DAS ARTES na que poidemos gozar das habilidades artísticas do alumnado do noso centro. Despois dunha primeira xornada de música interpretada con distintos instrumentos, chegaron os bailes e as cancións... A CAPELA!! Non se pode pedir máis!! Pero tamén tivemos convidados especiais que nos trouxeron unhas estupendas obras de teatro: o Ceip Lope de Vega ("Coma ti") e o Ceip Emilia Pardo Bazán ("Os teus paxaros na miña cabeza". Como vedes, unha SEMANA DAS ARTES excepcional. MOITAS GRAZAS A TOD@S!!

Comentarios (8) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 19-06-2014 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A SEMANA DAS ARTES
Hoxe comezou a "Semana das artes" cunhas espléndidas actuacións do alumnado do centro. Unha vez máis queda demostrado que no noso cole "hai madeira". Como aperitivo entregáronse agasallos e diploma aos axudantes da biblioteca deste curso, que fixeron un magnífico traballo durante todos os recreos. GRAZAS, RAPACES E RAPAZAS!!
A continuación gozamos da música interpretada por Estela e Noemí (violín), Anxo (zanfona), Aixa (clarinete), Aroa (trompeta) e Alex (guitarra). Uns auténticos artistas!! PARABÉNS a tod@s! Fixéstelo xenial!!
ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 16-06-2014 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON GARCÍA TEIJEIRO
Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Antonio García Teijeiro, autor do libro de poesía que estivemos lendo en clase, "Bolboretas no papel". Foi un encontro moi divertido e poetizamos un montón: Anxo ilustrou dous versos, inventamos entre todos unha fermosa poesía, recitamos, lémoslle os nosos limmericks e outros versos que nós mesmos creamos e que lle encantaron e, por último, asinou os nosos exemplares que levamos moi fachendosos para as nosas casas. GRAZAS, ANTONIO, POR COMPARTIR CON NÓS TAN ESTUPENDOS MOMENTOS!!
Alumnado de terceiro de EP

ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 14-06-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PIC-NIC: UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!
UN PIC-NIC MOI ESPECIAL:
Que nenas e nenos tan fantásticos hai no Mestres Goldar!! Hoxe, o patio do cole quedou invadido por unha morea de cestiños repletos de ricos manxares que compartimos nunha festa de convivencia que nos deixou un espléndido sabor de boca. Cada grupo organizou a súa particular merendola na que non faltou de nada: froitas, doces caseiros, chocolate, froitos secos, bombóns... Tampouco faltaron decorativos manteis, panos de mesa, pratos, bandexas..., unha auténtica marabilla!! Os nenos e nenas do terceiro ciclo coidaron e compartiron mesa co alumnado de Infantil, que estaba encantado con tan magnífica compaña. PARABÉNS a tod@s, fixéstelo xenial!! E, por suposto, moitas grazas ás familias que, como sempre, colaboraron con entusiasmo nesta proposta. MOITAS GRAZAS!!
(Para ver álbum de fotos preme na imaxe)
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 12-06-2014 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VERÁN 2014
Aquí está, fresquiña, a guía de recomendacións para este verán. Fíxate ben, seguro que atoparás algún título interesante. Xa sabes, nestas vacacións, xoga, divírtete e le moito.
Bicos ratunos para tod@s!!

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-06-2014 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
PORTAS ABERTAS PARA VER AS EXPOSICIÓNS DOS TRABALLOS DO PDI
Hoxe, na primeira xornada de portas abertas, as familias tiveron a ocasión de pasear polos corredores do centro para visitar as espléndidas exposicións dos traballos feitos polo alumnado arredor do proxecto sobre a alimentación.
O percorrido comeza nos espazos de infantil, onde nos contan o proceso de elaboración do chocolate, propóñennos xogar cun memory e cun sudoku e aprender moitas cousas sobre este riquísimo alimento nos seus cadernos de investigación:

VER MÁIS FOTOS
A continuación podemos ver os traballos do Primeiro Ciclo de EP, que nos teñen preparados os seus cadernos de pescudas e uns fantásticos libros de riquísimas receitas do outono, Nadal e entroido:


VER MÁIS FOTOS
Se queremos seguir aprendendo teremos que ir á zona do segundo ciclo de EP, onde atoparemos obras de arte como cadros de Arcimboldo e Vangogh, bodegóns, fichas decoradas de investigación sobre alimentos, completos cadernos con moita información, fichas sobre alimentación e deporte e moitas cousas máis...

VER MÁIS FOTOS
E para rematar, o alumnado do terceiro ciclo preparou unas interesantes fichas sobre as plantas cultivadas no horto, deseñaron granxas mariñas, fixeron libros de noticias...

VER MÁIS FOTOS
Se aínda non tivestes ocasión de visitar a exposición aproveitade para facelo o próximo martes. NON volo perdades!! PAGA A PENA!!
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 10-06-2014 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
ALIMENTOS AO MICROSCOPIO
Hoxe, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de E.P. asistimos a unha fantástica charla sobre microorganismos (fungos, levaduras, bacterias e virus), impartida por Marta López, mamá de dous compañeiros do centro e traballadora do CSIC, no campo da investigación dos alimentos. Cantas cousas aprendemos!! Utilizamos probetas, espátulas e placas de Petri, experimentamos con levaduras, observamos fungos cunhas lupas e mesmo fixemos cultivos coas bacterias das nosas mans!! Estamos desexando ver como van medrando!!
Agora xa sabemos que arredor de nós hai un mundo que non se ve pero que é moi curioso e interesante, que nos beneficia en moitos casos, e que xoga un papel moi importante nas nosas vidas. MOITAS GRAZAS, MARTA. PASÁMOLO XENIAL!!
VER ÁLBUM
Comentarios (2) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 04-06-2014 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
ALIMENTACIÓN E DEPORTE
Hoxe, o alumnado do segundo ciclo de E. Primaria asistiu a unha interesante charla-coloquio sobre alimentación e deporte, impartida polo profesor de E. Física do centro, Carlos Covelo. Despois de escoitar atentamente, abriuse unha quenda de preguntas onde os nenos e nenas puideron expresar as súas dúbidas e facer comentarios sobre a exposición e a súa propia experiencia. A actividade resultou moi instrutiva e tod@s aprendemos unha morea de cousas sobre as nacesidades alimenticias das persoas que fan deporte ou realizan unha actividade física diaria.
Aquí tendes as fotos
:VER ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 03-06-2014 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats