O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TECNOLOXÍA DIVERTIDA
RESPONDE ÁS PREGUNTAS DESTE TEST E AVERIGUA O QUE SABES DE TECNOLOXÍA:

Comentarios (3) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 31-05-2009 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
ENIGMAS

Para o tempo de lecer, mentres aproveitamos o solciño e repousamos o corpo, podemos activar as nosas neuronas e facer un pouco de ximnasia mental. Déixovos dous enigmas sinxelos para ir practicando, logo virán os de sacar nota.

O PRIMEIRO:
Deberás completar a árbore xenealóxica en base ás pistas que se dan a continuación, referidas só aos integrantes da familia, sendo dous deles Xosé e Francisca.



Pistas:

1. Ana está casada con Pedro
2. Xurxo e Camila son irmáns
3. Felipe e Xurxo son cuñados
4. O 1° apelido de Xan é distinto ao do seu avó
5. Ana ten só dous fillos(as), do mesmo xeito que María e que Pedro
6. Pablo e Felipe son pai e fillo (non necesariamente nesa orde)
7. Constanza ten un irmán menor e unha irmá maior

O SEGUNDO:

Tres amigos teñen unha barca común e queren arranxar de tal xeito que cada un deles poida utilizala en calquera instante sen que ningún estraño poida levarlla. Para iso pensan atar a barca cunha cadea pechada por tres candados, cada un dos cales ábrese cunha chave diferente.
Cada un dos amigos ten unha soa chave, pero con ela pode coller a barca sen esperar a que cheguen os outros coas súas chaves.
Que fixeron para conseguilo?


Comentarios (8) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 30-05-2009 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
A SORPRESA DE MIK
Que sorte!! Mik tíñanos preparada unha sorpresa!!
O pasado luns recibimos unha carta de Mik na que nos convocaba a todos para o día seguinte no salón de actos. O alumnado debía acudir co traballo que realizara para o Día mundial do libro en colaboración coa familia. E alí nos presentamos puntuais, impacientes por saber que argallara o noso ratiño.
Cando chegamos, o profe Carlos leunos un precioso conto por encargo de Mik, UNHA MANCHEA DE BICOS, que nos encantou e que nos fixo pensar.
Despois o alumnado foi subindo ao escenario para mostrar e explicar os traballos cos que participaran no certame "Cartel e lema", para recibir, a continuación, o agasallo de Mik. Foi un acto sinxelo pero moi bonito no que puidemos apreciar como os nosos nenos e nenas son cada vez máis e mellores lectores e lectoras.

Gracias, Mik !!




Se queres xa podes ver algunhas fotos da excursión ao parque de A CANUDA (preme na imaxe de abaixo):

A CANUDA - maio 09


Comentarios (15) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 28-05-2009 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
IDA
Canto daría DARWIN por coñecer a Ida? Que non sabes quen é Ida? Pois Ida é un parente teu, e meu, e de todos os seres humanos e dos primates, que viviu hai 47 millóns de anos!! En honor a Darwin esta especie foi bautizada co nome “Darwinius masillae” e son os restos máis antigos relacionados coa evolución humana. Din os seus descubridores que podemos consideralos a “octava marabilla do mundo”, xa que supoñen unha conexión entre os humanos e o resto dos animais (o elo perdido?). Seguriño que Darwin estaría emocionado pois o seu estado de conservación é excelente e mesmo se atoparon restos fosilizados de comida (froitas, sementes, follas...)
A pobre Ida morreu nova, aos nove meses, debido á fractura dunha man, o que lle impediría procurar a comida ao non poder trepar e ter a súa movilidade moi limitada. Finalmente afundiuse na auga e unhas condicións moi favorables permitiron que se conservara ata os nosos días. Incrible!!
Os restos de Ida foron descubertos en 1983 e vendidos por partes a coleccionistas privados. Unha vez recuperados iniciouse a restauración, que finalizou agora, para disfrute e admiración de todos nós. Poida que Darwin sorría dende a eternidade...

Comentarios (1) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 24-05-2009 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
DE XIRA
Hoxe o alumnado de 5º e 6º foi ao Ceip Canicouva a cumplir co compromiso que tiñamos con este centro dende o curso pasado, no que fomos nós os anfitrións e recibimos e disfrutamos do bo facer duns prometedores actores e actrices. Pois ben, nos días anteriores á representación todo eran nervios e ensaios para que todo saíra á perfección. Por fin chegou o día e alá marcharon cheos de ilusión. O resultado foi magnífico, tal e como nos relata na súa crónica e reportaxe gráfica a nosa enviada especial, a profe Cristina:

Hoxe fomos de visita ó colexio "Canicueva".
Alá fomos toda a troup da
"vaca marela". Tíñamos un compromiso con eles dende o ano pasado, corresponder á súa xenerosidade visitándoos coas nosas "cousas" tal como eles fixeran. A acollida foi moi boa, e a pesar dos nervos e das présas, a nosa "vaca" (Hª da Astronomía) gustolle a todos/as e así nolo transmitiron.
Ao rematar, piscolabis para os rapaces e acompañantes e ¡de volta a casa!
(Esta cronista notou que os rapaces de hoxendía non están en forma, viñeron abafados/as todo o camiño de volta e chegaron -según eles- medio mortos)
Moitas grazas ao colexio Canicouva pola súa acollida e esperámolos o ano que vén.

E agora a reportaxe gráfica:



Reiteramos o noso agradecemento ao profesorado e alumnado do Ceip Canicouva .
ATA A PRÓXIMA!!

VER MÁIS FOTOS

Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 22-05-2009 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
VISITANDO A BIBLIOTECA CENTRAL...

O día 19 de maio, o alumnado de 2º de EP visitou a Biblioteca Central de Vigo, actividade para a Formación de Usuarios programada pola biblioteca do centro e que pertence ao programa "Vigo por dentro", conxunto de visitas didácticas que oferta o Concello.
Resultou unha experiencia moi satisfactoria para tod@s. Puideron ler, falar, tocar, escoitar... Alí descubriron libros fantásticos, que anotaron para pedirllos a Mik, e mesmo quedaron abraiados cando a bibliotecaria lles ensinou un libro para os que non lles gusta ler!!

En definitiva, unha ocasión na que aprender convírtese nun auténtico placer.

Comentarios (16) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 20-05-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
ATA SEMPRE, MARIO

Hoxe recibimos a triste noticia do falecemento do grande escritor uruguaio Mario Benedetti. Vaia dende aquí a nosa homenaxe ao escritor e ao ser humano, exemplo de compromiso, dignidade e honestidade. Grazas, Mario, por todo o que nos deches e por todo o que nos deixas.


Te dejo con tu vida
tu trabajo
tu gente
con tus puestas de sol
y tus amaneceres.

Sembrando tu confianza
te dejo junto al mundo
derrotando imposibles
segura sin seguro.

Te dejo frente al mar
descifrándote sola
sin mi pregunta a ciegas
sin mi respuesta rota.

Te dejo sin mis dudas
pobres y malheridas
sin mis inmadureces
sin mi veteranía.

Pero tampoco creas
a pie juntillas todo
no creas nunca creas
este falso abandono.

Estaré donde menos
lo esperes
por ejemplo
en un árbol añoso
de oscuros cabeceos.

Estaré en un lejano
horizonte sin horas
en la huella del tacto
en tu sombra y mi sombra.

Estaré repartido
en cuatro o cinco pibes
de esos que vos mirás
y enseguida te siguen.

Y ojalá pueda estar
de tu sueño en la red
esperando tus ojos
y mirándote.

MÁIS POEMAS DE MARIO BENEDETTI AQUÍ E AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 18-05-2009 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
PONTE A PROBA
E como remate deste día de festa, un xogo de estratexia. Terás que xogar contra o ordenador pero advírtoche que é moi listo e resulta complicado gañarlle. ATRÉVESTE??
Se o consigues podes considerarte dign@ de figurar nos anales da historia... ah! e non dubides en facérnolo saber para concederche a medalla ao mérito intelectual.


Trátase de facer unha liña en vertical, horizontal ou diagonal con cinco X, a máquina xogará con O
(Preme na imaxe para empezar a xogar)


Visto en: Escola de Ismaíl
Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 18-05-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
LINGUA DE TOD@S
LINGUA DE TOD@S

No Día das Letras Galegas no que homenaxeamos a Ramón Piñeiro López, figura senlleira dentro da cultura galega, lembramos as súas palabras:
"Para que unha comunidade humana teña categoría de pobo, para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu. E un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia, que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial." Ramón Piñeiro

O ser humano sinte que pertence a unha comunidade dende o momento en que se expresa na lingua desa comunidade. A lingua é, pois, o elemento integrador por excelencia:



Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS NA BOCA PALABRAS MILENARIAS...
Co seguinte vídeo pretendemos facer unha homenaxe á nosa lingua na víspera do día grande das nosas letras. Os protagonistas son un grupo de alumn@s do IES de Ames para o primeiro capítulo do programa "Ben falado" da TVG.
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.
Escoita atentamente o que nos din, poida que nos sirva para reflexionar...

QUE PENSAS TI??


Comentarios (2) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 16-05-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats