O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

UXÍO NOVONEYRA, POETA DO CAUREL (LIM)
Para saber moitas cousas sobre Uxío Novoneyra podes facer as seguintes actividades:





Este libro dixital foi elaborado no Ceip Condesa de Fenosa.
Se queres traballar máis comodamente, a pantalla completa, preme AQUÍ

Tamén podedes acceder á nosa selección de recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras na seguinte ligazón: LETRAS GALEGAS 2010



Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-05-2010 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2010 ( I )
O pasado venres, día 7, celebramos no noso cole a festa dos MAIOS, despois dunha semana de traballo na que recompilamos información sobre a orixe, costumes e distintos xeitos de celebración desta festa, na que elaboramos coplas, aprendemos un complicado baile con cintas e construimos un maio tradicional. Como a choiva non nos permitiu facer uso dos patios, reunímonos no ximnasio para celebrar todos xuntos a chegada da primavera. Este ano houbo varias sorpresas: "maios humanos" e un fermoso baile con cintas ao compás da gaita galega, que tocou primorosamente o noso mestre de cerimonias, o profe Toniño, que como ben sabedes é compoñente do grupo "Treixadura", e que serviu como remate á celebración.
Moitísimas grazas ás familias pola súa asistencia ao acto e polas súas achegas para a construcción do maio.
Aquí tendes algunhas imaxes:




Se premes na imaxe de abaixo poderás ver máis fotos:

E estade atentos porque haberá máis información sobre esta xornada tan especial

E se queredes lembrar como foron os Maios do curso pasado só tendes que premer aquí: MAIOS E VUVOX
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 08-05-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
CONTARTE ( I )
Dentro das actividades previstas para o mes de abril, o alumnado do noso centro participou na segunda edición da campaña Contarte, promovida pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo, en colaboración coa editorial OQO, coa que se pretende achegarlles aos escolares o mundo da arte a través do álbum ilustrado.
Dun xeito orixinal e lúdico foméntase o desenvolvemento do espírito creativo dos cativos, ofrécenselles medios para aprender novas formas de mirar ao tempo que se incide no fomento do hábito lector.
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria gozaron dun obradoiro de animación á lectura, baseado no libro de OQO Pulga e Xigante. Nesta actividade recrearon os seus propios escenarios fantásticos nunha proposta plástica deseñada para fomentar a participación de todos os pequenos.
Así, os nenos e nenas participaron con entusiasmo nesta proposta creativa e aprenderon, a través da lectura do conto, como a mesma realidade pode interpretarse de xeitos moi distintos.



VER MÁIS FOTOS DA ACTIVIDADE


Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 07-05-2010 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
BANDA DESEÑADA CON FRAN BUENO
Outra das actividades levadas a cabo durante o Mes do Libro, programada conxuntamente co ENDL do centro, foi un obradoiro de Banda Deseñada a cargo do ilustrador e debuxante de cómics Fran Bueno, dirixido ao alumnado do 3º ciclo. E para compartir con vós esta experiencia elaboraron a crónica seguinte:
O día 14 de abril asistimos a un obradoiro de B. D. co artista santiagués Fran Bueno. Falounos do seu espléndido currículo cheo de traballos importantes de ilustración para libros de lecer e libros de texto, colaboracións en revistas ("Golfiños") e en animacións (Xabarín Club, da TVG), polo que acadou numerosos premios.
Explicounos a historia da BD, dende que naceu en EEUU ata o momento actual e comentounos o procedemento e as distintas fases na elaboración dun cómic:
- Ler o guion
- Debuxo a lápiz
- Tinteo
- Cor
- Rotulación
- Impresión
Gustounos moito todo o que nos contaba e tamén puidemos disfrutar dos seus debuxos e ilustracións.
Ao finalizar a charla asinou no Libro de Visitas da nosa biblioteca deixándonos un fantástico debuxo de "Galimatías".

GRACIAS, FRAN!!



Podes ler unha interesante entrevista a este artista na revista dixital Entrecomics
Algunhas creacións de Fran Bueno:





Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 06-05-2010 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN: ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS

Nos próximos días o noso centro acollerá a exposición Áreas Mariñas Protexidas, elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) coa finalidade de achegar este concepto ao público e á sociedade. Na exposición atoparemos información sobre:
- Recursos do mar
- Problemáticas de conservación
- A pesca en Galicia
- As Áreas Mariñas Protexidas

Esta exposición ten carácter itinerante e está a percorrer os centros escolares e outras institucións de Galicia coa intención de sensibilizar á poboación da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.


Atoparás ampla información na páxina web da exposición , con explicacións pormenorizadas dos paneis, arquivos de audio que se poden descargar, fichas didácticas para todos os niveis...
Unha interesantísima exposición coa que poderemos disfrutar e aprender



Comentarios (1) - Sección: Varios - Publicado o 05-05-2010 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
UNIDADES DIDÁCTICAS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010
Novos e interesantes recursos para traballar a figura de Uxío Novoneyra. No Ceip A Laxe elaboraron as seguintes unidades didácticas para o alumnado de Primaria:

Tamén podedes acceder á nosa selección de recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras na seguinte ligazón: LETRAS GALEGAS 2010

Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 02-05-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA EN FAMILIA

Outra das actividades organizadas dende a biblioteca do centro para conmemorar o Día Mundial do Libro foi esta proposta de "POESÍA EN FAMILIA" coa que se convidaba ao noso alumnado a realizar a recreación plástica dun poema en colaboración coas súas familias.
- Esta foi a convocatoria.
- Estes foron os poemas propostos (como vedes o tema dos mesmos é o libro e a lectura):

- E estes foron os resultados (aproveitamos para probar unha nova ferramenta que descubrimos grazas a Mesturas):


Queremos dar as grazas ás familias pola súa participación, polo seu traballo e entusiasmo, pola súa creatividade e orixinalidade e, en definitiva, por apoiar novamente as nosas propostas.

¡¡GRAZAS A TOD@S!!


(Podedes ver todas as imaxes AQUÍ )
Comentarios (6) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 01-05-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats