O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CONTOS E CAIXAS
Pouquiños días antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado do noso centro participou nos obradoiros de animación á lectura promovidos polo Concello de Vigo, dentro da campaña Contarte 2011. A través do álbum ilustrado preténdese achegar aos nenos e nenas o mundo da arte dunha maneira lúdica e incidir, ao mesmo tempo, no fomento do hábito lector entre os máis novos.
En colaboración con OQO Editora, realizáronse actividades deseñadas para traballar na lectura do conto como un espazo de achega á literatura, á interculturalidade e á creación artística.
Aos nenos e nenas do 1º ciclo correspondeulles traballar no obradoiro "Paxariños de la e follas secas", arredor do conto A caixa dos recordos, de Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault.


 Por outra banda, o alumnado de 4º, 5º e 6º traballou as "Historias de Cartón", obradoiro de plástica creativa baseado no conto A caixa de cartón, de Txabi Arnal e Hassam Amekan.


E aquí están, moi atarefados, facendo entre todos a súa propia caixa de recordos, onde gardarán as lembranzas máis queridas do seu paso polo cole:

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-04-2011 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
DO MES DO LIBRO AO MES DAS LETRAS
Dúas páxinas con recompilacións de actividades e recursos para empregar nas aulas nestas datas:




Atoparás un acceso permanente a estas páxinas no menú de navegación do panel lateral.

Comentarios (0) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 14-04-2011 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
ELES TAMÉN LEN
Ninguén pode resistirse á maxia dos libros...

E TI?
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 14-04-2011 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIL, MES DOS LIBROS. PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Desde a Biblioteca queremos informarvos das actividades que temos programadas para o mes de abril, que, como sabedes, é o mes dos libros por excelencia (2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil; 23 de abril, Día Mundial do Libro), que nos conduce a outro mes de especial importancia para nós, maio, o mes das Letras Galegas. Para pór de relevancia as datas que se aveciñan e para que os nosos nenos e nenas se acheguen aos libros e á lectura a través das persoas que os fan posibles grazas ao seu talento, a Biblioteca do centro organizou o encontro do noso alumnado con autores/as e ilustradores/as que xa coñecen a través dos seus libros. Consideramos que estes encontros supoñen unha experiencia enriquecedora, que motivará novas lecturas e que complementará a actividade realizada nas aulas. O calendario de visitas e actividades podedes consultalo AQUÍ.

Ademais dos encontros cos autores/as, celebraremos o Día Internacional do Libro cunha actividade moi especial de lectura compartida, “Madriñas e padriños lectores”, na súa terceira edición. Teremos tamén exposicións de libros, obradoiros arredor de contos a cargo da editorial OQO (campaña municipal Contarte), a actividade de creación escrita, “Poetas e poetisas”, unha proposta de colaboración ás familias (Certame de recreación plástica), actividades de procura de información, elaboración de contos colectivos e dun libro de poemas coas achegas de todo o alumnado. De todas as actividades que se van realizando no centro teredes información e imaxes neste blog.
Se queres saber o que nos pide Mik, preme no sobre:

Se che interesa participar no Certame de recreación plástica para o Día do libro, aquí tes a convocatoria.

Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 10-04-2011 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS CON MOITO MIOLO...

Os días 7 e 8 de abril tiveron lugar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, no Palacio de Congresos de Santiago, para afondar no modelo da biblioteca escolar como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Os Encontros resultaron moi proveitosos e interesantes, cun programa e uns relatores de primeirísimo nivel:
O xoves, Mónica Baró ofreceu un relatorio en torno á biblioteca escolar como ferramenta de traballo para o profesorado e o alumnado: Para que unha biblioteca escolar? Como facela posible? Como facela útil? Como facela imprescindible?
O profesor da Universidade de Salamanca, José Antonio Cordóns, referiu algunhas das aplicacións de internet máis útiles para o traballo no ámbito da biblioteca;
Luis Miguel Cencerrado, coordinador do Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca falou da importancia da "colección", de asentar criterios para a selección das obras en distintos soportes.
O venres, despois dunhas palabras do Conselleiro, Teresa Mañá explicou a necesidade da construción dunha ferramenta de autoavaliación para promover unha autoanálise que nos conduza a unha mellora da nosa biblioteca escolar.
Nas sesións simultáneas sobre "literatura en imaxes" puidemos apreciar algunhas experiencias con banda deseñada en diferentes centros escolares de Galicia.
Para rematar os Encontros deste ano, e como broche de ouro, puidemos disfrutar da presenza de XOSÉ NEIRA VILAS, autor dunha das obras máis importantes e universais da literatura galega, Memorias dun neno labrego, e de Balbino, o neno que pervive en todos os nenos e nenas de todas as xeracións de galegos. Coa súa voz clara e enérxica e cun discurso cheo de humor e retranca, falounos da súa nenez nunha pequena aldea, dos seus primeiros contactos cos libros e coas bibliotecas, das súas estadías na Arxentina e Cuba e do seu labor, xunto á súa querida Anisia Miranda, na difusión da literatura galega polo mundo e do seu incansable traballo no fomento da lectura. A súa intervención emocionou e engaiolou a todos os presentes, tanto que algúns de nós non puidemos reprimir as bágoas que se mesturaron cunha longa ovación que mantivo ao auditorio en pé durante varios minutos. Canto lle debemos todos nós a persoas como Neira Vilas!!
Moitas gracias a Cristina e Pilar, que fixeron posible este evento e moitos parabéns pola súa impecable organización.
A continuación un vídeo co resume destas xornadas, elaborado polo noso amigo Ubaldo:



Máis sobre os Encontros:
FOTOS: Materiais e outros
Asesoría Bibliotecas Escolares
Encontros vía O Segrel do penedo
Acceso aos relatorios e materiais, vía redeBE (entrar como convidado)
FOTOS dos Encontros vía O segrel do penedo

Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 09-04-2011 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
NATA E CHOCOLATE CON ALICIA BORRÁS
Hoxe, o alumnado do 3º ciclo disfrutou enormemente da compañía da escritora viguesa Alicia Borrás, autora do libro que estiveron lendo, Nata y Chocolate, e coa que compartiron uns momentos moi agradables.
Foi unha reunión cálida e familiar, chea de comentarios garimosos por parte do alumnado, que quería expresar o moito que lles gustara a historia de Sonia, a nena albina.
Parabéns a todos os nenos e nenas pola súa atención e interés, polas súas atinadas preguntas, pola súa sensibilidade...
Gracias a Alicia por agasallarnos cunha historia tan fermosa e, por suposto, por querer compartir con nós as súas vivencias e o seu tempo.
MOITAS GRACIAS, ALICIA!!



Alicia Borrás Sanjurjo traballa como actriz de televisión e de dobraxe. Ademais, imparte clases de interpretación e talleres de teatro para mozos e adultos. Vive rodeada de nenos, aos que di entender mellor que aos adultos, e sérvenlle de inspiración para as súas novelas. (Ficha de autor - Anaya)

FOTOS

Comentarios (5) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 07-04-2011 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
PEPE MAESTRO
Que sorte!! Hoxe tivemos con nós ao escritor gaditano Pepe Maestro, autor do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de 4º de EP, El circo de Baltasar. O encontro resultou moi interesante e superdivertido pois o escritor contou moitas historias e anécdotas sobre a súa vida e o seu traballo. Falounos de oficios pasados como domador de pulgas, axudante de circo e... mesmo conseguiu pescar un plátano e hipnotizar á rapazada!! Despois puideron facerlle preguntas e resolver as dúbidas que xurdiron da lectura do seu libro, presentounos outras obras que el escribiu e que nos pareceron moi interesantes, ensináronlle os traballos que fixeron co motivo da lectura e gustáronlle un montón e, para rematar, asinou os exemplares de todos/as estampando nos libros unha “entrada” para o circo. FOI FANTÁSTICO!!
MOITAS GRACIAS, PEPE, PASÁMOLO MOI, MOI BEN!!
Aquí vos deixo a reportaxe dunha xornada xenial:


FOTOS

Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 06-04-2011 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ANA ALONSO
Hoxe visitou a nosa biblioteca a escritora Ana Alonso, coa que os nenos e nenas de 2º de EP compartiron uns momentos moi agradables. Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida e o seu oficio de escritora. Tamén falamos do libro que os rapaces estiveron lendo e traballando durante días, El mapa del bosque, e presentounos uns personaxes moi simpáticos.
Convidounos a facer uns debuxos para poñer no seu blog PEQUELECTORES, que che recomendamos explorar, e gustáronlle moito os nosos traballos sobre o seu libro. Ao finalizar a visita asinou os nosos exemplares, que gardaremos con cariño.
MOITAS GRACIAS, ANA!!
E aquí está a reportaxe gráfica:


FOTOS

Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 05-04-2011 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
FANTÁSTICA SEMANA DA POESÍA!!
O venres rematou a Semana da Poesía, despois de varios días de fermosos recitados cos que os nenos e nenas nos agasallaron, facendo, novamente, alarde do seu bo facer e da súa “profesionalidade”. Durante estas xornadas achegámonos a diferentes autores/as, á súa vida e á súa obra, ao texto poético, ao seu ritmo, á súa musicalidade...
Queremos felicitar a todos/as pola súa entrega, a súa dedicación e, por suposto, polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía.
MOITOS PARABÉNS A TODOS/AS!! FOI FANTÁSTICO!!

Se queredes volver disfrutar da nosa Semana da Poesía, aquí tendes os vídeos destas inesquecibles xornadas poéticas:
Todo comezou coa chegada de dous piratas moi especiais, cos que nos metemos nun mar de poesías como as que ofreceu o alumnado do terceiro ciclo (para ver o vídeo sin interrupcións deixa que cargue enteiro: dálle ao play e detén a reproducción, espera que se encha a línea vermella de abaixo e a continuación volve darlle ao play):


Os nenos e nenas do 1º ciclo de EP tamén o fixeron moi requetebén:


E que me dicides dos peques de Infantil?:


E se queredes, tamén podedes ver as FOTOS.



MOITAS GRACIAS, NENAS E NENOS!!

Comentarios (18) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 02-04-2011 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats