O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

VUVOX E MAIOS
1, 2, 3... Probando, probando...
Aquí vos deixo o resultado das primeiras probas cunha aplicación en línea (VUVOX) para presentacións cunha estética diferente. Pódense facer presentacións moi "resultonas", dependendo das habilidades de cada quen. Paga a pena ver os exemplos para ter unha idea das posibilidades que ofrece. E como aínda vos debía a reportaxe da festa dos maios... aquí vai. Espero que vos guste.
(Cando atopes algún símbolo nunha imaxe, pasa o rato enriba del e aparecerá unha sorpresa)



Pero tamén podes ver AQUÍ as fotos "ao estilo clásico"
Comentarios (11) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 13-05-2009 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
O NENO QUE QUERÍA VER O TREN
Para que sigades aprendendo cousas da vida de Ramón Piñeiro, aquí vos deixo un estupendo vídeo didáctico baseado nas súas memorias, dirixido ao alumnado de Primaria e realizado polo CPI dos Dices.




(Visto en Biblosbardos)


Máis RECURSOS para as LETRAS GALEGAS 2009

Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-05-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
O RAP DA LINGUA

Dende o Ceip Mestre Martínez Alonso chéganos este Rap da Lingua do grupo Migallas, incluido no seu disco CANTA CONNOSCO.
Disfrútao:





Se queres aprender a letra preme AQUÍ



Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 10-05-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
ONDE ESTÁN?
Ola, amig@s!

Acabo de recibir unha carta do pirata Patapalo na que nos pide axuda urxente. A cousa é que debe averiguar o lugar onde está enterrado un tesouro fantástico para o que precisa da vosa colaboración, pois sabe moi ben que sodes uns excelentes investigadores. Envíanos unhas preciosas fotografías dunhas árbores marabillosas orixinarias dese misterioso país:








Poñamos a proba a vosa pericia buscando información en internet e a ver esas familias pensadoras que tal navegan pola rede. Aquí van algunhas pistas:
- Estas especies son únicas no mundo
- Son orixinarias dunhas illas consideradas un dos poucos paraísos do planeta, onde unha porcentaxe moi alta da súa flora e fauna non existe en ningunha outra parte do mundo
- Este lugar pertence a un país dos máis inseguros e perigosos do Oriente Medio. É un país islámico

Agardo que estas pistas sexan suficientes, ou precisades máis?? (claro que así xa seriades investigadores de menos estralos...)

ÁNIMO E A INVESTIGAR!!! O PIRATA PATAPALO AGARDA!!


Comentarios (9) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 09-05-2009 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
AGRADECEMENTOS
Hoxe recibimos de Ler e escribir o precioso selo "Mira que blog Maneiro" polo que queremos aproveitar este momento para dárllelas gracias novamente a todos os que tan garimosamente nos agasallastes con esta distinción:
Ler e escribir
O niño da curuxa (Ceip Os Muiños)
e por suposto a Mario Aller de Contomundi e A escola de Ismaíl por esta e outras mencións.

Tamén quero agradecer o "selo violeta" a cantos nos considerastes merecentes del así como do "caminamos juntas" e "este blog é uma Xóia". Estes agasallos dannos pulo para continuar aportando o noso granciño de area dentro da blogosfera educativa.

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS!!!

Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 09-05-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
CADEA POÉTICA POR BENEDETTI
Apoiando a proposta de Pilar del Río, e que coñecemos a través de Biblosbardos, transcribimos literalmente parte da entrada deste blog coa explicación da proposta. Engadimos tamén a acertada selección de poemas que fan estes compañeiros:
Mario Benedetti atópase hospitalizado dende a semana pasada nun hospital de Montevideo en situación bastante grave.
Pilar del Río, esposa de Saramago, e mais un grupo de amigos do poeta propuxeron formar unha cadea poética pola súa saúde a través do blog da fundación Saramago.
Aquí tedes a mensaxe enviada por Pilar:
"Mario Benedetti está pasando horas malas. Hemos pensado que podíamos ponernos a leer sus poemas por todo el mundo y así ayudarlo en este momento. Un poema, por si no tenéis algún libro suyo a mano. Y por si queréis pasarlo a otros amigos."


HASTA MAÑANA
Voy a cerrar los ojos en voz baja
voy a meterme a tientas en el sueño.
En este instante el odio no trabaja
para la muerte, que es su pobre dueño
la voluntad suspende su latido
y yo me siento lejos, tan pequeño
que a Dios invoco, pero no le pido
nada, con tal de compartir apenas
este universo que hemos conseguido
por las malas y a veces por las buenas.
¿Por qué el mundo soñado no es el mismo
que este mundo de muerte a manos llenas?
Mi pesadilla es siempre el optimismo:
me duermo débil, sueño que soy fuerte,
pero el futuro aguarda. Es un abismo.
No me lo digan cuando me despierte.


Poemas recitados polo propio autor:



E agora escoita na voz de Nacha Guevara dous fermosos poemas de Benedetti:


Outro elo desta cadea en O Segrel do Penedo

Comentarios (4) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-05-2009 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
FALA CON ALICE!
Un exemplo de robot con intelixencia artificial. Xa non tés que viaxar a outro país para practicar o inglés. Podes chatear con Alice de calquera cousa que ela seguirache a conversa. Unha entretida maneira de practicar o que aprendiches na escola.


Escribe o que queres dicirlle ou preguntarlle a Alice dentro da caixa e preme intro. Ela contestarache de viva voz. Contarache a súa vida, podedes falar do tempo, das aficións, do que ti queiras. Téntao, verás como ademáis de aprender e practicar o inglés tamén te divirtes. (Preme na imaxe para empezar)


Comentarios (3) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 01-05-2009 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats