O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

APADRIÑAMENTO LECTOR: SORTEOS
Hoxe realizáronse os sorteos para a gran cita lectora que se levará a cabo mañá, mércores, durante a hora de ler. Os nenos e nenas de E. Infantil e o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria recibiron nas súas aulas aos padriños e madriñas que os acompañarán un ano máis nunha aventura chea de emocións que permanecerán nos nosos corazóns ao longo do tempo. Así, un pouco nerviosos pola responsabilidade, os nenos e nenas de CUARTO visitaron coas súas preciosas tarxetas aos compañeir@s de PRIMEIRO para proceder, como vén sendo habitual, ao sorteo de afillad@s, aos que se presentaron individualmente dun xeito moi agarimoso:

Ver máis FOTOS AQUÍ


O nenos e nenas de TERCEIRO DE EP visitaron a aula de SEGUNDO DE EP:


Ver máis FOTOS AQUÍ
E por último, o alumnado de QUINTO e SEXTO de EP visitaron as aulas de E. INFANTIL:






Ver máis fotos AQUÍ

FOI FANTÁSTICO!!! PARABÉNS A TOD@S!!! VÉMONOS MAÑÁ!!!
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 25-04-2017 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Mañá, venres, o alumnado de QUINTO e SEXTO de EP recibirán na biblioteca a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor do libro MIL COUSAS PODEN PASAR, co que compartirán tempo e conversa sobre a lectura desta obra.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 20-04-2017 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO 2017: APADRIÑAMENTO LECTOR I
Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, a biblioteca do centro convocou unha nova edición da actividade de apadriñamento lector que, xunto con outras propostas, servirá para incidir na importancia dos libros e da lectura para a formación das persoas, ampliando horizontes de coñecemento do mundo e de nós mesmos. Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase na busca de historias, preparación de lecturas, elaboración de tarxetas lectoras... Unha morea de tarefas ateigadas de ilusión.
Aquí vos deixo algunhas das preciosas tarxetas de presentación que xa están listas para o gran día:

Como curiosidade, sabedes que este ano foi escollida Conakry (capital de Guinea) como capital mundial do libro??
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co motivo do Día Mundial do Libro e del Dereito de Autor
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 20-04-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2017
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.

Fonte: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 20-04-2017 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON MARÍA CANOSA
Os nenos e nenas de TERCEIRO recibiron con moito entusiasmo a visita de María Canosa, autora de Rubicundo, o libro que estiveron lendo e compartindo o pasado trimestre. Moi entregados, escoitaron con atención o relato da escritora e formuláronlle preguntas moi atinadas sobre a súa vida e a súa obra.
Tamén elaboraron un precioso mural co que agradeceron a súa presencia.
Para finalizar o encontro, María asinou todos os exemplares.
GRAZAS, MARÍA!!!
PARA VER MÁIS FOTOS, CLIC AQUÍ
Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 20-04-2017 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON MARÍA CANOSA
O próximo día 20 o alumnado de terceiro de Primaria recibirá a visita de María Canosa, autora do libro que están lendo e traballando, RUBICUNDO. Seguro que será un encontro moi interesante!!Estaremos pendentes para que nos contedes os detalles!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 18-04-2017 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ
Así de contentos e entusiasmad@s estaban hoxe os nenos e nenas de PRIMEIRO de EP durante a visita do escritor ourensán IAGO LÓPEZ:

Fonte: http://ocurrunchodoprimeirociclo.blogspot.com.es/
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 03-04-2017 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats