O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO - ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES LIM: O TEATRO DA VIDA, elaborada por Quini Freixeiro, Ceip Condesa de Fenosa)






Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 27-04-2013 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO - PROCURA DO TESOURO
PROCURA DO TESOURO, elaborada por Quini Freixeiro (Ceip Condesa de Fenosa) coa tarefa de cubrir unha ficha con datas, títulos, compañía que representou a obra, premio acadado (se o houber) e autor do orixinal adaptado (no caso de ser unha adaptación).



Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 27-04-2013 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDO CICLO INVESTIGA
Os nenos e nenas do segundo ciclo están metidos en plena voráxine investigadora. Cada equipo busca as fontes de información, selecciona, le, resume, escribe, comproba, cotexa... Son auténticos detectives da información e están facendo un espléndido traballo!! PARABÉNS!!
SEGUNDO CICLO INVESTIGA on PhotoPeach

Premendo na imaxe de abaixo podes ver algunhas das súas fontes (materiais achegados polas familias e a biblioteca do centro para a busca e exposición no seu ciclo):
Comentarios (1) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 26-04-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR: DE NOVO, A EMOCIÓN...
O día 23 de abril, Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, vivimos no noso
centro una nova xornada de lecturas compartidas e, a pesar de tratarse da quinta convocatoria, a ilusión e a emoción invadiu, una vez máis, os lugares e as persoas. No ambiente, a alegría da festa e a "seriedade" que conleva unha actividade que transmite unha morea de sensacións máis alá da propia experiencia lectora. Como é habitual, nos días previos realizáronse con entusiasmo todos os preparativos:
Os padriños e madriñas escolleron os libros e prepararon concienzudamente a súa lectura, elaboraron e decoraron as súas tarxetas lectoras coas que se realizarían os sorteos de afillad@s,



visitaron as aulas para contactar cos compañeir@s que escoitarían os seus relatos...

e, por fin, reuníronse no patio enchendo de historias todos os currunchos do centro...

Cando tod@s estaban preparad@s nalgún lugar do patio, a profe Rocío, acompañada de MIK que portaba a pancarta co lema "LEMOS XUNTOS", presentou a actividade:



Despois, os murmurios e os sorrisos dos que contaban e dos que escoitaban...



Para rematar, houbo sorpresa: o mundo máxico dos libros abriuse para agasallar a todo o alumnado do centro que recibiron cadanseu marcapáxinas, un pin de MIK e moreas de caramelos...



Os afillados e afilladas entregaron as súas tarxetas de agradecemento aos seus padriños e madriñas:





PARABÉNS, NENAS E NENOS, POR FACER QUE ESTE DÍA SEXA INESQUECIBLE!!


(Tamén podes ver a crónica deste día xenial no Curruncho do Primeiro Ciclo)
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 25-04-2013 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
23 ABRIL: DÍA DO LIBRO




Non deixes de pasar pola biblioteca pois xa sabedes que...
EN ABRIL, LIBROS MIL...



Autor:  Peter Reynolds
Procedencia da imaxe: http://bibliolectors.tumblr.com/


En abril os libros florecen nas árbores (ilustración de Eva Garcés)

Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 15-04-2013 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
MADRIÑAS E PADRIÑOS, UN CURSO MÁIS


UNHA NOVA CARTA DE MIK!! QUE PASARÁ DESTA VEZ??


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 15-04-2013 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
OS RETOS DE PINGUIÑA
Dentro das actividades propostas pola biblioteca arredor do PDI sobre a AUGA, levamos a cabo un xogo/reto que nos serviría para ampliar o noso vocabulario sobre a auga. Participou todo o alumnado do centro coa nosa Pinguiña de mestra de ceremonias. O xogo consistía en que cada curso/nivel tería que preparar un grupo de palabras aprendendo o seu significado ou significados e atopar a definición entre as posibilidades que se lles presentaban. Por suposto, o nivel de dificultade variaba segundo a idade do alumnado. Cada vez que se relacionaba A PALABRA CORRECTAMENTE CO SEU SIGNIFICADO os nenos e nenas que as portaban terían que abrazarse. Foi moi divertido ao tempo que moi proveitoso. PARABÉNS!!
Primeiro chegou una
carta de Pinguiña, dando as instrucións: cada curso coas súas palabras e definicións escritas en cartolinas de cores..., despois os días de traballo entre todos e todas agardando a visita de Pinguiña e, por fin!, a chegada da nosa amiga ás aulas, acompañada dunha misteriosa maleta...

PASÁMOLO REQUETEBÉN! GRAZAS PINGUIÑA!! Se queredes ver o ben que o pasaron premede nos pés de foto.
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 1º CICLO
O RETO DE PINGUIÑA EN 3ºEP
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 4º EP
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 5ºEP
 
O RETO DE PINGUIÑA EN 6º EP

O RETO DE PINGUIÑA EN EI


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 15-04-2013 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA 2013

Na semana do 18 ao 21 de marzo celebramos no cole a chegada da primavera cun recitado de poesía no que participa todo o alumnado do centro e que xa vai pola 5ª edición!! Trátase dunha actividade con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas que preparan os seus poemas concienzudamente, lendo, analizando, ensaiando, memorizando...   Un curso máis, queremos felicitar a tod@s polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!

Preme na imaxe para ver o álbum de fotos
MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO!!


VER CRÓNICA NO CURRUNCHO DO 1º CICLO
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 13-04-2013 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
VISITOUNOS JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
O 22 de marzo tivemos a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que nesta ocasión compartiu conversa co alumnado de 1º ciclo e de 4º de EP arredor das obras que estiveron lendo este trimestre: A pedra e as formigas (2º), A gardería de Dona Bixelmina (1º) e Mil cousas poden pasar (4º)



VER ÁLBUM FOTOS 1º

VER ÁLBUM FOTOS 4º

CRÓNICA DA VISITA NO CURRUNCHO DO 1º CICLO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 13-04-2013 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
OLLOS DE AULA, UNHA REVISTA DIXITAL PARA AS FAMILIAS
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar o número 6 de Ollos de Aula, unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre mestres, centros de ensino e familias para "acompañarvos na difícil tarefa de educar os vosos fillos e fillas". A revista pode descargarse en pdf ou imprimirse en A4 nunha versión deseñada ao efecto. O obxectivo da publicación é achegar "información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais".
Neste mes de Abril, a revista destinada ás familias do alumnado céntrase nos libros e na lectura.
Comentarios (0) - Sección: Dep. Orientación - Educación - Familias - Publicado o 10-04-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats