O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

REGUEIFAS
O mércores, 22 de abril, o alumnado de 2º e 3º ciclo de EP convertíronse nuns auténticos regueifeiros. Bieito Lobariñas e Luis "O Caruncho" dirixiron un divertido obradoiro que resultou moi proveitoso a xulgar pola cantidade e calidade das regueifas que os nenos e nenas fixeron a partir das súas indicacións. Comezou a sesión cunha graciosa regueifa na que participaron os dous mestres acompañados pola música dunha zanfona. Despois dunhas breves explicacións sobre a técnica de composición deseguida pediron a participación do alumnado que, coa súa espontaneidade e sentido do humor, crearon unhas fantásticas regueifas producíndose un achegamento entusiasta ás nosas tradicións.
Aquí tendes algúns dos momentos da actividade:



(Podes ver máis vídeos se premes nos bordes laterais ou nas miniaturas)



TAMÉN PODES VER AS FOTOS AQUÍ



Comentarios (1) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 29-04-2009 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
ANXO FARIÑA

O pasado día 27 recibimos a visita do ilustrador e escritor Anxo Fariña. Resultou unha sesión moi agradable e instructiva xa que o autor explicou ao alumnado o proceso creador de personaxes a partir de obxectos ou inspirándose en persoas reais. Todos disfrutamos moito vendo como cobraba vida un lapis, un afialapis, unha goma... e presenciamos, abraiados, como Pablo se convertía nun ser do "extramundo".

MOITÍSIMAS GRACIAS, ANXO!!





Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 28-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
UN DRAGÓN CONTACONTOS...
EL CUENTO DE LOS CUENTOS
Este vídeo foi creado para motivar aos alumnos e alumnas máis pequenos cara ao pracer da lectura e os seus beneficios para o desenvolvemento da imaxinación, do pensamento lóxico e da linguaxe.

Visto en Escola de Ismaíl


E agora outros protagonistas que, por suposto, len moito. E ti?


Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-04-2009 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS DE MADRIÑAS E PADRIÑOS

Seguindo coa crónica das actividades do Día do libro, déixovos uns vídeos da actividade de "madriñas e padriños lectores". Tamén podedes ver a crónica no blog de Ubaldo








Comentarios (7) - Sección: Día do Libro - Publicado o 26-04-2009 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES
No día do libro a lectura espallouse por todo o centro, as madriñas e padriños lectores convertiron o patio do recreo nun espazo de conto, de fantasía, de maxia...
A historia comeza no día anterior, cando os padriños e madriñas se presentan nas aulas aos seus "afillados" concertando a cita lectora para o día seguinte. O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria agardaba hoxe impaciente a chegada dos seus padriños para disfrutar dunha sesión de contacontos moi particular. A música soaba mentres buscaban un lugar onde acomodarse; cando a música cesou xurdiu a maxia: moreas de historias encheron o aire, atentas miradas, algúns sorrisos, murmurios...
Pero as imaxes falan por si soas:





Podes ver as fotos
AQUÍ

Comentarios (8) - Sección: Día do Libro - Publicado o 24-04-2009 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO: FAMILIAS EN ACCIÓN!!!
Como xa sabedes, co motivo da celebración do Día mundial do libro a biblioteca convocou un certame de CARTEL E LEMA no que era imprescindible a colaboración das familias. A resposta foi a que se esperaba: unha masiva participación onde a creatividade e a orixinalidade foi a característica principal dos traballos presentados, algúns deles cuns lemas dignos de calquera prestixiosa empresa de publicidade, que poñían de manifesto a importancia da lectura na formación das persoas e que demostraban ser froito da reflexión.
Os nosos PARABÉNS e o noso agradecemento pola vosa constante disposición a colaborar.
MOITAS GRACIAS!!!

CARTEL E LEMA PARA O DÍA DO LIBRO


(Podes velo a pantalla completa se premes nas catro frechas. Para quitar a música preme no altavoz)

(VER FOTOS)



Comentarios (4) - Sección: Día do Libro - Publicado o 23-04-2009 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
¡IMPORTANTE AVANCE CIENTÍFICO!
Atopouse un novo medicamento que conseguirá que aumente considerablemente a nosa calidade de vida e que, polas súas características, seguro revolucionará a comunidade médica. Dada a súa ductilidade e a cantidade de males que cura, deberá tomarse coa debida precaución, polo que, tal e como nos advirten as autoridades sanitarias, é fundamental

Ler o prospecto antes de usar este tratamento :

Composición e presentación
Letras, palabras, follas, números, debuxos, símbolos, fotos en celulosa impresa. Presentacións máis frecuentes: novela, posesía, ensaio, cómic, contos, enciclopedias, revistas, periódicos,.., e outras para tratamentos máis específicos.

Indicacións
Síntomas de aburrimento, dúbidas de importancia variable, necesidade de descubrimentos, aclaracións, viaxes reais ou imaxinarias, insomnio, largas esperas, agasallos, convalecencias prolongadas e cadros de estreñimento (crónicos ou esporádicos).

Uso e doses
- Empezar con doses suaves; sobre todo en menores de 5 anos, e nunca con máis de 5 minutos de aplicación continuada.
- Aumentar progresivamente ata chegar á dose correcta (aquela que nos deixa a gusto).

Embarazo e lactancia
Os estudos clínicos realizados con este tratamento non presentan contraindicacións neste grupo, salvo algún descuido puntual que ten retrasado a hora de lactancia.

Conducción e uso de máquinas
É moi probable que este tratamento afecte á súa capacidade para conducir ou utilizar maquinaria, polo que se recomenda non usalo nestas circunstancias e mantelo a unha distancia prudencial.

Posibles efectos adversos
Nun considerable número de pacientes presentouse un alto nivel de dependencia, provocando continuas visitas a bibliotecas e librerías e unha necesidade constante de ter un libro entre as mans. Nestes casos a recuperación a estados anteriores resulta case imposible, e non se constata ningún caso con desexo de abandonar este novo estado.


Salvo casos moi excepcionais este tratamento
non conta coa subvención da Seguridade Social

CONCLUSIÓNS DERIVADAS DOS EXHAUSTIVOS ESTUDOS CIENTÍFICOS: A lectura tamén cura!

(Este inxenioso texto está incluido nun dos carteis presentados ao certame "Cartel e lema" convocado pola Biblioteca do centro para a celebración do Día do libro. O autor é Eloi Covelo (4º de EP), que realizou o traballo coa colaboración da súa familia, tal e como establecían as bases do certame.)



Comentarios (7) - Sección: Día do Libro - Publicado o 21-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ANXO FARIÑA
O próximo luns, día 27, dentro das actividades programadas para a semana do Día mundial do libro, visitaranos Anxo Fariña, ilustrador, diseñador e ás veces escritor, tal e como el mesmo se define.

Creador das coleccións "Don Quixote e Breogán", "Antón e Pompón", "Os Megatoxos" e "Os Pelelliños" leva escrito e ilustrado arredor dos 30 volumes de literatura infantil e xuvenil.
Dos seus últimos traballos é
A monstroescola, para nenos/as a partir de 8 anos, e O ladrón de palabras.

Por fin o noso alumnado terá a oportunidade de disfrutar da arte do creador da exitosa saga dos Megatoxos, e poderán falar dos segredos destes singulares personaxes.

Podes ver os libros de Anxo Fariña que hai na biblioteca AQUÍ





(Imaxes recollidas na web do autor)


Comentarios (5) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-04-2009 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
OITO DESEXOS
Mario Aller, dende CONTOMUNDI, achéganos esta fermosa cadea creativa dos oito desexos. Él mesmo foi convidado pola profesora Fátima Campilho, do blog Blogstórias Essenciais, que recibiu o convite do escritor, músico e arte-educador Marcelo Maluf, do blog Labirintos no Sótão. E, antes, Marcelo Maluf fora invitado por… E así vaise enchendo a blogosfera de desexos e fantasía.
O primeiro paso desta encomenda é expresar os oito desexos e aquí van os meus:
1) Inventar uns lentes máxicos para ver sempre a cara positiva das cousas.
2) Ter un saco inesgotable de historias que contar, como Sherezade.
3) Vivir a vida co espíritu de Peter Pan.
4) Dar a volta ao mundo en 80 días.
5) Descubrir a Biblioteca dos Libros Olvidados.
6) Explorar novos mundos a bordo do Enterprise.
7) Ser quen de dibuxar un sorriso na cara dos que me arrodean.
8) Ter unha variña máxica para facer realidade os desexos que saen do corazón.

E agora eu convido aos seguintes blogs para que continúen a cadea:
Blogmaníacos
Biblioteca Brea Segade
Biblioblogreboreda
Ponto de Encontro
Ponte Vella
Bibliovaladares
Felices Lecturas
Departamento de Orientación

E só nos queda:
Comentar no blog de quen nos convidou.
Comentar no blog dos nosos(as) convidados(as), para que saiban da "convocatoria".
Mencionar as regras.


Comentarios (10) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 18-04-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
POR SE NON CHEGAN AS MUSAS...
Sabemos que moitas familias xa están traballando para o certame de carteis e lema que convocou a Biblioteca para a exposición do Día mundial do libro pero, por se a alguén se lle resisten as musas, tráiovos unha colección de carteis para o fomento da lectura, procedentes de distintas institucións, para que vos sirvan de inspiración. Premendo enriba deles poderedes velos un pouco máis grandes:

Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 16-04-2009 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats