O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FERRAMENTAS 2.0
Fantástica recompilación de ferramentas 2.0 que nos chega desde o IES Sánchez Cantón:


Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 25-04-2012 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO

Hoxe o alumnado de 4º de EP mantivo un encontro co escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro Ti non xogas! Durante a súa visita compartiu cos nenos e nenas a súa experiencia como escritor e respostou amablemente a todas as preguntas que plantexaron. Despois dunha agradable conversa asinou os pacientemente todos os exemplares.
Silvestre, moitas grazas por compartir con nós a túa presencia e o eu tempo.
Aquí tendes a reportaxe:
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 24-04-2012 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
COMPARTINDO LECTURAS

Por fin chegou o día esperado tanto polos padriños e madriñas como polos afillad@s, e aínda que o tempo non nos permitiu disfrutar dos libros ao aire libre, tivemos a nosa sesión de lecturas compartidas no ximnasio.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, o aire encheuse de historias fantásticas que facían sorrir aos máis pequenos e que levaban moi lonxe os pensamentos. A imaxinación viaxaba ao tempo que os padriños e madriñas lían con agarimo páxina tras páxina... Pero mellor que as palabras son as imaxes e aí volas deixo, para que dalgún xeito compartades con eles eses momentos tan especiais:


Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 24-04-2012 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS
Cun precioso cofre que gardaba unhas fermosísimas tarxetiñas para facer o sorteo de padriños e madriñas lectores, o curso de 2º de Primaria recibiu moi ilusionado a visita do alumnado de 4º. Cun sinxelo pero moi emocionante acto, levamos a cabo as presentacións. Por suposto, os nenos e nenas de 2º están moi agradecidos e contentos porque o luns, 23, Día do Libro, escoitarán entusiasmados as historias que estes estupendos padriños van compartir con eles. Aquí vos deixo as imaxes duns momentos tan especiais:


E aquí a visita dos padriños e madriñas á aula de 1º de EP:


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free picture collage generated with Smilebox

No blog do segundo ciclo tedes máis fotos.
Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 21-04-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
BIENVENIDAS VUESTRAS MERCEDES A AQUESTE SIN PAR SITIO...
Aquí valerosos caballeros podréis leer el libro, escucharlo y descargarlo y realizar la actividad de rellenar los huecos del principio de la obra. Podréis conocer más a Don Quijote y a todos los protagonistas de la obra y colorear sus caras, y conoceréis más a fondo a Don Miguel de Cervantes, el creador del Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha.
Así mesmo podréis convertiros en Don Quijote y en Sancho Panza para ver con sus ojos la realidad tal cual la vieron. Y todas estas hazañas serán harto divertidas ya que podréis aprender jugando, jugando al memory, haciendo sopas de letras, puzzles y crucigramas, une los puntos …. Y al final de la gran aventura, probad caballeros todo lo que habéis aprendido respondiendo las preguntas del Gran Test del Quijote.
A QUE ESPERAS?? PREME AQUÍ PARA ENTRAR!!
Podes atopar moitos máis recursos no panel lateral, no botón igual que o de abaixo:


Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 19-04-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Á ESPERA...
Xa se achega o 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no que realizaremos, un ano máis, a actividade que tanto nos gusta "Madriñas e padriños lectores". Durante esta semana os padriños elexiron con moito coidado os libros que lerán aos seus "afillados" ese día. Mañá serán as "presentacións" nas que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s onde se concretará a cita para o gran día. Que emoción!!
Pero... sabedes por que se celebra o 23 de abril o Día do Libro? Pois veña, a INVESTIGAR!! Por se non tendes moita idea aquí vos deixo unha pista (preme na imaxe):


Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 19-04-2012 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ ANDRADE: LETRAS GALEGAS 2012. ACTIVIDADES E RECURSOS
Con este Lim elaborado polo Seminario Galán para o 3º ciclo de Primaria podes aprender moitas cousas sobre o personaxe homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Preme AQUÍ para facelo en pantalla completa.







Aquí outro libro de actividades interactivas para que te convirtas nun expert@ na vida e na obra de Paz Andrade. Se queres facelo en pantalla completa preme AQUÍ







Premendo na imaxe de abaixo accederedes a todas as actividades interactivas preparadas polo Seminario Galán para todos os ciclos de Primaria e para E. Infantil. Seguro que o pasaredes ben e aprenderedes moito:




Desde o Ceip Nosa Señora de Xuvencos propoñen unha webquest moi interesante para traballar en grupo a figura de PAZ ANDRADE:



Podes acceder a moitos máis recursos e materiais sobre as LETRAS GALEGAS na ligazón do panel lateral:


Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 15-04-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SABES DOS XOGOS OLÍMPICOS?
Seguimos traballando no noso Proxecto Documental Integrado arredor dos Xogos Olímpicos. Entre os materiais de apoio elaborados polo profesorado, chéganos desde o 2º ciclo o seguinte libro de actividades interactivas, co que podes poñer a proba os teus coñecementos sobre as cidades e os países sés dos Xogos. Anímate, seguro que te divertirás e aprenderás moitas cousas interesantes. (Podes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño da esquina superior)







Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 13-04-2012 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
NO MES DOS LIBROS PRESENTÁMOSVOS AOS NOSOS ESCRITORES
Neste mes dos libros, no que agasallamos aos escritores e escritoras que nos fan máis agradable as nosas vidas queremos presentarvos a uns pequenos grandes artistas: os nenos e nenas do noso cole e os seus "CADERNOS DE ESCRITORES". Pois si, temos uns estupendos escritor@s e ilustrador@s dentro das nosas aulas, que cuidan con mimo os seus preciosos cadernos onde escriben contos, poesías, adiviñas...
Aquí vos deixo algúns exemplos, ireivos mostrando máis porque paga a pena velos todos. NORABOA RAPACES!!!



Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 11-04-2012 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
ACHEGÁNDONOS A ANDERSEN
Para achegarnos á figura de H. C. Andersen e á súa obra, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentaremos ao alumnado estas actividades interactivas. O mes de abril estará cheo de libros e contos, XA VEREDES!!!   (podedes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño da esquina superior).








Comentarios (8) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 06-04-2012 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats