O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MOCHILAS VIAXEIRAS: O REGRESO
Metid@s na voráxine que supoñen os últimos días de curso, facemos unha pausa para agradecer ás familias a boa acollida que dispensaron en xeral ás MOCHILAS VIAXEIRAS. Xa de volta todas elas e á espera de emprender o vindeiro curso unha nova aventura a través dos tesouros que transportan, rescatamos, con non pouca curiosidade, os "cadernos viaxeiros" onde as familias lectoras depositaron as súas impresións. E non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción polos resultados desta experiencia, á vista dos comentarios positivos que nos fan os participantes nesta actividade. E para mostra aquí vos deixo algunhas das anotacións:

















GRAZAS A TOD@S !!



Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 24-06-2008 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL FIN DE CURSO
O día 20 de xuño celebramos coas familias o fin do curso 07/08. Foi unha velada moi agradable onde todo o alumnado do Centro participou nas actividades programadas para este día. O festival xirou en torno aos nenos e nenas de 6º de Primaria, que acaban unha etapa no seu percorrido escolar e comenzan unha nova no Instituto. Quixemos ofrecerlles o noso cariño e o desexo de que a vida lles depare nesta nova andaina moitos éxitos.
Tamén o alumnado de E. I. de 5 anos recibiu unha pequena homenaxe xa que eles/elas deberán comenzar unha nova etapa o curso que vén.

PARABÉNS E MOITA SORTE !!




Xa podedes ver algunhas fotografías do festival de fin de curso. FOTOS


Comentarios (6) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 23-06-2008 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS FRESCAS

Xa saiu para os fogares a guía de lecturas recomendadas "Para este verán... lecturas frescas". Míraa detidamente e pensa que títulos che resultan máis atractivos. Despois lánzate á aventura de lelos durante estas vacacións...

















¡¡FELICES VACACIÓNS e BOAS LECTURAS!!

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 18-06-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
UN MEIGALLO MOI SALGADO
Co motivo das Letras galegas todo o alumnado do cole colaborou na creación deste conto colectivo. Os nenos e nenas de E. I. e 1º de E.P. foron os ilustradores e os demáis cursos encargáronse da redacción. Aquí tendes o resultado. Disfrutádeo!!



(Preme en OPEN PUBLICATION e despois en FULLSCREEN)

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 18-06-2008 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
E TOD@S A MERCAR...!!
Que mercadiño tan chulo e cantas cousas mercaron cos MIKOPUNTOS!! O día 13 de xuño FOI UNHA FESTA!! Todo o alumnado foi pasando pola Biblioteca cos seus mikopuntos, gañados nas actividades que se levaron a cabo durante o curso. Alí agardábaos a profe Cristina, que os axudaba a escoller os agasallos.

Grazas a Cristina e a Mik por este día tan especial.



Comentarios (7) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 14-06-2008 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN

Por fin o xoves, día 12, poidemos facer a tan esperada excursión, despois de tela que aplazar en varias ocasións. Ás 9 da mañá partimos coas nosas mochilas e un montón de ganas de pasalo ben. A pesar da tremenda calor todo saiu perfectamente e disfrutamos moito desta viaxe na que participou todo o alumnado do cole, dende infantil de tres anos ata sexto.

Visitamos un castelo, vimos como as abellas elaboran o mel, vimos traxes típicos das festas galegas, demos longos paseos á beira dun río, bailamos, cantamos e, por suposto, comemos moitos xelados...


Ah!! E tamén houbo... CHIKI, CHIKI!!

(deixa que cargue enteira unha vez para vela sen interrupcións)

VER FOTOS


Comentarios (10) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 14-06-2008 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
O VENRES, MERCADIÑO!!
Como remate das actividades da Biblioteca, o 13 de xuño poderás canxear os teus MIKOPUNTOS por regalos no mercadiño da Biblioteca. Non te esquezas e recolle os teus agasallos o vindeiro venres!!


O 13 de xuño, 1ª feira do libro de ocasión na Biblioteca


Reúne os teu MIKOPUNTOS e corre á BIBLIOTECA...!!

Comentarios (12) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-06-2008 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
PROXIMAMENTE...
Xa está cerca...


O vindeiro venres, día 13, poderás canxear os teus mikopuntos no mercadiño da Biblioteca. Haberá libros e outras sorpresas...

Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-06-2008 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
DISPARATES

Esta vez os nen@s de 5º obséquiannos con un traballo colaborativo no que participaron tod@s. O resultado, como veredes, é ben orixinal...
Parabéns, rapaces/as, facedes un equipo estupendo!!

Preme na imaxe


Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 05-06-2008 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA

No noso convencemento de que a familia xoga un papel fundamental no fomento do hábito lector, durante este curso a nosa biblioteca tentou acercarse ao entorno familiar, mediante as mochilas viaxeiras e outras actuacións, con resultados moi positivos. Agora que se aproximan as vacacións queremos facer con vós algunhas reflexións para que esa boa práctica de ler en familia, ou simplemente de ler, se reforce nesta época de ocio.

A formación de todo individuo depende de dous ambientes fundamentais: a familia e a escola. En principio, a creación de hábitos lectores, así como dos hábitos de comportamento, das actitudes e valores, áchase inicialmente na familia.
A escola non pode suplir a responsabilidade que corresponde á contorna familiar no achegamento ao libro. A creación dun hábito lector, a promoción e difusión da lectura, non son competencia única da escola. Son as familias as que propician o acercamento temperán do neno/a aos libros e por iso cremos que é moi conveniente convertirnos en FAMILIAS COMPROMETIDAS COA LECTURA.

DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA:

1. Unha familia comprometida coa lectura é aquela que anima aos seus fillos a ler ata antes de que estes o saiban facer. Deixan aos pequenos/as que investiguen, que se recreen mirando as ilustracións dos libros...

2. É aquela que conta contos aos seus fillos, que lles recita pequenas rimas, que enche os seus oídos de musicalidade e beleza.

3. É aquela que nunca forza a ler.

4. É unha familia que selecciona moi ben os libros dos seus fillos ( ata determinada idade ), valorando o feito de que as boas ilustracións axudan a formar o seu gusto pola arte e polo fermoso.

5. É aquela que dá exemplo de lectura a diario.

6. É aquela que comparte as lecturas dos seus fillos e fillas e xuntos coméntanas.

7. Unha familia comprometida coa lectura procura coñecer os gustos dos seus fillos e respéctaos no posible.

8. É unha familia que acode cos fillos aos lugares onde están os libros -librerías e bibliotecas-, e anímaos a facerse socios dalgunha biblioteca.

9. É aquela familia que fomenta o gusto e coidado da biblioteca persoal dos seus fillos, e que dispón para tal efecto dun espazo apropiado.

10. Unha familia comprometida coa lectura considera que a compra dun libro non é algo excepcional con motivo dunha celebración, aínda que nestas ocasións o libro ten que estar presente como agasallo, senón que o considera parte dos gastos de educación.

(Extraído de Plataforma educativa)

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-06-2008 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats