O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ
O escritor IAGO LÓPEZ inaugurou a rolda de encontros con escritores e escritoras deste curso. O alumnado de 1º de EP recibiu con entusiasmo a súa visita para o que tiñan preparado un precioso mural como agasallo de benvida no que facían referencia ao libro que estiveron lendo e traballando ao longo do trimestre, O COCIÑEIRO MARTIÑO. MOITAS GRAZAS, IAGO!!!

Podedes ver máis FOTOS do encontro na seguinte ligazón: ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 16-03-2019 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS DE MIK: EMI TORRÓN
O noso amiguiño MIK enviounos unha nova proposta arredor do PDI deste ano sobre PINTURA vinculada á celebración do 8 de marzo que nos parece moi interesante porque pon de relevo un dos valores máis admirables, a loita pola superación persoal. EMI TORRÓN é unha gran pintora que non permitiu que a súa discapacidade lle impedira lograr os seus soños, un exemplo a seguir e unha impresionante lección de vida.

Poderedes ver máis FOTOS sobre esta actividade e da EXPOSICIÓN na seguinte ligazón: EMI TORRÓN NO MESTRES GOLDAR
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 16-03-2019 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2019
O venres, 1 de marzo, celebramos O ENTROIDO no cole cunha obra colectiva na que interviñeron tod@s os nenos e nenas do centro. Foi un éxito tremendo e pasámolo requetebén!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido fixo referencia ao PDI que estamos traballando, de aí o PINTOresco título E TI QUE PINTAS AQUÍ? Dun xeito moi peculiar e orixinal pasaron polo escenario unha morea de personaxes que fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo para rematar cun baile fin de festa no que todos participaron. E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!

Podedes ver máis FOTOS da festa na seguinte ligazon: ENTROIDO MESTRES GOLDAR 2019
Comentarios (2) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 16-03-2019 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats