O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PREPARANDO UN VERÁN LECTOR
Aínda que pronto recibiredes nas vosas casas as recomendacións de lecturas para o verán, durante estes días irei deixando aquí algunhas suxestións para os que queiran ir planificando as súas lecturas estivais. Hoxe tráiovos unha proposta de Xerais:

'Florentino, o príncipe Quino', de Gloria Sánchez, con ilustracións de Xan López Domínguez, é un conto moi porco, cheo de porquiños, onde a vida transcorre placidamente baixo o mandato dun rei que ten a desgraza de ter un fillo “diferente”. Fiel aos seus gustos, Florentino non se somete ás normas e costumes do seu pobo. Incomprendido e rexeitado por todos, Florentino debe abandoar o seu país en busca doutro lugar onde vivir. No seu percorrido atopa o amor, o que lle axuda a comprender, respectar e tolerar outros gustos e outros xeitos de entender a vida.

Unha divertida historia de amor, de respecto e de tolerancia na que se mestura moi atinadamente o humor e a tenrura, co excelente adubío dunhas ilustracións sinxelas, centradas nos personaxes, que complementan o texto sen quitarlle protagonismo á palabra.
Unha lectura moi axeitada para nenas e nenos de 6 e 7 anos.

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 14-06-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS XERAIS: UNHA XORNADA INESQUECIBLE

Os gañadores (clic para ampliar).
Procedencia da imaxe.
Son moitas as satisfaccións que, dun xeito ou doutro, me teñen dado os libros e sempre me considerei deudora impenitente e irredenta das persoas que fan posible que chegue ás nosas mans a testemuña do talento, do pensamento, da historia, da cultura... É por iso que me sinto tan honrada por ter formado parte do xurado dos Premios Merlín deste ano, ao carón de persoas de recoñecido prestixio profesional e de grande calidade humana: Gracia Sanctorum, Ángeles Roca, Rodrigo Chao, Antonio Reigosa e Helena Pérez.
Na illa de San Simón, un escenario incomparable pola súa fermosura e polo seu simbolismo, tivo lugar o emotivo acto da entrega de premios, coas intervencións dos gañadores: Anxo Fariña, Héctor Carré e Xavier Queipo polas obras A chave da Atlántida, Febre e Extramunde, respectivamente.
Foi todo un pracer escoitar a María Xosé Queizán, quen actuou como mantedora literaria cun espléndido discurso titulado "Escribir en nome propio".
Non podo deixar de mencionar a Leo Arremecaghona, que amenizou a velada cun espectáculo nada convencional, cun humor cargado de chiscadelas á nosa idiosincrasia, humor do noso, con dobres sentidos e cheo de reivindicacións, co que engaiolou ao auditorio.
Rematou o acto Manuel Bragado cunha breve e atinada intervención na que fixo unha lembranza de Juan Farias, escritor galego falecido recentemente, e solicitou das administracións públicas un maior apoio ao sector do libro e unha clara e decidida aposta pola nosa lingua.

Os meus parabéns aos galardoados e, por suposto, a Xerais pola impecable organización deste evento.

Atoparedes máis información deste acto no blog de Xerais e en Trafegando Ronseis.

Héctor Carré, Xabier Queipo e Anxo Fariña.


FOTOGALERÍA

PREMIOS XERAIS 2011 NOS MEDIOS


Comentarios (2) - Sección: Varios - Publicado o 12-06-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADIÑO 2011


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 12-06-2011 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS PLAMBE
Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación.


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 12-06-2011 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
POEMANDO
Tamén os nenos e nenas do 2º e do 3º ciclo crearon e ilustraron fermosos poemas. Aquí os tendes para que disfrutedes igual ca min coa súa lectura:

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 05-06-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
CONTAMOS MOITO
Pois si que contan moito e ben os nenos e nenas do noso cole. E como mostra, aquí tendes os contos colectivos que escribiron e ilustraron entre tod@s.

E. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA:



2º E 3º CICLO DE PRIMARIA:



Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 04-06-2011 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS VERSOS...
Seguro que che gustaron moito as poesías de Infantil, a que si? Pois agora podes ler as que fixeron os nenos e nenas do 1º ciclo, que tamén son uns fantásticos escritores/as e ilustradores/as:



Comentarios (3) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 02-06-2011 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
RIMA, RIMANDO...
Pronto estará na nosa biblioteca o libro de poemas que elaborou o alumnado do centro para a actividade de creación escrita "Somos poetas".
Para que vaiades facendo boca aquí vos deixo os fantásticos traballos dos nenos e nenas de E. Infantil. XA VEREDES COMO VOS GUSTAN TANTO COMO A MIN!!




Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 01-06-2011 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.


Colectivo coordinadores/as Plambe

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 01-06-2011 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats