O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O VERMIÑO DA LECTURA
Xa vos comentei noutra ocasión a importancia de non descoidar a lectura durante o meses de verán, xa que esta práctica conleva moitos beneficios os nenos e nenas que non deixan de ler durante longos períodos de tempo. Na revista Muy Interesante do 16 de xuño atopamos un recomendable artigo titulado ¿Por qué es bueno leer en verano? que reforza esta idea baseándose en estudios realizados en universidades de EEUU.

Así que xa sabedes, seguide os consellos de Mik e... "Se vas de viaxe, leva libros na equipaxe. Se de viaxe non vas, colle un libro e mil mundos verás..." (Se premes na maletiña podes ver as recomendacións de MIK)
Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-06-2012 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
VERÁN OLÍMPICO
Como cada verán, xa está dispoñible o escritorio de verán do portal de educación da JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN. E este ano acáenos especialmente ben despois de todo o que levamos traballado sobre os Xogos Olímpicos. Agora toca xogar sen deixar de aprender.
Pásao ben coa maratón de xogos e actividades preparadas para estas vacacións. Este verán atoparedes moitos xogos e recursos educativos para todas as idades. Ademais das novas aplicacións, atoparás unha selección dos mellores xogos publicados en anos anteriores. O resultado é unha contorna divertida, variada e educativa que che servirá para pasalo ben, entreter, repasar e aprender cun VERÁN OLÍMPICO:


Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 25-06-2012 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
NON SE PODE TER MÁIS ARTE!!
Aquí hai madeira!!



Un montón de fotos AQUÍ

Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 23-06-2012 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGANDO Á META...
Bonita mensaxe da nosa querida Charo, á que queremos enviarlle o noso agradecemento e unha grande aperta, cos nosos desexos dunhas felices e reparadoras vacacións. Bicos ratunos, querida "madriña".


Comentarios (2) - Sección: Varios - Publicado o 21-06-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
VAIA TROPA! CON ANTÓN CORTIZAS
O mércores, día 20, o alumnado de 3º de EP recibiu a agardada visita de  Antón Cortizas, autor do libro de poemas que estiveron lendo e traballando neste trimestre, Vaia tropa!
O encontro resultou moi agradable e proveitoso xa que Antón respondeu á morea de preguntas que lle fixeron sobre a súa obra e o oficio de escribir. Tamén lle mostraron os poemas que eles mesmos fixeron baseándose nas técnicas empregadas no libro polo que recibiron moitos parabéns do escritor.
Ao final, Antón firmou os exemplares de tod@s e subiron ás aulas moi satisfeitos coa experiencia e desexando que chegue ás librerías o seu próximo libro "Tastarabás".

MOITAS GRAZAS, ANTÓN!!

E aquí tendes a reportaxe fotográfica:


E aquí un vídeo sorpresa:


Comentarios (11) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 21-06-2012 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
QUE ARTE!!
Continuamos coa SEMANA DAS ARTES disfrutando moitísimo co saber facer deste alumnado tan artista. Onte tivemos unha divertidísima sesión de baile protagonizada polo alumnado de 3º de EP que engaiolou ao público que acabou bailando con eles. E hoxe, unha magnífica actuación dunha parella de cuarto que mesmo semellaban auténticos profesionais. PARABÉNS A TOD@S! MENUDOS ARTISTAS!

E AQUÍ están as fotos.

QUE BEN BAILARON ESTES NENOS E NENAS!
Se queres ver o ben que se moven os nenos e nenas de terceiro, AQUÍ hai moitas fotos.

O ALUMNADO DE E. INFANTIL RECIBIU TAMÉN O SEU DIPLOMA OLÍMPICO E O SEU AGASALLO:

Se queres ver as fotos preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 20-06-2012 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA FERMOSÍSIMA SORPRESA!
Axiña nos vai deixar outra promoción de alumn@s que rematan a Primaria e comezan unha nova andaina na escola e na vida. Levan consigo unha morea de aprendizaxes e vivencias e déixannos a alegría de ser partícipes e testemuñas do seu crecemento como estudantes e como persoas. Cando os vemos marchar quédanos un pouso de nostalxia mesturada coa esperanza de que estes anos compartidos lles deixaran unha pegada positiva nos seus corazóns, por ben tenue que fora. E case nunca chegamos a saber o que significou para eles e as súas familias o noso traballo e a nosa ilusión. Por iso, o inesperado agasallo que recibimos hoxe cunha garimosa mensaxe chea de significado fará que estes nenos e nenas, dalgún xeito sigan connosco moitos anos máis.
Desde este recanto queremos enviarlles a eles e ás súas familias a nosa gratitude e o noso afecto, os nosos desexos de que se convirtan en adultos capaces e responsables e que a vida lles traia unha morea de éxitos.
MOITAS GRAZAS!!



E despois de tantas emocións venme á cabeza a fermosa poesía de Gabriel Celaya que expresa marabillosamente o noso sentir, o sentir d@s maestr@s que amamos a nosa profesión:


"Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca
hay que medir, pesar, equilibrar...
... y poner todo en marcha.
Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino, un poco de pirata...
un poco de poeta...
y un kilo y medio de paciencia concentrada.
Pero es consolador soñar mientras uno trabaja,
que esa barca, ese niño,
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia pueblos distantes, hacia islas lejanas.
Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá nuestra bandera enarbolada."


Gabriel Celaya.

Comentarios (6) - Sección: Varios - Publicado o 19-06-2012 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
OS OLÍMPIC@S DO MESTRES GOLDAR
Hoxe tivo lugar a entrega de medallas e diplomas aos Lectores/as e Escritores/as Olímpic@s, un emocionante acto co que damos por rematadas as actividades da biblioteca relacionadas co Proxecto documental. Cómpre destacar a ledicia d@s "medallistas" que viviron con gran excitación e alegría, nalgúns casos desbordada, o recoñecemento ao seu traballo e ao seu esforzo.
Agardamos xa con ilusión as sorpresas que Mik nos terá reservadas para o ano que ven e estamos seguros de que aprenderemos e nos divertiremos tanto como o fixemos ao longo destes meses.
Grazas a tod@s, alumnado, familias e profesorado, pola colaboración, pola participación e polo enorme entusiasmo que puxestes en cada unha das propostas, sorprendéndonos cada vez cuns resultados que sempre superaban o agardado.

Aínda que os "Xogos Olímpicos" do Mestres Goldar remataron esta mañá, continuaremos coas actividades "artísticas" durante toda a semana: baile, música, teatro..., porque no noso cole, ademáis de ler, escribir, estudiar e investigar, temos MOITA ARTE!
Polo de agora déixovos a reportaxe fotográfica do acontecido na entrega de medallas, que se desenvolveu con todo o "protocolo" que requería a ocasión e onde non faltou de nada: Comité olímpico, facho, podio e, por suposto, moitos aplausos e parabéns:

Aínda hai máis fotos AQUÍ

Ah! E estade atent@s porque axiña teremos o vídeo cos "momentos estelares" desta xornada especial.

ACTUALIZACIÓN:
Aquí vos traio os vídeos prometidos, porque eu son un rato cumplidor e xa din por aí que "o prometido é deuda"...
Como ben sabedes, o acto comezou cun espectacular baile que nos ofreceron Jimena e Claudia:
Para seguir coa entrega de medallas e diplomas aos ESCRITORES/AS OLÍMPIC@S:
Despois aos LECTORES/AS OLÍMPIC@S:

E por último, a homenaxe e agradecemento aos "AXUDANTES" da biblioteca:




Comentarios (6) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 18-06-2012 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
3º NA BIBLIOTECA CENTRAL
Hoxe, día 15, foi o alumnado de 3º de EP o que visitou a Biblioteca Central e disfrutou dunha agradable sesión dirixida por Alicia, a bibliotecaria que lle amosou todos os tesouros que encerra esta fermosa biblioteca. Primeiro, un achegamento á historia do edificio para logo ir percorrendo todas as estancias e coñecendo todos os servizos: hemeroteca, sala de estudio, as diferentes zonas dedicadas ás diferentes idades... Tamén puideron ver algúns libros curiosos: o máis longo, o máis pequeno, libros para cegos... Todo resultou moi interesante e o alumnado regresou ao centro moi contento despois desta experiencia tan proveitosa.
Aquí tendes a reportaxe fotográfica:


AQUÍ tes todas as fotos para ver ou descargar

Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 16-06-2012 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
ÁNIMO!! COLLE UN LIBRO!!
Desde Trafegando Ronseis, un fermoso agasallo para a vista e para os oídos e unha fermosa mensaxe para as mentes e os corazóns:

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 16-06-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats