O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

UN GATO POETA QUE ENFEITIZA
Polo camiño dos soños e das ilusións, chegou hoxe á nosa biblioteca o magnífico poeta Fran Alonso. Escoitando as súas palabras quedamos engaiolados, enfeitizados, POETIZADOS... Convidounos a escribir, a sentir e a vivir a poesía, o que xa tentamos facer desde que tivemos a sorte de atoparnos co seu gato poeta. Con el rimos, reflexionamos, aprendemos...
Grazas, Fran, polo teu tempo e polos teus poemas, por regalarnos o teu gato, por descubrirnos un mundo de POESÍA, por facer que os versos aniñen nos nosos soños. Unha aperta.

Nenas e nenos de 4º de EP.
VER MÁIS FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 30-04-2014 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE ALIMENTACIÓN
Actividades interactivas para traballar a alimentación, distribuídas en dous bloques, dentro do Proxecto Documental do centro, dirixidas ao segundo e terceiro ciclos de EP.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_alimentos_bloque1/lim.swf?libro=alimentacion_1.lim


https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_alimentos_bloque2/alimentacion_2.html
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 26-04-2014 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS
Un ano máis, no Día do Libro e os Dereitos de Autor/a, a lectura espallouse por todo o centro: as madriñas e padriños lectores fixeron de excelentes contacontos e os afillad@s corresponderon prestando moita atención, convertindo o patio do recreo nun espazo de conto, de fantasía e de maxia.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Cando a música cesou, o aire encheuse de historias fantásticas que facían sorrir aos máis pequenos e que levaban moi lonxe os pensamentos dacabalo das fermosas palabras que xurdían dos libros. A imaxinación viaxaba ao tempo que os padriños e madriñas lían con agarimo páxina tras páxina... Ao rematar a actividade, alumnado e profesorado regresamos ás nosas aulas cunha agradable sensación e co desexo de que esta iniciativa sexa a semente que faga agromar en todos nós un permanente interés polos libros e a lectura.
Pero as imaxes falan por si soas:

MOITAS MÁIS IMAXES AQUÍ
Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 23-04-2014 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES: O SORTEO
Hoxe tivemos o encontro nas aulas entre padriños e madriñas cos seus afillados e afilladas. Foi moi emocionante!! Os nenos e nenas do segundo ciclo visitaron as aulas dos que serían os seus afillados e afilladas despois de efectuar un emocionante sorteo utilizando as tarxetas lectoras que xa preperaran con moito agarimo nos días anteriores. Moi formales, fixeron as presentacións entre eles, tal e como requería o noso particular protocolo para unha cita tan especial, e os nenos e nenas de primeiro agasallaron aos seus padriños e madriñas cunha sorpresa moi doce. MOITAS GRAZAS!! Agora só queda agardar que mañá teñamos un día espléndido que nos permita gozar ao aire libre duns momentos fantásticos de lecturas compartidas.
PARA VER ÁLBUM DE FOTOS DO ENCONTRO DE 1º E 3º, PREME AQUÍ:


PARA VER ÁLBUM DE FOTOS DO ENCONTRO DE 2º E 4º, PREME AQUÍ:


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 22-04-2014 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO: CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS
Como todos os anos, para poñer de relevancia o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, a biblioteca do centro convoca un certame no que se solicita a participación das familias do noso alumnado. Nesta ocasión pedimos a elaboración dun artístico "MENÚ" para o noso restaurante "PAPALIBROS", aberto desde a semana pasada na entrada da biblioteca para a degustación dos singulares pratos que se serven para alimentar a imaxinación.

OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA foron os encargados de repartir e explicar polas aulas o contido da convocatoria e de animar ao alumnado a que participasen coas súas familias (ver fotos nas aulas de Primaria):

Se queres ver o texto da convocatoria preme na imaxe de abaixo:
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 14-04-2014 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
TARXETAS LECTORAS PARA O 23 DE ABRIL
O próximo 23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola sexta edición!!!), entre outras actuacións programadas para celebrar esta data. Como é habitual, durante esta semana realizáronse con entusiasmo algúns dos preparativos: os padriños e madriñas escolleron os libros que prepararán concienzudamente para a súa lectura e elaboraron e decoraron as tarxetas lectoras coas que se realizarán os sorteos de afillad@s no día anterior á cita lectora. Á espera dese día, no que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s, podedes ir vendo as artísticas tarxetas lectoras de 3º de EP (preme na imaxe):

Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 12-04-2014 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE MIKOPUNTOS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Hoxe tivemos unha visita moi agardada. Chegou MIK ás aulas cos MIKOPUNTOS que conseguiron os nenos e nenas polos estupendos traballos que fixeron durante o trimestre. Hai que ver canto traballaron!! O "banco" de MIK vai quedar sen fondos a este paso. Algúns xa son auténticos millonari@s en MIKOPUNTOS!! Moi ben, rapaces!!! A seguir traballando!!! Se queres ver o content@s que estaban tod@s, preme na imaxe de abaixo:

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 08-04-2014 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
OS ALIMENTOS ESTÁN DE FESTA
O alumnado do 1º ciclo acaba de publicar no seu blog de aula o conto colectivo que eles mesmos crearon e ilustraron ao fío do Proxecto Documental que se está levando a cabo no centro sobre a alimentación. Como eles din: UN AUTÉNTICO BESTSELLER!! PARABÉNS, RAPACES, ESTÁ CHULÍSIMO!!!
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 04-04-2014 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats