O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

¿QUE QUERES SER DE MAIOR?
Que sorte temos ao vivir rodeados de persoas que aínda non cumpliron os 18!!!

Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 30-04-2008 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS
No Mestres Goldar xa cheira a maio!!

Empezaron xa os primeiros preparativos para a celebración dos MAIOS no noso cole, unha festa que conleva moita actividade no Centro: preparación de murais, elaboración das coplas, construción do "maio"... As familias aportan os elementos naturais cos que o alumnado do cole irá recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, irán "vestindo" pouco a pouco o "maio" que lucirá no centro do patio e arredor do que se dirán as coplas e se cantarán cantigas.

A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao cambio estacional, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...



Moitos escritores da nosa terra trataron o "maio" como tema das súas obras. Tal foi o caso de Manuel Curros Enríquez, que no seu libro de poemas "Aires da miña terra" ten unha poesía titulada "O maio". E para que vaias facendo boca, podes escoitala a continuación, cantada por Luis Emilio Batallán:

Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 29-04-2008 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (Recursos Letras Galegas)
No panel lateral incluimos unha ligazón a unha relación de recursos na rede sobre o Día das Letras Galegas e sobre o homenaxeado deste ano: X. M. Álvarez Blázquez (LETRAS GALEGAS 2008) Entre as novidades, o Seminario Galán ofrece un completísimo traballo para levar ás aulas de E. Infantil e E. Primaria.

O SEMINARIO GALÁN (Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán) ofrécenos un completísimo traballo sobre Álvarez Blázquez que inclúe reseña biográfica sobre o autor e a súa obra, materiais e actividades en pdf para imprimir (E. I. e os tres ciclos de Primaria), actividades on line (E. I. e E.P.) e unha galería de fotos.



(Preme na imaxe)

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 29-04-2008 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Como podedes observar no panel lateral, contamos cunha nova axuda na nosa tarefa educativa: o blog de Ubaldo Vázquez Méndez, orientador dos centros Ceip Otero Pedrayo e Ceip Mestres Goldar. Neste Blog podedes atopar información e consellos sobre os temas que máis nos preocupan aos educadores, mestres e familias, e mesmo para calquera estudiante que precise unha orientación á hora de estudiar...
É un espacio onde podedes manifestar as vosas inquedanzas con respecto aos vosos fill@s e onde atoparedes resposta ás moitas dúbidas que xurden cando nos vemos mergullados na responsabilidade de educar.

Comentarios (0) - Sección: Dep. Orientación - Educación - Familias - Publicado o 28-04-2008 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE ADIVIÑAS
REMATA O CONCURSO DE ADIVIÑAS POR ESTE ANO!!

Durante varios meses MIK propuxo adiviñas cada semana e moit@s nenos e nenas demostraron ser uns grandes "adiviñadores". Así quedou a clasificación:

.- ABEL GARCÍA (2º): 10 mikopuntos

.- UXÍA DAVILA (5º): 5 mikopuntos

.- ROSA: 4 mikopuntos

.- UXÍA COMESAÑA (5º): 3 mikopuntos

.- VANESA (5º): 3 mikopuntos

.- EVA CRISPÍN (5º): 2 mikopuntos

.- RUBÉN: 2 mikopuntos

.- CLAUDIA (1º): 1 mikopunto

.- SANDRA COMESAÑA (2º): 1 mikopunto

.- CLAUDIA LÓPEZ (2º): 1 mikopunto

.- JIMENA (1º): 1 mikopunto


PODEDES RECOLLER OS VOSOS MIKOPUNTOS NA BIBLIOTECA


Comentarios (12) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 26-04-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS MES DO LIBRO
Dentro das actividades que se levaron a cabo co motivo do Día do Libro organizáronse no Centro varias sesións de CONTACONTOS. Foron os alumnos do 3º Ciclo de Primaria os encargados de realizalas, preparando con moito entusiasmo as lecturas que ían ofrecer aos máis pequenos do cole. As lecturas resultaron moi amenas, mesmo nos sorprenderon con algúns materiais de fabricación propia cos que apoiaban as narracións, fixeron pequenas explicacións e incluso unha dramatización. Todo un éxito!!
NORABOA!!!


Comentarios (0) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 26-04-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
AQUÍ HAI MADEIRA...
Os nenos e nenas de 2º de E. P. fixeron este bonito libro de rimas, que imos engadir aos fondos da biblioteca, e entre tod@s preparamos este vídeo para que vexades a canteira de poetas deste cole. Nótase que... AQUÍ HAI MADEIRA!!

(Recomendamos subir o volume nas voces porque nos saíron un pouco baixiñas)

Comentarios (15) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 21-04-2008 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO: O MAR EN VERSO
Dentro das actividades programadas para o Día do Libro, os alumn@s do Centro traballaron algunhas poesías de tema mariño, unhas de creación propia e outras de diferentes autores. Cada grupo expresou plásticamente o contido dos poemas para elaborar un libro xigante que está exposto na Biblioteca. Aquí tendes o resultado:


Comentarios (4) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 21-04-2008 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: TODA UNHA VIDA
A través de Bibliocóntame chéganos esta presentación de fotografías que abarcan toda a vida de Álvarez Blázquez. Se colocas o cursor enriba da imaxe verás a que ano corresponde.





Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 20-04-2008 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 30

Se me les do dereito

verás que son animal;

pero se do revés me les

serei entón vexetal.



Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (7) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 20-04-2008 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats