O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

EXISTE UN AGASALLO MELLOR?
Os gustos dos teus fillos merecen atención, respecto e tamén outras propostas. Polo menos cando fales con eles sobre libros. O seu punto de vista merece o teu interese e o teu tempo, a túa complicidade. Observa a súa evolución como lectores, suxire novas lecturas e pensa o importante que é que os teus fillos lean, e moito. Libros, xornais, Internet. Comprender ben o que len garante as súas posibilidades educativas e profesionais. (Leer.es)

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-06-2011 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ VERÁN!!!

MIK deséxavos a todos, nenos, nenas, profesorado e visitantes deste recanto, un verán moi feliz e cheo de aventuras e boas lecturas.

Para que empecedes pasándoo moi ben convídovos a colorear como máis vos guste este debuxo/foto que me fixeron na praia. Fai clic enriba para agrandar e despois imprímeo. Podes traermo cando volvas pola biblioteca, seguro que me gustará moito. MOITOS BIQUIÑOS RATUNOS!!


AH!! E non esquezas vir por aquí visitarme de cando en vez e contarme algo sobre os libros que estás lendo.

Comentarios (12) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 28-06-2011 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRANZAS DO 2010/2011
Aquí vos deixo un breve percorrido por algunhas das actividades que se levaron a cabo no centro durante o presente curso, para que vexades o ben que o pasamos. Aínda que esta presentación xa foi proxectada no festival de fin de curso que se celebrou o pasado mércores, traémola ao Recanto para que a disfruten todas aquelas persoas que non puideron estar con nós ese día:


Podedes ver e descargar este álbum AQUÍ

Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 28-06-2011 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
ALIMENTA O VERMIÑO DA LECTURA
Para conseguir e afianzar o hábito lector non debemos descoidar a lectura durante as vacacións de verán. Desde a web Profes.net propoñen o plan 20 minutos diarios de lectura. Para facilitar a tarefa podes imprimir a seguinte imaxe e riscar os días nos que lograches adicar eses 20 minutos a ler, así conseguirás que o vermiño "leotodo" estea ben alimentado:



Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 27-06-2011 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGADOR/A TOTAL!!
Clic para ampliar
Hoxe, o noso amiguiño MIK fixo entrega dos carnés de INVESTIGADOR/A TOTAL! aos nenos e nenas do centro que conseguiron todas as lupas cos traballos de investigación (e foron moitos!!). A nosa mascota e os seus estupendos axudantes percorreron as aulas e fixeron a entrega dos carnés e dos agasallos mentres aplaudíamos sen parar. PARABÉNS a todos/as polo esforzo e polos fantásticos traballos que fixestes durante todo o curso.



Podedes ver o resto das fotos AQUÍ



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 21-06-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO UN VERÁN LECTOR II
Aquí vos deixo as nosas recomendacións de lectura para este verán. Podes agrandar a imaxe premendo enriba dela ou descargala no teu PC facendo clic aquí.





Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 20-06-2011 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADIÑO 2011 ( II )
Os nenos e nenas do cole traballaron arreo en todas as propostas que fixo a biblioteca a través do noso amiguiño MIK, que sempre os agasallou cunha boa puñada de mikopuntos. E, por fin, chegou a hora de poder cambialos no mercadiño que tivo lugar durante toda a mañá do mércores e do xoves pasado. Todo o alumnado do centro pasou pola biblioteca, onde cadaquén puido investir os seus mikopuntos nalgún obxecto do seu gusto, xa que alí había moita variedade: libros, lápis, bolígrafos, camisetas, gorras, cadernos, puzzles... En fin, aquí os tendes nunha ilusionante xornada de compras:



Se queredes ver máis fotos, podedes acceder aos álbumes completos premendo a continuación na palabra que indica o curso:

Primeiro
Segundo
Cuarto

;
Quinto

Sexto

Infantil




Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 19-06-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN FARIAS
O pasado sábado, 11 de xuño, faleceu o escritor galego Juan Farias, un dos renovadores da literatura infantil e xuvenil actual. Ao longo desta semana puidemos ler en moitos blogs de bibliotecas escolares galegas e noutros especializados en literatura, fermosas e emotivas recensións sobre a súa vida e a súa obra, polo que non vou abondar nese aspecto. Desde este recanto queremos facer unha homenaxe sinxela, desde o agradecemento e a admiración, porque gracias a el descubrimos que a literatura para nenos/as podía escribirse con maiúsculas, porque tratou aos seus lectores con respecto, de igual a igual, sen intencións didácticas ou moralistas, coa única pretensión de facerlles chegar o seu riquísimo universo literario.
E así queremos lembralo, cun retrato que David Pintor realizou para a homenaxe que recibiu o escritor o pasado ano en Villaviciosa de Odón:

Preme para agrandar


No blog Literatura Infantil y Juvenil actual atopamos unha escolma de bitácoras que dan unha visión da grandeza deste escritor e da admiración que espertaba entre os lectores, escritores e amantes dos bos libros:

Juan Farias, por Alfredo Gómez Cerdá
Juan Farias, Siempre (Grupo de Facebook)
En la nueva vida de Juan Farias, por Gonzalo Moure
En memoria de Juan Farias: ‘El dibujante y su hijo una tarde de abril lluvioso’, en Darabuc
Adios, maestro, por Pep Bruno
Adiós a un escritor: Juan Farias, en Pizca de Papel
Juan Farias (1935-2011), en el blog de Anaya
Juan Farias, 1935-2011. In memoriam…, en el blog de Kalandraka
Juan Farias, adiós a un maestro de la literatura infantil, de Anabel Sáiz Ripoll
Hasta luego, maestro, por Mai
¡Hasta siempre, Juan!, por la FGSR
Juan Farias se fue, por Saltalarrana
Juan Farias, en La nube en la boca

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 18-06-2011 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRANZAS
Unha magnífica ilustración de Rodrigo Chao, chea de significado para os que tivemos a sorte de participar como membros do xurado dos Premios Merlín 2011 e que nos servirá como lembranza dos enriquecedores momentos compartidos cunhas persoas fantásticas. GRAZAS, RODRIGO!


(preme na imaxe para agrandar)

Comentarios (0) - Sección: Ilustración - Publicado o 17-06-2011 01:36
# Ligazón permanente a este artigo
AN ALFAYA, A ENCONTADORA E NÓS

Hai uns días a escritora An Alfaya mantivo un encontro cos nenos e nenas de 5º e 6º. Eles mesmos fan a crónica desta visita:

O pasado venres, día 10, veu visitarnos An Alfaya, a autora do libro "A ENCONTADORA", cuxa lectura tanto nos gustou. An foinos desvelando como crea as súas historias, en xeral, e en particular como artellou a que conta neste libro: datos nos que se baseou, persoas que lle inspiraron os personaxes e como elixiu os seus nomes...
En definitiva, que nos axudou a comprender mellor o libro, a que nos guste máis, a querer coñecer outras obras súas e ata nos animou a crear tamén nós historias.
Foi unha experiencia moi positiva e, como ademais vive preto do cole e é veciña dalgúns de nós, parece que ese marabilloso mundo da LITERATURA nos queda moito máis próximo.
MOITAS GRAZAS, AN!
Alumnado do 3º ciclo de Primaria.




Comentarios (2) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 16-06-2011 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats