O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TRABALLO DOCUMENTAL E XOGOS OLÍMPICOS
O alumnado do centro anda metido de cheo nos labores de investigación arredor do proxecto documental de centro. Como sabedes (ver información anterior), nesta recta final toca traballar coas biografías e indagar nas vidas dos deportistas olímpicos que fixeron historia. Aquí vos deixo algunhas imaxes do estupendo traballo que están a realizar:
1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO

Comentarios (3) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 18-05-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS CON NOME PROPIO
EN ABRIL... LIBROS CON NOME PROPIO
Con este lema a biblioteca do centro está a promocionar os libros de biografías ao tempo que promove a actividade de creación escrita "Biografías olímpicas", ao fío do proxecto documental de centro. O alumnado debe buscar a información que necesita para elaborar a biografía dun deportista olímpico de calquera época. Trátase dunha actividade que reúne a busca e o tratamento da información e a creación literaria. Nos traballos tamén deberán ter en conta os aspectos estéticos na presentación da tarefa. Cos traballos presentados elaboraremos un  libro de BIOGRAFÍAS OLÍMPICAS para os fondos da biblioteca.



Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 18-05-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2012
O pasado venres celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho, facendo colares e coroas de flores... Despois do recreo xuntámonos no ximnasio para dar a nosa benvida á primavera, ao sol e ao bo tempo, que traerán beleza á paisaxe e riqueza aos campos. Arredor do noso "maio" todos os nenos e nenas foron cantando as coplas que tiñan preparadas. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Así empezou todo:


E así rematou:


Se queres, podes pasar un bo rato lendo as coplas AQUÍ

E se aínda vos pareceu pouco, tendes máis fotos e máis información na páxina web do cole e no blog do segundo ciclo.
Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-05-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
AÍ VEN O MAIO!!
No Mestres Goldar xa cheira a maio!!

Empezaron xa os primeiros preparativos para a celebración dos MAIOS no noso cole, unha festa que conleva moita actividade no Centro: preparación de murais, elaboración das coplas, construción do "maio"... As familias achegan os elementos naturais cos que o alumnado do cole irá recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, irán "vestindo" pouco a pouco o "maio" que lucirá no centro do patio e arredor do que se dirán as coplas e cantaranse cantigas.

A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao cambio estacional, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...



Moitos escritores da nosa terra trataron o "maio" como tema das súas obras. Tal foi o caso de Manuel Curros Enríquez, que no seu libro de poemas "Aires da miña terra" ten unha poesía titulada "O maio". E para que vaias facendo boca, podes escoitala a continuación, cantada por Luis Emilio Batallán:


(Publicado o 29-04-2008)

Se premes na imaxe de abaixo podes acceder a máis información na páxina do cole:





Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-05-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
AS HISTORIAS OLÍMPICAS DE 2º de EP
No coso cole temos estupendos escritores e escritoras que fan uns fantásticos contos. Para que pasedes uns momentos divertidos déixovos aquí as creacións destes artistas:

Comentarios (2) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 18-05-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS OLÍMPICOS
Dentro das actividades programadas para celebrar o Día do Libro, a biblioteca do centro convocou un certame de creación de "Marcapáxinas olímpicos", ao fío do proxecto documental de centro. A resposta das familias foi estupenda, como ven sendo habitual cada vez que solicitamos a súa participación, e como resultado temos na entrada do centro unha magnífica exposición cos traballos presentados. Convidámosvos a que a visitedes, seguro que vos vai encantar!
Para aqueles que non poidan acercarse a vela, aquí vos deixo as imaxes:

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 18-05-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ACTIVIDADE MOI RÍTMICA
Dentro das actividades programadas arredor do noso proxecto documental, hoxe tivemos a ocasión de disfrutar dunha fantástica exposición e dunha breve pero emocionante exhibición de ximnasia rítmica deportiva. Dúas ximnastas profesionais, Aiala e Silvia, pertencentes ao club Maniotas de Vigo, fixeron as delicias dos nenos e nenas que estiveron moi atentos a todas as súas explicacións. Así soubemos da cantidade de horas que invirten neste deporte tan fermoso como sacrificado e coñecemos algunhas das súas modalidades e aparatos. Ata houbo algunhas afortunadas que probaron as súas dotes para este deporte.
Ao final, Aiala sorprendeunos coa execución de parte da coreografía que presentará o seu equipo ao campionato de España. MOITA SORTE, AIALA, E MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS!!!
Aquí vos deixo as imaxes:


E aquí o vídeo:



Atoparedes outra reportaxe da actividade na páxina do cole.
Comentarios (1) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 18-05-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS SOBRE PAZ ANDRADE
Un novo Lim con actividades interactivas sobre Valentín Paz Andrade, dirixido ao alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Se queres facelo en pantalla completa, preme no cadradiño da esquina de arriba.







Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 05-05-2012 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats