O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CHARLAMOS CON...
... Carlos Covelo Gallego, profesor de E. Física do noso centro. O próximo 3 de xuño o alumnado do segundo ciclo ten unha cita na biblioteca para aprender moitas cousas sobre Alimentación e deporte, co que remataremos as actividades de procura de información relativas ao Proxecto Documental.
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 30-05-2014 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE MIKOPUNTOS DO TERCEIRO TRIMESTRE
Hoxe houbo colleita de MIKOPUNTOS!! Chegou MIK ás aulas e entregounos unha morea deles polos estupendos traballos que fixemos durante o trimestre. Agora só queda agardar polo día do mercadiño para investir as nosas ganancias en agasallos superchulos. Traballiño nos costou pero imos arrasar cos nosos petos cheos de mikopuntos!!
VER MÁIS
Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 29-05-2014 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
OS ALIMENTOS ESTÁN DE FESTA!!
Aquí está o conto creado e ilustrado polo alumnado do primeiro ciclo do Ceip Mestres Goldar. QUE CHULO!!

Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 25-05-2014 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
CASO CENORIA
Recén saídiño do forno!! Xa podemos gozar do "Caso Cenoria", o fantástico conto creado polos nenos e nenas do terceiro ciclo de EP, un misterio que deben resolver os protagonistas coa axuda de Mik. Fixádevos nos detalles das orixinais ilustracións, pasarédelo xenial!!

Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 20-05-2014 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA MAñÁ CON ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE
Hoxe, 19 de maio, tal e como xa se anunciara, estivo connosco o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue, último Premio Merlín de Literatura Infantil pola súa novela “O Castañeiro de Abril”, un dos títulos que este curso traballamos o alumnado de terceiro ciclo.
Antonio contounos o seu gusto pola lectura desde que era moi pequeniño e, como animado por amizades e persoas achegadas, decidiuse a escribir e a presentar a ese certame a súa obra. Falounos de que xeito foi xurdindo toda a armazón do libro: o narrador, os personaxes , o lugar da acción, o tempo no que trascorre… ; case todo baseado en vivencias, persoas e lugares do seu Pontedeume natal. Mantivemos con el un interesante diálogo sobre todos estes aspectos.
Tamén soubemos que a primeira obra que publicou, “Xildas”, está dedicado á súa sobriña antes de que a meniña nacese. Estamos desexando ter un exemplar na nosa biblio e lela; tén que ser moi interesante.
Por último, asinounos os libros cunhas dedicatorias moi afectuosas.
Grazas, Antonio.
VER ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-05-2014 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
O TRASNIÑO E O CHOCOLATE
Xa está aquí o fermoso conto creado e ilustrado polos nenos e nenas de E. Infantil como remate do seu proxecto documental sobre o chocolate. Lede, lede!! Veredes que chulo!!
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 19-05-2014 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
O CASTAÑEIRO DE ABRIL
O próximo luns, 19 de maio, os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria recibirán na nosa biblioteca ao escritor ANTONIO MANUEL FRAGA, con quen compartirán impresións sobre o fermoso libro que estiveron traballando este curso, O castañeiro de abril, obra gañadora do Premio Merlín 2013. Seguro que será un encontro fantástico!
Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 18-05-2014 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
COCIÑA DE CONTOS EN INFANTIL
A semana pasada, o alumnado de E. Infantil de 5 anos participou nunha saborosa actividade de animación á lectura: COCIÑA DE CONTOS.“Croco”, “A sopa queima” e “Sopa de nada” foron os protagonistas da sesión e leváronnos a cociñar exquisitos pratos. A animadora repartiu distintos alimentos que os nenos e nenas terían que debuxar en anacos de pratos de cartón. Para rematar, debían buscar aqueles anacos que completaran uns deliciosos pratos combinados listos para degustar. Quedounos moi apetitoso e pasámolo xenial!!
VER ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 17-05-2014 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS E LINGUAXE DE SIGNOS

Para a celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de EP participou nunha sesión de contacontos en linguaxe de signos a cargo de Beatriz Marcuño Alonso (mamá dunha nena do colexio) na voz, e Aránzazu Casas Avendaño na signación. A animación de “O retallo” mergullounos no conto de Sthéphane Servan e Cécile Bonbon, e con “Imos buscar un oso” versionaron o conto de Michael Rosen e Hellen Oxenbury, “Imos cazar un oso”. MOITAS GRAZAS, BEATRIZ e ARÁNZAZU, PASÁMOLO XENIAL!!!!!!


VER ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2014 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2014: X. M. DÍAZ CASTRO
Preme na imaxe para acceder aos recursos. Tamén tes unha ligazón no panel de navegación.
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 16-05-2014 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats