O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PARA LER MÁIS...

De cara ao 23 de abril, Día mundial do libro e do dereito de autor, MIK tráenos unha nova proposta: elaborar un cartel cun lema que promocione o libro e a lectura. O traballo realizarase en colaboración coas familias e poderase empregar calquera técnica (collage, témpera, rotuladores...)

Cos carteis entregados faremos unha gran exposición na semana do 23 de abril. Como sabemos que hai grandes artistas entre o noso alumnado agardamos unha masiva participación e contamos ademais coa impagable e incondicional colaboración das familias. MOITAS GRACIAS!

Comentarios (5) - Sección: Día do Libro - Publicado o 14-04-2009 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
EINSTEIN ou HOMER SIMPSON?
O hemisferio dereito do cerebro encárgase, entre outras cousas, da información visual, a comprensión espacial e a interpretación de formas e volumes.
Como che funciona a ti o hemisferio dereito do cerebro? Aquí podes comprobalo:
Observa atentamente a imaxe seguinte e tenta atopar un home o máis axiña posible:
(preme enriba da imaxe se queres ampliala)


Atopáchelo? Canto tempo tardaches?
Un estudo científico conclúe que:
Se atopas ao home en menos de 3 segundos, o hemisferio dereito do cerebro está máis desenvolvido que a media.
Se se atopa entre 3 segundos e un minuto, o hemisferio dereito do cerebro manifesta un desenvolvemento normal.
Se se atopa entre 1 minuto e 3 minutos, o hemisferio dereito do cerebro funciona con lentitude e recoméndase a inxesta de proteínas.
Se non se atopa ao home despois de 3 minutos recoméndase practicar con exercicios deste tipo para fortalecer o cerebro xa que tés un cerebro comparable ao de Homer Simpson

Para practicar, téntao agora coa imaxe seguinte:




Queredes máis? Pois agora buscade ao home oculto entre as lentellas. Como este pode ser algo máis complicado, daremos un pouco máis de tempo ao "estudo científico" anterior antes de determinar que somos parentes achegados de H. Simpson:


Vía Planetacurioso


NOTA: Este artigo vai adicado especialmente a certas familias seguidoras do Recanto, expertas en adiviñas, enigmas, estereogramas e, por suposto, cun hemisferio cerebral dereito moi desenvolvido...


E como O Segrel do Penedo nos lanzou o reto do minino, nós poñémolos a proba con este exercicio visual. ¡Que vostede o vexa ben!

Comentarios (21) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 10-04-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
VALE A PENA
APAGA AS LUCES, ACENDE OS ALTAVOCES E MIRA ATENTAMENTE. NON CRES QUE ESTAMOS A ESTRAGAR O NOSO MARABILLOSO FOGAR? FAI O QUE ESTEA NA TÚA MAN PARA CONSERVALO, VALE A PENA!!



Comentarios (4) - Sección: Varios - Publicado o 08-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
SELO VIOLETA
Desde o blog amigo CONTOMUNDI chéganos O Selo Violeta, un agasallo que nos gusta moito xa que este selo representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico". Moitísimas gracias!!
E tamén lle damos as gracias a BIBLIOTECA BREA SEGADE e a BIBLIOBELESAR por agasallarnos con outro selo violeta. É estupendo ter amigos!!

As regras son as seguintes:

- Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras;
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo;
- Avisar aos indicados, non te esquezas diso!;
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

"Blogs violeta":

Biblioteca Milladoiro Malpica
Biblioteca Ceip Bouza Brey
A tartaruga lectora
Bibliobelesar
Departamento de Orientacion
Aprendemos junto a nuestro alumnado

En canto aos poderes máxicos , creo que me viría ben aquel de Mathilda que facía que puidese recordar á perfección todo o que lía ou mesmo me valerían os da fada madriña de Cincenta ou ter no meu bolso a lámpada de Aladino, ou...

Comentarios (3) - Sección: Varios - Publicado o 06-04-2009 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
PRECIOSO AGASALLO
Estamos encantados porque hoxe recibimos unha agradable noticia: o blog Blogmaniacos deunos o premio "Olha que blog Maneiro" que significa "Mira que blog tan creativo, tan bonito..." A que é un premio precioso? E témolo por partida doble: para O RECANTO DE MIK e para TI TAMÉN CONTAS
Agradecémoslle este agasallo xa que estas cousas sempre traen folgos renovados. MOITAS GRACIAS!!

Esta mención ten as súas normas, que son:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.

Nós pasamos o premio a:

- Escola de Ismaíl
- Papacontos
- Aprendendo todos xuntos
- Cadernos de Vide
- Biblioteca do Ceip de Pazos
- Curso de sexto en Quintela
- Calotic
- Casa de tolos
- Raioteca
- O Segrel do Penedo


E AGORA DOBLE ALEGRÍA POIS O BLOG BIBLIOBLOGREBOREDA TAMÉN NOS FAI ESTE FERMOSO AGASALLO. GRACIAS, MARGARIDA!!



Comentarios (10) - Sección: Varios - Publicado o 05-04-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
MENSAXE TELEVISADA


Bueno, pois xa sabedes, A DISFRUTAR!! No panel lateral tendes unha morea de xogos educativos para cando esteades aburridos na casa. Estade moi atentos porque andarei por aquí de cando en vez para contarvos algunhas cousiñas. Tamén podedes ver as recomendacións de lecturas en BIBLIOLECTURAS, por se vos apetece mercar algún libro, ou ver de novo os vosos traballos en TI TAMÉN CONTAS. MOITOS BICOS RATUNOS PARA TOD@S!!



Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 04-04-2009 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) celebra cada 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, aproveitando o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875).

Cada ano, un país membro da organización é o encargado de realizar o cartel e a mensaxe dirixida ao resto do mundo. En 2009 a tarefa recaeu sobre Exipto que elixiu ao artista Hani D. O-Masri para que realice o poster e a mensaxe que promociona a celebración e que se titula EU SON O MUNDO:


Eu son o mundo, e o mundo son eu,
porque a través dos meus libros
podo ser o que queira.
Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládanme a lugares
que están lonxe e preto ao mesmo tempo.


Na terra dos sultáns e do ouro,
mil historias que falan de alfombras voadoras,
xenios de lámpadas marabillosas,
sacaúntos e simbades,
cóntanlle os seus segredos a Sherezade.

Con cada palabra de cada páxina
viaxo a través do espazo e do tempo.
E coas ás da fantasía,
o meu espírito cruza o mar e a terra.


Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro estarei sempre
na mellor das compañías.



Unha bonita data que serve para lembrarnos a importancia da literatura infantil. Animemos aos nenos e nenas a descubrir os mundos que habitan nun libro.


Se queres saber máis:

H. C. ANDERSEN

LER CONTOS DE ANDERSEN

Comentarios (3) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 02-04-2009 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E VALORES
Gracias ao blog amigo Departamento de Orientacion, de Ubaldo Vázquez, soubemos da páxina Cuentos para dormir, unha recompilación de pequenos contos para educar en valores. Están clasificados de tal xeito que se pode facer a busca polo valor que tratan ou polos personaxes protagonistas. Cada conto contén unha indicación da idea principal, da ambientación e dos personaxes, o que resulta moi útil á hora de seleccionar o que nos interesa. Moi destacable tamén o apartado de AUDIOCUENTOS e EDUCACIÓN (Ideas y trucos para educar, Educar con cuentos, Artículos sobre educación. En definitiva, un bo recurso para os docentes, para as familias e para os propios nenos e nenas.
Para que teñades fácil acceso atoparedes unha ligazón no panel lateral deste blog, en TI TAMÉN CONTAS e en BIBLIOLECTURAS.
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-04-2009 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats