O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENCONTROS NO RESTAURANTE FARRUCO
Hoxe, o alumnado de 4º de EP tivo unha xuntanza na biblioteca coa escritora Chus Pereiro, autora da obra de teatro Restaurante Farruco. A autora relatounos as circunstancias e as anécdotas que rodearon o proceso de creación desta divertida peza teatral. Foi unha conversa agradable e distendida, na que os nenos e nenas fixeron preguntas e expresaron as súas opinións, moi interesados no que se refería aos motivos de inspiración da escritora á hora de deseñar trama e personaxes. Ao finalizar a conversa, moi amablemente, asinou os exemplares de todos nós.

¡GRAZAS, CHUS!


ENCONTROS NO RESTAURANTE FARRUCO on PhotoPeach



Comentarios (15) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-04-2010 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
PURO TEATRO...

O próximo venres, día 9, recibiremos a visita da escritora Chus Pereiro, autora da obra de teatro Restaurante Farruco. O alumnado de 4º de EP compartirá con ela a experiencia do seu achegamento como lectores a este xénero, co que contactaran ata o de agora unicamente como espectadores.
Cunha trama divertida, uns diálogos rimados e uns pintorescos personaxes vivimos un día moi especial no restaurante do camareiro Farruco.
Xa levamos disfrutado moito coa lectura desta peza teatral e agora agardamos con impaciencia descubrir os segredos da siñá Manuela, Farruco e os extraños manxares deste restaurante peculiar.
Xan López Domínguez foi o encargado de dar vida aos personaxes coas súas estupendas ilustracións.
Chus Pereiro escribiu ademáis ¡Mamasiña, que medo!, outra obra teatral.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 19-04-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDOS Á ERA BOOK
Proximamente celebraremos o Día Internacional do Libro, polo que nos pode vir ben coñecer este dispositivo difundido por Leerestademoda.com:

(Visto en Biblioabrazo)
Comentarios (7) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 19-04-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
UN XENIO XENIAL

Para estes últimos días de vacacións, tráiovos un xogo que coñezo dende hai algún tempo. Trátase de retar a este xenio que o adiviña todo. Só tes que pensar nun personaxe e a continuación contestar as preguntas que che formula o xenio. Antes de chegar á número 20 terá adivinado o teu personaxe. ¿Que non o cres? ¡Pois inténtao! Se consigues vencer ao xenio, dime cal foi o personaxe que elexiches :



Comentarios (4) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 19-04-2010 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
¡¡INCRIBLE!!
¡¡INCRIBLE!! Fíxate ben na película. Descubrirás quen é o heroe máis grande de todos os tempos:


Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 15-04-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO E FAMILIAS
Co motivo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, MIK tráenos unha proposta de traballo co fin de lembrar unha vez máis a importancia da lectura e o papel fundamental que ten a familia na adquisición do hábito lector.

¿Queres saber o que MIK nos pide que fagamos? Pois preme no sobre:


E tamén vos deixo a información sobre as ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA PARA O MES DE ABRIL E MAIO. Esperamos que sexan do voso agrado e que gocemos todos xuntos no mundo dos libros e da lectura.


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 14-04-2010 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
XA COÑECEMOS OS PREMIOS HANS CHRISTIAN ANDERSEN
O premio Hans Christian Andersen é o galardón máis importante dentro do campo da literatura infantil. Consiste nunha medalla acompañada por un diploma, que se concede cada dous anos a un autor e a un ilustrador. Prémiase aos autores que polo extraordinario valor dos seus traballos fixeran unha perdurable contribución á literatura infantil e xuvenil e estean vivos no momento do nomeamento. Concédeo o IBBY (International Board on Books for Young People - Organización Internacional para o Libro Xuvenil) e está patrocinado pola Raíña de Dinamarca. (El poder de la palabra)

Este ano os gañadores foron o escritor británico
David Almond e a ilustradora alemá Jutta Bauer. De David Almond en España temos publicados os libros Comefuegos, En el lugar de las alas, Las raíces de Kit, Mi último verano e El salvaje
E de Jutta Bauer, El ángel del abuelo, Así empezó todo, Bona Nox, Madre chillona, Por qué vivimos a las afueras de la ciudad, Selma ou Viaje a la isla de los milagros.
En
Biblioteca viva recoméndannos dous títulos que ben nos poden servir para ir coñecendo estes autores.

Os dous gañadores impuxéronse a Jordi Sierra y Fabra e a Xan López Domínguez, candidatos españois a estes premios, como escritor e ilustrador, respectivamente.


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 03-04-2010 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats