O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

AGARDANDO A CONCHA BLANCO
O próximo venres, 16 de maio, os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria recibirán na nosa biblioteca á escritora Concha Blanco con quen compartirán impresións sobre os libros que estiveron traballando este curso, A casa de cartón e Catuxa quere saber. Seguro que será un encontro fantástico!

Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 13-05-2014 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
EUROPA Á CARTA
Hoxe, o alumnado de terceiro e quinto de Primaria participaron nun obradoiro de animación á lectura promovido polo concello de Vigo en colaboración coa editorial galega OQO. Unha actividade moi acaída ao noso Proxecto Documental xa que fixemos un percorrido pola gastronomía tradicional de cinco países europeos: comezamos en Galicia, como non podía ser doutro xeito, e pasamos por varias comunidades españolas; a continuación visitamos Francia, Italia, Portugal e Polonia. Coñecemos un aspecto moi importante das diferentes culturas, a súa cociña tradicional e os pratos típicos destes pobos: o marmitako, escargots, tiramisú, pierogi, golabki, zurek, pierniki, quiche, crepes, risotto...
Despois, en equipo, tivemos que confeccionar o menú dun restaurante dun dos países visitados. Fixemos un traballo estupendo e promocionamos moi ben os nosos particulares e orixinais restaurantes (aínda que algún resultaba un pouquiño caro).

VER ÁLBUM
Podedes escribir nun comentario os nomes dos vosos restaurantes e de que país eran.
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 12-05-2014 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
"... A BELEZA FERIUME PARA SEMPRE"
Este ano adícasenlle as Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro, un poeta nado en Guitiriz (Lugo). Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
Nas seguintes ligazóns poedes acceder a moita información sobre a súa vida e obra, así como a diferentes actividades para Infantil e Primaria (preme nas imaxes):

http://seminariogalan.org/inicio/portada
ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR
(Seminario Galán)ACTIVIDADES INTERACTIVAS (Seminario Galán)

http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=22
http://www.poetadiazcastro.com/
a href=http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014;HOMENAXEADO 2014
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-05-2014 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU O MAIO AO NOSO COLE
Este venres sollío celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho, facendo colares e coroas de flores... Despois do recreo xuntámonos no patio para dar a nosa benvida á primavera. Arredor do noso "maio" todos os nenos e nenas foron cantando as coplas que tiñan preparadas e bailando moi acompasadamente un baile moi divertido. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Así empezou todo: as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado do cole foi recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, foron "vestindo" pouco a pouco o "maio" que loceu no centro do patio, este ano cun "detalle" especial no seu cume, e arredor do que se cantaron coplas e cantigas. Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración achegando os materiais necesarios para a construción do "maio".
Aquí tendes algunhas imaxes:


E así rematou a festa:
Os nosos parabéns ao alumnado e de novo o noso agradecemento ás familias que quixeron acompañarnos na nosa particular celebración da chegada da primavera.GRAZAS A TOD@S!Se queredes, podedes ver máis fotos AQUÍ e tamén AQUÍ
Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 09-05-2014 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CUN ARTISTA DA PALABRA
"UN ARTISTA DA PALABRA"
Hoxe, 7 de maio, recibimos a visita de Antonio García Teijeiro, escritor vigués do que temos moitos títulos na biblio do noso cole e do que este curso o alumnado de terceiro ciclo traballamos o seu libro "Na fogueira dos versos", unha marabilla poética das nosas letras.
Partindo dunha reflexión inicial do que é a poesía para nós, durante boa parte da mañá, Antonio falounos de cando comezou a escribir, de onde se inspira para as súas composicións, de como xorde un poema xogando coas palabras... Mesmo compuxemos con el unha fermosa poesía!
Grazas polo teu tempo e por ofrecernos tantas obras para poder encher as nosas vidas,
O ALUMNADO DE TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA
(Para ver álbum completo preme na imaxe)
Comentarios (2) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 07-05-2014 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO A GARCÍA TEIJEIRO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 06-05-2014 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
SABOROSÍSIMOS MENÚS PARA O PAPALIBROS
Xa temos os saborosísimos menús preparados polo noso alumnado e as súas familias para o noso particular restaurante PAPALIBROS. Como sempre, a resposta á convocatoria foi moi alta, polo que a creatividade e a orixinalidade enche os corredores da entrada da biblioteca. Moitos grupos de alumnos xa degustaron as exquisiteces que ofrece tan famoso restaurante. Supoñemos que con todas as "delicatessen" que se ofertan a afluencia de nenos, nenas e grandes será numerosísima. Quedades todos convidados a pasearvos polas instalacións e escoller os vosos "pratos" preferidos. Hai para todos os gustos, mesmo para os padais máis esixentes. Que non o credes? Pois aquí tendes a proba:PODEDES VER O ÁLBUM DE FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 01-05-2014 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats