O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TRÉCOLA.COM
Traballando o estilo xornalístico en 2º de EP
AS NOVAS DA SEMANA:



Comentarios (12) - Sección: Trécola.com - Publicado o 24-05-2010 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
MARCOS CALVEIRO E O CARTEIRO DE BAGDAD
O venres, día 21, puidemos disfrutar da visita do escritor Marcos S. Calveiro, dentro das actividades programadas pola biblioteca para o mes das Letras. Aínda que comezou a publicar non hai moito, Marcos Calveiro xa ten recibido moitos premios e forma parte dun grupo de autores de literatura infantil e xuvenil que escriben en galego cunha cualidade incuestionable e recoñecida pola crítica e os editores.
Durante máis dunha hora mantivo unha amena charla co alumnado do 3º ciclo de Primaria na que falaron da excelente novela O carteiro de Bagdad, ( pola que acadou no 2007 o Premio Aladelta de literatura infantil e xuvenil), e que os tivera engaiolados durante moitos días. ¡Había tantas preguntas sobre aquel país, sobre os protagonistas, sobre o proceso creativo...! Marcos respondeu cada unha delas e falounos das súas viaxes, das súas fontes de inspiración, da súa infancia, dos seus gustos e afeccións, do seu amor á lectura e á nosa lingua... Nun relato cheo de anécdotas e de chiscadelas á rapazada confesounos que nun principio quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto, pero acabou exercendo de avogado.

Despois dunha longa conversa, Marcos asinou pacientemente os nosos exemplares.
¡GRACIAS, MARCOS, POR UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!
Para os maiores que queiran coñecer a súa obra, podemos recomendarvos a lectura de Festina lente, unha novela histórica publicada por edicións Xerais.
Tamén podes visitar o seu blog persoal Alfaias



Se queres ver todas as fotos preme na imaxe de abaixo:

E podedes ver os magníficos traballos que fixeron os nenos e nenas do 3º ciclo no blog: TI TAMÉN CONTAS

Comentarios (15) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-05-2010 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
O CASO DO LIBRO DESAPARECIDO
¡¡Un caso digno de Mik Holmes!! Neste vídeo un grupo de rapaces teñen que poñer as súas neuronas a funcionar para librarse dun castigo que non merecían:
(Da páxina Leer.es)




Comentarios (4) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 20-05-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
VIOLETA MONREAL
Dentro das actividades de animación á lectura que organiza a BIBLIOTECA do centro, o día 13 de maio visitounos a escritora e ilustradora Violeta Monreal. Nunha primeira sesión mantivo un encontro co alumnado de Infantil e a continuación foron os nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria os que disfrutaron cos seus traballos e comentarios. Mentres contestaba as numerosas preguntas do alumnado sobre os libros que leran e a súa protagonista (Pamela Panamá ya no cree en cuentos de Hadas e Pamela Panamá y el hechizo final) ela ía creando uns preciosos murais coa orixinal técnica do papel rasgado, demostrando unha admirable destreza e unha portentosa imaxinación.





PODEDES VER O ÁLBUM DE FOTOS PREMENDO NA IMAXE DE ABAIXO:



Se queres coñecer máis cousas sobre esta gran ilustradora e escritora aquí tes algunhas ligazóns interesantes:
UNHA ENTREVISTA A VIOLETA MONREAL
A SÚA VIDA
OS SEUS LIBROS

Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-05-2010 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010
No blog da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística atoparemos moitos recursos e materiais acerca de Uxío Novoneyra para traballar nos diferentes niveis do ensino, tanto en Primaria como en secundaria. Moitos destes recursos foron elaborados en centros escolares galegos.
Este díptico informativo, do Seminario Galán, pode ser empregado polos centros incluindo o seu nome e logotipo na parte inferior da portada (preme para agrandar):



Preme AQUÍ para descargalo en Pdf
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2010 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
17 DE MAIO DE 2010: UXÍO NOVONEYRA
Como ben sabedes, hoxe, no día grande das nosas letras, agasallamos a Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel. Despois de semanas de traballo na escola sobre esta figura irrepetible da nosa literatura, despois de ler sobre a súa vida e a súa obra, despois de ter aprendido e recitado moitos dos seus versos, deixamos aquí, como un homenaxe máis, o vídeo realizado polo alumnado do IES Lagoa de Antela. Así explican no seu blog o proceso de creación: "Por fin o noso vídeo sobre Uxío Novoneyra! Tivemos que fragmentalo para non rebaixar en exceso a calidade.
Grazas ás alumnas do club de lectura de 1º de BAC que quedaron o mediodía do luns (Beatriz, Úrsula, Isabel, Mirian e Noelia), ao polifacético Pablo e aos músicos Cristian e Miguel.
Esquecemos especificar que unha peza musical "roubámoslla" a Carlos Núñez e que as imaxes da Guerra Civil están baixadas da rede."

O noso agradecemento e os nosos parabéns por tan excelente traballo.







¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 16-05-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2010 (IV): 1º e 2º ciclo
Nun alarde de perfecta coordinación e organización, o alumnado do 1º ciclo participou na celebración coas súas coplas:



Non quedou atrás o alumnado do 2º ciclo, que foi capaz de espertar ao maio coas súas cantigas:



Os nosos parabéns ao alumnado e o noso agradecemento ás familias que quixeron acompañarnos na nosa particular celebración da chegada da primavera.
¡ GRACIAS A TOD@S!


Comentarios (5) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-05-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2010 (III): As coplas de Infantil
ASÍ EMPEZOU TODO:



E APARECERON OS DE TRES ANOS...


OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS TAMÉN O FIXERON XENIAL:


¿E OS DE CINCO? POIS... ¡ESPECTACULARES!


Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-05-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2010 (II): Coplas e baile
Aquí están dous dos momentos estelares da nosa celebración dos Maios: as coplas de sexto e o baile das cintas. ¡DISFRUTADE!




¡Un traballo excelente! ¡PARABÉNS!


Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-05-2010 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
ACHEGÁNDONOS A UXÍO NOVONEYRA
Nesta semana de traballo arredor da figura de Uxío Novoneyra e do Día das Letras Galegas achégovos uns interesantes materiais elaborados en diferentes centros escolares.
Dende o ENDL do IES Elviña:

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...


uxío novoneyra 2mil10
Visto en GalegoXXI

Dende o CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo, unha presentación elaborada por tres alumnos de 5º de EP:
Visto en Escola de Ismaíl

Dende o ENDL do Ceip Otero Pedrayo, unhas unidades didácticas para E. Infantil e os tres ciclos de EP (preme enriba da imaxe):



Máis recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras: LETRAS GALEGAS 2010

Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-05-2010 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats