O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FACENDO USUARI@S DE BIBLIOTECAS
Hoxe o alumnado de 2º de EP visitou as instalacións da Biblioteca Municipal de Vigo, situada no casco histórico da cidade, onde ocupa un fermoso e antigo edificio modernista, obra do arquitecto Jenaro De La Fuente. Fomos recibidos por unha amable bibliotecaria que nos falou brevemente da historia do local para logo mostrarnos as distintas dependencias e servizos que ofrecen. Disfrutamos moito vendo todo o que alí había, encantounos a decoración, moi atractiva para os nenos e nenas de todas as idades, e poidemos ver, tocar, manipular e xogar con libros espectaculares en tres dimensións, libros con forma de balón e mesmo libros que botaban a lingua fóra!! Pasámolo moi ben e queremos agradecer a amabilidade e paciencia do persoal polo que fomos atendidos. MOITAS GRAZAS!!
A verdade é que nos quedaron ganas de voltar axiña pola biblioteca pública para gozar con máis calma dos tesouros que alí gardan. A que si, rapaces?!


Se queres ver todas as fotos, algunhas moi simpáticas, preme AQUÍ

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 14-06-2012 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS DE AUGA
Despois de facervos unha breve crónica do acontecido na Illa de San Simón o pasado sábado, non podía deixar de achegarvos un pouco a figura do gañador do Premio Merlín, Marcos Calveiro, do que seguramente moitos de vós, gardaredes agradables recordos da visita que fixo á nosa biblioteca non hai moito tempo.
Aínda que comezou a publicar hai pouco, Marcos Calveiro xa ten recibido moitos premios e forma parte dun grupo de autores de literatura infantil e xuvenil que escriben en galego cunha cualidade incuestionable e recoñecida pola crítica e os editores.
Xa lle foron outorgados galardóns de gran relevancia entre os que se atopan:

Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Cartas do terceiro día.
Gañador do XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil no 2007, por O carteiro de Bagdad.
Premio da Crítica de narrativa galega no 2008, por Festina lente.
Premio Barco de Vapor no 2008, por O canto dos peixes.
Premio White Ravens no 2008, por O carteiro de Bagdad.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa para adultos no 2008, por Festina lente.
Premio Irmandade do Libro no 2009 ao Mellor Libro Galego do 2008, por Festina lente.Premio Lazarillo no 2009, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2010, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Raíña Lupa no 2010, porCentauros do Norte.
Premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por O pintor do sombreiro de malvas.
Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Merlín no 2012, por Palabras de auga.
Ben vedes que temos ante nós a un gran escritor ao que lle auguramos unha carreira chea de recoñecementos e que do que agardamos moitas satisfaccións para a nosa literatura e a nosa lingua.
OS NOSOS PARABÉNS, MARCOS, AGARDANDO BEBER AXIÑA DESAS PALABRAS DE AUGA!!

Podedes acceder ás primeiras entrevistas que concedeu despois de recibir o premio AQUÍ

Tamén podes visitar o seu blog persoal Alfaias
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 13-06-2012 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
SE VAS DE VIAXE, LEVA LIBROS NA EQUIPAXE
Recén saídiñas do forno, aquí vos deixo as recomendacións de lecturas para este verán. Hai para todos os gustos e para todas as idades. Garda este folleto, pode servirche de axuda cando teñas que facer un agasallo ou cando queiras preparar o teu plan lector veraniego (preme na imaxe para ver o documento):


Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 11-06-2012 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
FALLADOS OS PREMIOS XERAIS E MERLIN 2012
Asistir onte como testemuña da entrega dos Premios Xerais e
Merlín
foi un fermoso agasallo que quero agradecer unha vez máis, agora desde este humilde recuncho, a Manuel, Celia, Helena..., a toda esa xente que, sen perder nin un ápice de ilusión a pesares das funestas circunstancias que nos envolven, organizan cada ano unha magnífica homenaxe á nosa lingua e á nosa literatura, nas figuras dos escritores e escritoras que a fan grande, útil, fermosa, imprescindible...
Todo o que ocorreu na Illa de San Simón converteu o día de onte nunha velada inesquecible. Inesquecible polo magnífico discurso de Marilar Aleixandre, que nos fixo vibrar con cada unha das súas “ardentes” palabras, reivindicando unha literatura que trabe no lector, que queime na alma, que nos sacuda violentamente as entrañas... Inesquecible pola emoción incontida de Marcos Calveiro, gañador do Merlín con "Palabras de auga", que brindou fermosas palabras de amor e agradecemento pero tamén de rabia ante a penosa situación do ensino público. Inesquecible por sentirnos inundados por Celso Emilio Ferreiro na voz de Xurxo Souto que, acompañado do seu acordeón, espallou sobre todos nós os versos atemporais de “Como un irmau che falo”...
Inesquecible polo sereno optimismo de Manuel Bragado, quen aínda que “coñeceu tempos mellores”, transmitiu con entusiasmo novos e ilusionantes proxectos nos que se embarca incluso con forte marexada de fondo...
Inesquecible pola sorpresa do Premio Xerais, "Tonas de Laranxa", unha novela escrita por pai e filla, Manuel e María Lourenzo, “a catro mans”, que promete boa literatura, da que “queima”, da que estás desexando que caia nas túas mans...
Inesquecible pola chuvia, que fixo que todos estivesemos máis preto uns dos outros, que nos rozásemos coa complicidade de estar compartindo inquedanzas, sentimentos e esperanzas comúns... Inesquecible pola néboa, que non foi quen de ocultar os sorrisos dos que regresabamos a San Adrián coa faísca prendida no corazón dos que confían nas “mil primaveras máis “ para a nosa lingua.




Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 10-06-2012 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA ENTREGA DE MEDALLAS OLÍMPICAS
O próximo 18 de xuño terá lugar a entrega de medallas aos gañadores e gañadoras dos concursos ESCRITORES/AS E LECTORES/AS OLÍMPIC@S, así como a entrega de diplomas aos participantes polo entusiasmo e o esforzo demostrado nas creacións presentadas. Estate atent@, pode que ti sexas un dos afortunados!!


Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 04-06-2012 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
1ª OLIMPÍADAS MESTRES GOLDAR
Hoxe rematou a SEMANA CULTURAL na que tivemos ocasión de aprender moitísimas cousas sobre os Xogos Olímpicos. E como non podía ser doutro xeito, puxemos o broche de ouro ao noso proxecto documental coa celebración dos I XOGOS OLÍMPICOS MESTRES GOLDAR, onde participou todo o alumnado do centro nas nosas particulares disciplinas olímpicas: complicadísimos circuitos, acrobacia con zancos, salto de comba, hula-hop, tiro a canasta, bolos, unha novísima modalidade de fútbol (o rugbybol), o brilé, o pano...
Os nosos deportistas, perfectamente entrenados, fixeron unha magnífica exhibición do seu espírito olímpico demostrando que o importante non é gañar senón participar. Por ofrecernos tan excelente comportamento olímpico, tod@s recicibiron o seu diploma como testemuña dunha xornada especial moi, moi, divertida. Temos que facer constar o fantástico labor que fixeron os nenos e nenas de sexto como axudantes da organización e sen os cales seguramente todo sería máis complicado. MOITAS GRAZAS!!
Felicitamos tamén ao profe Carlos que preparou un magnífico programa de actividades lúdico-deportivas coas que disfrutamos un montón e que nos fixeron vivir de cerca a emoción do xogo e a ilusión de protagonizar as nosas propias OLIMPIADAS.



Atoparedes moitas máis fotos AQUÍ
Comentarios (2) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 01-06-2012 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
OS EXPERT@S DO 2º CICLO
Hoxe asistimos a unha nova "mesa de expert@s", esta vez a cargo do alumnado do 2º ciclo, que fixo unha magnífica exposición dos resultados das súas investigacións sobre as cidades e países sé dos XXOO modernos. Un percorrido que nos amosou os aspectos máis relevantes de cada un dos lugares: costumes, monumentos, personaxes, relevo, flora, fauna... Un espléndido traballo e unha brillante exposición a que nos brindaron os nenos e nenas do segundo ciclo. PARABÉNS A TOD@S!!
Aquí vos deixo algunhas imaxes coa música que eles mesmos escolleron:


E aquí algúns vídeos:


Comentarios (1) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 01-06-2012 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats